Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal. |
AP7
|
|
|
Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico. |
AP9
|
|
|
Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc. |
AP10
|
|
|
Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais. |
AP12
|
|
|
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. |
AP14
|
|
|
Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación |
|
BP1
|
|
Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos. |
|
BP3
|
|
Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos. |
|
BP5
|
|
Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo |
|
BP9
|
|
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
|
CM3
|
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
|
CM4
|
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
|
CM6
|
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
|
CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución |
1.1. Semántica, pragmática e léxico
1.2. O contido lingüístico
1.3. Significado, denotación e sentido |
2. Lingüística textual e análise do texto |
2.1. O texto: propiedades, tipoloxía e léxico
2.2. A construción textual do sentido
2.3. A coherencia semántica e a macroestrutura textual |
3. A cohesión lexical do texto |
3.1. Cohesión referencial, cohesión secuencial e léxico
3.2. A anáfora asociativa e a anáfora demostrativa
3.3. A progresión textual, a nominalización e o rótulo |
4. As relacións semánticas e a súa funcionalidade no texto |
4.1. Relacións de incompatibilidade: antonimia
4.2. Relacións de inclusión: hiponimia, hiperonimia, meronimia, holonimia
4.3. Sinonimia, polisemia e homonomia. A linguaxe figurada |
5. A calidade semántica dos textos |
5.1. As mudanzas de significado
5.2. As interferencias semánticas
5.3. A paronomasia e os falsos amigos
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
1 |
7 |
8 |
Sesión maxistral |
6 |
9 |
15 |
Presentación oral |
1 |
3 |
4 |
Recensión bilbiográfica |
1 |
2 |
3 |
Lecturas |
1 |
2 |
3 |
Obradoiro |
4 |
8 |
12 |
Proba mixta |
1 |
3 |
4 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedImentais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Presentación oral |
Exposición oral, na aula, en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado". |
Recensión bilbiográfica |
Cada estudante deberá entregar a(s) recensión(s) bibliográfica(s) que o profesor indicar ao longo do curso. |
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos. |
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Alén do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valorizadas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expostivo e a calidade lingüística das respostas. |
30 |
Traballos tutelados |
ValorIzarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. |
15 |
Presentación oral |
Cada estudante deberá facer unha presentación oral do traballo tutelado. Serán valorizados os resultados da pesquisa, o rigor expositivo, a calidade da lingua utilizada e os recursos e estratexias expositivas empregadas. |
10 |
Recensión bilbiográfica |
Elaboración escrita dunha ou máis recensións bibliográficas de libros e/ou artigos pertinentes para a formación do estudantado. Será valorada a capacidade de síntese, o rigor e clareza expositiva, ben como a calidade lingüística. |
15 |
Lecturas |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesor. |
15 |
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (análise de textos, estudo de fontes documentais etc.). |
15 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, o alumnado deberá
conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente,
na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliábeis/instrumentos de avaliación. O alumnado terá de entregar os traballos e
actividades no prazo fixado. Ao mesmo tempo, todas as actividades ou probas
deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía,
puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas,
estas poderán ser penalizadas na cualificación. Na segunda oportunidade, en xullo, o
alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na
oportunidade anterior. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non asistir
ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número inferior de
actividades ao 50%.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Monteagudo, H. (1991). "A modernización do léxico galego en Sempre en Galiza e a norma léxica do galego culto actual", en Homenaxe ó profesor Constantino García, I, 293-320. Santiago de Compostela: Universidade
Vasquez Corredoira, F. (2011). 101 Falares com Jeito. Ourense: Através Editora
Álvarez de la Granja, M. / González Seoane, E. X. (eds.) (2003). A estandarización do léxico. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega e Consello da Cultura Galega
Fagim, V. R. (2010). Do Ñ para o NH. Ourense: Através Editora
Monteagudo, H. (ed.) (1995). Estudios de sociolingüística galega. Sobre a norma do galego culto. Vigo: Galaxia
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da Lingua Galega III. Semántica. Vigo: A Nosa Terra
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da Lingua Galega IV. Gramática do Texto. Vigo: A Nosa Terra
Koch, I. G. Villaça (2004). Introdução à Lingüística Textual. São Paulo: Martins Fontes
Vilela, M. (2002). Metáforas do Nosso Tempo. Coimbra: Almedina
Lakoff, G. / Johnson, M. (2003). Metaphors We Live By. Chicago / London: The University of Chicago Press
Ullmann,S. (1977). Semântica. Uma Introdução à Ciência do Significado. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian
Rodríguez Río, X. A. (2008). Un idioma preciso. Extractos de lingua en movemento. Santiago de Compostela: 2.0 Editora
González Seoane, E. X. (1994). Variedade e empobrecemento léxico. Cadernos de Lingua 10, 89-102 |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|