Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información.
Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto.
Que saiban xestionar e organizar documentación.
Que dominen o entorno virtual.
Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación verbal.
Que poidan crear contidos culturais.
Que poidan realizar tarefas de revisión, corrección, supervisión e asesoramento lingüístico.
Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos técnicos, textos publicitarios, textos xurídicos, etc.
Que dominen a linguaxe específica de diferentes ámbitos profesionais.
Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos profesionais relacionados coa comunicación.
Que posúan un dominio dos recursos lingüisticos especializados da lingua da súa elección (español/ galego/ inglés). |
AP1 AP2 AP3 AP4 AP7 AP8 AP9 AP10 AP12 AP14 AP15
|
|
|
Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos e das tecnoloxías da comunicación.
Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas.
Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos.
Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar.
Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos.
Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara. |
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP8
|
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
|
|
CM1 CM3 CM6 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
ESTRUTURA
|
1. Capa que incluirá, obrigatoriamente, o emblema e o nome da Universidade, o nome da Facultade, o nome do mestrado, o título do traballo, o nome do autor, o visto manuscrito do titor co seu nome e o ano de presentación.
2. Índice do traballo con paxinación.
3. Resumo do traballo
4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da
metodoloxía utilizada.
5. Corpo do traballo
6. Conclusións
7. Referencias bibliográficas
|
CARACTERÍSTICAS |
1. O traballo fin de mestrado terá unha extensión mínima de 60 páxinas e máxima de 100.
2. O texto terá un espazo de interliñado de 1.5 e o tamaño da letra será de 12 puntos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
1 |
149 |
150 |
|
Atención personalizada |
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
A oferta de liñas de traballo ás que o alumnado poderá adscribir o seu traballo fin de mestrado publicarase anualmente. O alumno definirá un tema concreto dentro dalgunha das liñas ofertadas.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión dun profesor titor. O labor de titorización tamén poderá desenvolverse coordinadamente por dous profesores.
Son funcións do titor: facilitar as orientacións precisas para a elaboración do traballo fin de mestrado por parte do alumno; supervisar a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e a súa adecuación ás presentes normas; emitir un informe sobre o traballo realizado polo estudante cubrindo o formulario correspondente, destinado á Comisión avaliadora; dar o visto bon para a inscrición e a presentación do traballo fin de mestrado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O/a estudante terá, cando menos, un profesor titor que guiará a realización do seu traballo, e emitirá o informe preceptivo previo á avaliación por parte da Comisión correspondente. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
O traballo só poderá ser presentado, defendido e avaliado se o alumno tiver superado os créditos restantes para a obtención do título.
A avaliación realizaraa unha/s Comisión/s designada/s anualmente pola Comisión de Organización Académica da Facultade.
A/s Comisión/s avaliadora/s estará/n composta/s por tres persoas. Delas, dúas serán necesariamente profesores doutores con vinculación permanente á Universidade; a de maior categoría e antigüidade presidirá a Comisión e a de menor actuará como secretaria. |
100 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Lea atentamente as NORMAS PARA A REALIZACIÓN E PRESENTACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE MESTRADO (aprobado na Xunta de Facultade na súa sesión do 12 de marzo de 2010) que están disponíbeis en http://www.udc.es/filo/html/master/traballofindemLUP.pdf |
|