Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Recursos para a investigación da literatura Código 613484007
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Inglesa
Coordinación
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
Profesorado
Alonso Giraldez, Jose Miguel
Barros Grela, Eduardo
Correo electrónico
miguel.giraldez@udc.es
eduardo.barros@udc.es
Web
Descrición xeral Ferramentas e fontes de información impresas e dixitais para a investigación nos estudos
literarios e culturais, con especial atención ás tecnoloxías dla información e da
comunicación.
? Recursos para a investigación literaria
? Fontes convencionais
? Fontes electrónicas
? Outros recursos

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir a capacidade de coñecer, manexar e ter unha actitude crítica cara as ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM11
AM13
Coñecer as relacións actuais entre cultura, literatura e sociedade. AM1
Valorar os recursos existentes para a integración da investigación cultural e literaria nunha aproximación interdisciplinar. AM3
AM6
Coñecer a relación da literatura e a cultura coas TICS e os medios audiovisuais e electrónicos actuais AM7
AM10
Aplicar os recursos existentes para a investigación literaria ás técnicas de análise cultural. AM5
Adquirir competencia investigadora de xeito interdisciplinar e en entornos diversos. BM1
Comprender a importancia da investigación e desenvolver a capacidade de deseñar e producir proxectos de investigación con rigor académico. BM6
BM7
Acadar suficiencia de xestión da información no ámbito académico de investigación BM8
Estar capacitado/a para anticipar, organizar e planificar con eficiencia a resolución de problemas BM9
Manexar con solvencia as ferramentas propias das TICs necesarias para o exercicio da súa función investigadora e ser capaz de entender--e aplicar--a súa relevancia no contexto social propio CM3
CM6
Fomentar a relevancia máxima da investigación, a innovación e o desenvolvemento como engranaxe fundamental no mecanismo socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
Literatura, cultura, investigación e coñecemento científico Concepto e natureza d literatura e cultura
Características de literatura e cultura
Evolución da investigación en literatura e cultura: Estudos Culturais, escolas de teoría e función das universidades no contexto socio-cultural
Visións da cultura.
Situación actual da investigación no ámbito científico da literatura e a cultura.
Clasificacións e taxonomías culturais: bibliotecas, museos e centros culturais como artefactos.
Organización de contidos, grupos e mecanismos de aprendizaxe da investigación Recursos para a investigación da literatura en biblioteca
Recursos para a investigación da cultura en biblioteca
Recursos para a investigación da literatura (medios audiovisuais e software)
Recursos para a investigación da cultura (medios audiovisuais e software)
Recursos para a investigación da literatura en Internet
Recursos para a investigación da cultura en Internet
Recursos para a investigación da literatura e da cultura en biblioteca. Obxectivos
Contextualización
Discusión teórica e antecedentes culturais
Relacións biblioteca-literatura
Aplicacións prácticas e optimización dos recursos no ámbito da investigación
Traballo de campo
Recursos para a investigación da literatura e da cultura (medios audiovisuais e software) Obxectivos
Contextualización
Discusión teórica e antecedentes culturais
Relacións TICs-literatura
Aplicacións prácticas e optimización dos recursos no ámbito da investigación
Traballo de campo
O futuro da investigación da literatura en relación co software e os recursos audiovisuais
Recursos para a investigación da literatura e da cultura en Internet. A biblioteca virtual. Obxectivos
Contextualización
Discusión teórica e antecedentes culturais
Relacións Internet-literatura
Aplicacións prácticas e optimización dos recursos no ámbito da investigación
Traballo de campo
O futuro da investigación da literatura en relación con Internet
O proceso de investigación (con énfasis nos recursos) Estructuración preliminar e organización
Tratamento dos recursos e da información
Recursos para documentación e referencias
Como se clasifican e organizan as referencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais 9 7 16
Aprendizaxe colaborativa 0 8 8
Discusión dirixida 3 0 3
Estudo de casos 3 3 6
Lecturas 0 10 10
Portafolios do alumno 0 8 8
Traballos tutelados 0 12 12
Sesión maxistral 4 6 10
Actividades iniciais 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais O alumnado deberá consultar, analizar e criticar: a) diferentes estudos sobre o emprego dos diferentes recursos existentes na investigación da literatura e a cultura; b) exemplos de textos documentados axeitadamente ou defectuosamente
Aprendizaxe colaborativa O grupo estará dividido en grupos. Cada membro terá asignada unha función na producción dun artigo crítico simulado (esa función irá rotando en cada sesión). Ao rematar, establecerase unha discusión entre os diferentes grupos en torno ás dificultades atopadas e aos recursos empregados por cada grupo para resolver situacións comprometidas.
Discusión dirixida Cada sesión se iniciará e rematará cunha discusión dirixida sobre os temas correspondentes, coas que se valorará unha evaluación inicial e unha evaluación final como acto autoreferencial e reflexivo por parte do alumnado.
Estudo de casos O alumnado se someterá a actuacións concretas de casos específicos. Por un lado, se lle presentará o caso dun proceso de documentación para un artigo académico dirixido a unha revista internacional en inglés, e por outro lado o caso dunha participación nun congreso internacional. O alumnado deberá explorar, discutir e decidir sobre os compoñentes académicos (investigación, contidos, etc) e sociais (cultura, diversidade, etc) a ter en conta.
Lecturas Os contidos do curso van apoiados por unha seri de lecturas recomendadas nunha bibliografía xeral e específica para a materia, así como por asignacións puntuais para cada sesión.
Portafolios do alumno O alumnado deberá manter en todo momento un portafolio da asignatura, que deberá incluir: notas de clases, traballos de investigación, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Traballos tutelados Nesta materia o alumnado terá un protagonismo nuclear na súa aprendizaxe. Deberá realizar dous traballos independentes sobre: 1) Os principais recursos para a investigación da literatura (ou a cultura), e 2) Ventaxas e desventaxas dos recursos electrónicos na actualidad: estudo pormenorizado dun caso concreto.
Sesión maxistral Explicación teórica do profesor sobre a utilización dos diferentes recursos para a literatura, con exemplos prácticos.
Actividades iniciais Haberá unha evaluación inicial consistente nunha sección escrita, na que o alumnado respostará a preguntas concretas sobre a materia, e unha sección oral na que se debatirán as principais liñas de actuación no curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado terá á súa disposición unha atención continuada por parte do profesorado a través da plataforma virtual Moodle, a través de correo electrónico e nos horarios de titorías do curso académico.

Dentro da aula haberá actividades nas que o alumnado será dividido en grupos e os profesores do curso irán tutorizando cada unha das accións e diálogos que se poidan ir xerando en cada un deles. Os traballos en grupo, así como as saídas de campo e o estudo de casos recibirán un seguimento personalizado por parte dos profesores.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa O grupo estará dividido en grupos. Cada membro terá asignada unha función na producción dun artigo crítico simulado (esa función irá rotando en cada sesión). Ao rematar, establecerase unha discusión entre os diferentes grupos en torno ás dificultades atopadas e aos recursos empregados por cada grupo para resolver situacións comprometidas. 10
Portafolios do alumno O alumnado deberá manter en todo momento un portafolio da asignatura, que deberá incluir: notas de clases, traballos de investigación, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Ao final do curso este portafolio deberá ser entregado (encuadernado) aos profesores para a súa evaluación
50
Traballos tutelados 1 traballo de investigación final 40
 
Observacións avaliación

As persoas matriculadas a tempo parcial e que
solicitasen e obtivesen dispensa académica deberán entregar as actividades
avaliábeis nas condicións e nos prazos específicos que se establecerán a tal
efecto e que o/a profesor/a comunicará a alumnado afectado no inicio do
curso


Fontes de información
Bibliografía básica Muñoz Razo, Carlos (2011). Cómo elaborar y asesorar una investigación de tesis. México: Prentice Hall
VV.AA. (1978-2011). Cuadernos para investigación de la literatura hispánica. Madrid: Fundación Universitaria Española
Belmonte, Manuel (2011). Enseñar a investigar. Bilbao: Mensajero
Enkvist, Inger (2003). Ética y estética en la investigación literaria. Recurso electrónico. En Espéculo. Revista de estudios literarios. Universidad Complutense de Madrid . http://www.ucm.es/info/especulo/numero24/inv_lite.html
Colomer, Teresa (1996). La didáctica de la Literatura, temas y líneas de investigación e innovación. En La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria / coord. por Carlos Lomas. Barcelona: Universitat de Barcelona
López Yepes, José (2002). Manual de ciencias de la documentación . Madrid, Pirámide
Jauralde, Pablo (1981). Manual de investigación literaria. Guía bibliográfica para el estudio de la Literatura Española. Madrid: Gredos, pp. 66-87.

 

Bibliografía complementaria

ACOSTA HOYOS, Luis E.: Guía práctica para la investigación y redacción de informes. Buenos Aires: Paidós, 1978.

ALCINA FRANCH, J.: Aprender a investigar: métodos de trabajo para la redacción de tesis doctorales. Madrid: Compañía Literaria, 1994.

COROMINA, E, CASACUBERTA, X. y QUINTANA, D: El treball de recerca. Próces d’elaboració, memoria escrita, exposició oral i recursos. Vic: Eumo Editorial, 2000.

FORTANET, Inmaculada (coord). Cómo escribir un artículo de investigación en inglés. Madrid: Alianza Editorial. 2002 (2011)

GARZA MERCADO, Ario: Manual de técnicas de investigación para estudiantes de ciencias sociales. México: Colegio de México, 1988.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías