Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Identificación e Tipificación Lingüística Textos Románicos Código 613445028
Titulación
Mestrado Universitario en Lingua e Usos Profesionais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 2
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Profesorado
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/guiadocente
Descrición xeral Análise lingüística de textos de diferentes tipos con vistas á súa clasificación dentro dunha tradición lingüística e textual determinadas e nun período concreto da historia da lingua.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto.
A3 Que saiban xestionar e organizar documentación.
A4 Que dominen o entorno virtual.
B1 Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
B3 Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
B4 Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar.
B5 Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos.
B9 Que posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando e aprendendo dun modo autónomo.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer os principais trazos das linguas románicas no plano sincrónico e no plano diacrónico BP1
BP5
Coñecer a tradición textual e literaria das linguas románicas. BP1
BP5
Identificar da forma máis precisa posible a lingua dun texto. BP3
BP5
Inserir un texto nunha tradición lingüística e literaria determinadas. BP1
BP3
BP5
Datar de forma aproximada un texto. BP3
BP5
Facer un comentario de textos lingüístico e filolóxico. BP1
BP3
BP4
BP5
Utilizar as TIC dispoñibles para o estudo das linguas románicas e a consecución das competencias fixadas para a materia AP2
AP3
AP4
CM3
CM6
CM8
Colaborar na identificación e clasificación de documentos (bibliotecas, arquivos...). BP3
BP5
CM3
Apreciar a diversidade cultural, lingüística e literaria. CM4
Valorar a importancia do espazo cultural románico. CM6
CM8
Aplicar a metodoloxía indutiva e dedutiva. BP9
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Caracterización tipolóxica da familia de linguas románicas. Descrición e análise dos trazos que caracterizan as linguas románicas fronte a outras familias lingüísticas e fronte ao latín.
2. Afinidades lingüísticas dentro da Romania. Establecemento de grupos con maior cohesión entre si dentro da familia de linguas románicas.
3. Trazos característicos de cada unha das linguas románicas nos diferentes períodos evolutivos e nas principais variedades dialectais. 'Scriptas' e 'koinés'. 3.1. Grafía.
3.2. Nivel fonético-fonolóxico.
3.3. Nivel morfosintáctico.
3.4. Nivel léxico-semántico.
4. A tradición textual románica. 4.1. Primeiras documentacións en lingua vulgar.
4.2. A tradición textual en lingua vulgar e en cada unha das linguas románicas.
5. Análise de textos: identificación e tipificación lingüística. Aplicación dos coñecementos adquiridos á análise de textos de diferentes tipos, con vistas a determinar coa maior precisión posible a lingua e o estadio de lingua en que están escritos, salientando os seus trazos principais, así como a tradición textual en que poden enmarcarse.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 4 4
Obradoiro 4 3 7
Proba mixta 2 16 18
Recensión bilbiográfica 0 2 2
Sesión maxistral 10 0 10
Traballos tutelados 0 7 7
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura obrigada dunha fonte bibliográfica.
Obradoiro Sesións presenciais dedicadas á posta en práctica dos coñecementos adquiridos, que consistirán basicamente en análises de textos en diferentes linguas e de períodos distintos, cos obxectivos fixados na materia.
Proba mixta Proba de avaliación sobre os contidos da materia, de carácter mixto e fundamentalmente práctico.
Recensión bilbiográfica Análise, con valoración persoal, da obra de lectura obrigada.
Sesión maxistral Sesións presenciais en que a profesora explicará o contido dos temas 1 ao 4.
Traballos tutelados Realización por parte do alumnado dun traballo de identificación lingüística dun texto, semellante ao levado a cabo na clase, baixo a titoría da profesora.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
No caso do obradoiro, a atención personalizada farase durante as sesións de clase. Para o traballo tutelado, as titorías persoais permitirán un seguimento do traballo dos alumnos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e a participación activa nas clases: darase o 100% da nota aos alumnos cun número de faltas inferior ao 5% e o 50% a aqueles que falten entre o 5 e o 10%. 5
Traballos tutelados Realización autónoma, aínda que tutelada, dun traballo orixinal por parte do alumnado, semellante ao feito na clase. 30
Recensión bilbiográfica Avaliarase a capacidade de análise e síntese, así como a capacidade crítica, a corrección na expresión escrita e a capacidade para interrelacionar coñecementos. 10
Proba mixta Avaliación do grao de asimilación dos contidos previamente explicados nas sesións maxistrais e aplicados nos obradoiros, así como da capacidade de aplicación a situacións novas de carácter diverso. 35
Obradoiro Terase en conta a participación activa do alumno, con achega de ideas e análise crítica, de xeito que reflicta a asimilación do previamente explicado na clase e a capacidade para poñelo en práctica. 20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia, será necesario obter un mínimo de 6 puntos nas actividades propostas, das que haberá que realizar polo menos 2, e acadar como mínimo 4 puntos na proba mixta. Non se fará media se nalgunha das actividades se obtén menos de 3 puntos.


O alumno será obxecto de avaliación se presenta 2 actividades, aínda que non realice a proba escrita.


 


Fontes de información
Bibliografía básica Moreno Cabrera, Juan Carlos (2003). El universo de las lenguas. Madrid, Castalia
Posner, Rebecca (1998). Las lenguas romances. Madrid, Cátedra
Elcock. W.D. (1975 (1960)). Le lingue romanze (The Romance Languages). L'Aquila, Japadre
Bec, Pierre (1970-71). Manuel pratique de philologie romane, 2 vols.. Paris, Picard
Tagliavini, Carlo (1973 (1949)). Orígenes de las lenguas neolatinas. México, Fondo de Cultura Económica
Hoey, M. (2000). Textual Interaction: an introduction to written discourse analysis. Londres, Rouledge

Bibliografía complementaria Bernárdez, E. (1983). Introdución a la lingüística del texto. Madrid, Espasa-Calpe
Castaño Ruiz, Juana (2002). Las lenguas románicas en Internet: propuestas para el diseño de un itinerario básico. Tonos digital. Revista electrónica de estudios filológicos


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías