Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Literatura e espectáculo Código 613484008
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura en relación coas diferentes manifestacións escénicas: teatro, danza, música, cine, festa.
Relacións entre texto e artes escénicas. Discursos en que se relacionan literatura e espectáculo. Recursos e métodos para a investigación interdisciplinar.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as relacións entre a literatura e o teatro, o audiovisual, a música e a danza a través da historia e en contextos culturais diversos. AM1
AM2
AM4
AM7
BM4
BM5
BM8
CM4
CM5
CM7
CM8
Coñecer os principais focos de información e de reflexión teórica relativas aos estudos das relacións entre a literatura e as producións espectaculares e saber integrar as achegas dos principais grupos investigadores do ámbito académico AM1
AM2
AM6
AM8
AM10
AM12
BM1
BM3
BM4
BM5
BM6
CM2
CM3
CM6
CM7
CM8
Saber empregar a rede informática na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, adquirir a capacidade de utilizar as ferramentas TIC necesarias para o exercio profesional e investigador AM7
AM11
AM13
BM1
BM4
BM6
BM8
BM9
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
Deseñar e realizar un traballo de investigación orixinal, rigoroso e de extensión limitada en que se analicen as relacións de certos productos espectaculares coa literatura, pondo en relación os estudos literarios con contextos culturais diversos. AM3
AM6
AM10
BM1
BM7
BM8
BM9
CM6
CM8
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. AM2
AM10
AM13
BM1
BM4
BM5
BM9
CM3
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Literatura e teatro 1.1. Teatralidade. Relacións texto-espectáculo
1.2. Novas perspectivas nos estudos teatrais: aproximacións semiótica, antropolóxica, pragmática e da recepción aplicacadas ao texto dramático e ao espectáculo
1.3. O dramaturxista: tipoloxía e funcións
1.4. Narradores e poetas performativos. Estratexias performativas de identidade cultural.
1.4. Dous pólos extremos: O happening como superación do texto e a "non-encenación" de Claude Régy
2. Literatura e audiovisual 2.1. Transposicións narrativas e dramáticas ao cinema. As adaptacións.
2.2. O roteiro cinematográfico
2.3. Fontes literarias na televisión: series e "TV movies" a partir da literatura
2.4. O videoxogo e o imaxinario literario
3. Música, danza e literatura 3.1. Chico Buarque, Leonard Cohen e Bob Dylan contemplados desde a literatura
3.2. Canónicos e marxinalizados en relación coa danza

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 7 5 12
Traballos tutelados 0 24 24
Presentación oral 2 3 5
Lecturas 0 20 20
Eventos científicos e/ou divulgativos 2 2 4
Sesión maxistral 10 0 10
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Os alumnos participarán –presencialmente ou através do espazo de traballo colaborativo en liña– en discusións dirixidas polo profesor, sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.
Traballos tutelados O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, ora de adaptación dramatúrxica, ora de análise da adaptación ao audiovisual dun texto literario. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -nun espazo de traballo colaborativo en liña-, como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva.
Presentación oral Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación do mesmo por parte dos compañeiros.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Sesión maxistral O alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que o profesor presentará conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será exixido para a superación do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Presentación oral
Eventos científicos e/ou divulgativos
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 20% da cualificación final. 25
Traballos tutelados O traballo invidivual representará o 45% da cualificación final. Terase en conta a ponderación co profesor e os compañeiros de tema e fontes (10%), que será recíproca, isto é escoitará o que se lle di da súa elección e el/ela mesmo/a ponderará ás dos compañeiros/as; a presentación dentro dos prazos (5%), e a calidade do mesmo (30%).
45
Presentación oral Serán avaliadas tanto a presentación oral do traballo tutelado (5%) como a participación retroalimentadora nos outros traballos (5%). 10
Lecturas As lecturas avaliaranse através do traballo individual tutelado e da incorporación madurecida dos seus contidos tanto ás discusións dirixidas como aos comentarios retroalimentadores dos traballos dos compañeiros realizados no espazo de traballo colaborativo en liña.
Tamén será posíbel realizar de informes madurecidos de lectura.
20
 
Observacións avaliación

Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa nas discusións dirixidas nin a presentación, dentro dos prazos, do traballo tutelado.

O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá acompañar o curso a través das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se establecerán a tal efecto e que o profesor comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso.

En xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.


Fontes de información
Bibliografía básica Valverde, A. (2004). "A performance en Rompente", Anuario de Estudios Literarios Galegos 2004, 96-105.. Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Zavala, Lauro (). "Cine y literatura. Puentes, analogías y extrapolaciones", en Razón y Palabra nº 71.
Lehmann, H-T (1999). "El teatro postdramático: una introdución", Posdramatisches Theater (traduc. de Paula Riva), Telondefondo n°12-decembro 2010.
Ubersfeld, Anne (1997). "La escena y el texto", en La escuela del Espectador, 20-58. Madrid: Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España
Alonso de Santos, José Luis (2007). "Las reglas de la teatralidad" e "La recepción teatral", en Manual de Teoría y Práctica Teatral, 165-194 e 519-545. Madrid: Castalia
Gil, A. (2004). "Literatura e banda deseñada", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 593-613.. Vigo: Xerais
Alonso, S. (2004). "Literatura e música (A Chanson espagnole de Maurice Ravel: harmonización dunha canción galega), en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 493-508.. Vigo: Xerais
Pavis, Patrice (2010 (2007)). "Nas fronteiras da encenação" e "Encenação, Perfomance: Qual é a diferença?", en A Encenação Contemporânea, 25-59.. São Paulo: Perspectiva
Bermúdez, S. (2002). "O capital simbólico das literaturas subalternas: a poesía galega no serodio século XX", Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002, 201-208.. Compostela: Universidade de Santiago de Compostela
Abuín, A. (2006). "Performance y textualidad", Escenarios del caos, 151-157.. Valencia: Tirant Lo Blanch
Biscainho Fernandes, C. C. (2004). Capítulos V, VI, IX e X de Conformando o brinquedo, 53-73 e 97-125. A Coruña: Deputación Provincial
Tenschert, Bataillon, Dort e Raoul-Davis (2003). Questões de Dramaturgia I. Lisboa: Escola Superior de Teatro e Cinema
Sullà, Enric (2001). “Literatura comparada: las relaciones entre la literatura y el cine”, en Pulido Tirado, Genara (ed.) Literatura y arte: actas del IV Seminario del Aula de Literatura Comparada de la Universidad de Jaé. Jaén: Universidad de Jaén

Bibliografía complementaria (1999). "A propósito de Guy Debord y la crítica situacionista del espectáculo", en Archipiélago cuadernos de crítica de la cultura n. 39, 87-115. Castelldefels: Pamiela
Trancón, S. (2006). "Componentes básicos del teatro" en Teoría del Teatro, 151-253. Madrid: Editorial Fundamentos
Schechner, Richard (1988). "Drama, script, theater and performance", en Performance Theory. New York: Routledge
Gil, A. J. (2004). "Literatura e banda deseñada", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 593-613. Vigo: Xerais
Abuín González e Rodríguez González (2004). "Literatura e cinema: recreacións fílmicas e transferencias culturais", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 569-591. Vigo: Xerais
Abuín González, A. e A. Casas (2004). "O texto espectacular", en Casas (coord.) Elementos de crítica literaria, 415- 470. Vigo: Xerais
Creton, L., Palmer, M. e Sarrazac J-P (dir.) (2005). Arts du espectacle, métiers et industries culturelles: penser la généalogie. Paris: Presses Sorbonne nouvelle
Sánchez Noriega, J. L. (2000). De la literatura al cine. Barcelona: Paidós
Pavis, Patrice (1983). Diccionario del Teatro. Dramaturgia, estética, semiología. Barcelona: Paidós
Becerra de Becerreá, Afonso (2007). Dramaturxia. Teoría e práctica. Vigo: Galaxia
McKee, R. (2002). El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones. Barcelona: Alba
Alemany Ferrer e Chico Rico (eds.) (2012). Literatura i espectacle / Literatura y espectáculo. Alacant: Universitat de Alacant
Alonso de Santos, José Luis (2007). Manual de Teoría y Práctica Teatral. Madrid: Castalia
Sarrazac, Jean-Pierre (2003). O futuro do drama. Porto: Campo das Letras
Schechner, Richard (2006 [2002]). Performance Studies. New York: Routledge
Carlson, Marvin (2005). Performance: unha introdución crítica. Vigo: Galaxia
Ubersfeld, Anne (1993). Semiótica Teatral. Madrid: Cátedra / Universidad de Murcia
Cabo Aseguinolaza e Rábade Villar (2006). Teoría del teatro", en Manual de Teoría de la Literatura, 315-373. Madrid: Castalia Universidad
Werneck et alii (2009). Texto e imagem: estudos de teatro. Rio de Janeiro: 7 letras
Hormigón, J. A. (1991). “Dramaturgia y trabajo dramatúrgico”, Trabajo dramatúrgico y puesta en escena. 31-58.. Madrid: Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España
Rábade Villar, M. do C. (2006). “O personaxe como categoría transversal do comparatismo. De Ofelia a Marilyn Monroe”, en Boletín Galego de Literatura 33. 135-157..
Abuín, Ángel (1996). “Para una teoría de la puesta en escena. Hermenéutica y transformación de un texto literario”, Tropelías 5/6, 1994-1995, pp. 5-15.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías