Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Coñecer a tipoloxía de espazos reservados polos medios de comunicación ao campo literario e as relacións do poder mediático coa literatura, con especial atención ás sociedades con concorrencia de sistemas literarios. |
AM2 AM3 AM5 AM6 AM8 AM10 AM12
|
BM1 BM3 BM4 BM5 BM6
|
CM6 CM7
|
Coñecer e manexar as ferramentas de recursos de investigación deste campo, así como os principais focos de información e de reflexión teórica relativas aos estudos das relacións entre a literatura e os medios de comunicación, e saber integrar as achegas dos principais grupos investigadores do ámbito académico |
AM1 AM2 AM3 AM6 AM8 AM10 AM12
|
BM1 BM3 BM4 BM5
|
CM2 CM3 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Concibir e desenvolver un pequeno traballo individual de pesquisa, rigoroso e orixinal, en que se analise de maneira especializada ora as tensións centro-periferias do sistema literario que se producen nos "media", ora os novos modelos repertoriais que se someten a sanción desde os medios de comunicación alternativos. |
AM2 AM3 AM4 AM5 AM6 AM7 AM9 AM10 AM12 AM13
|
BM1 BM3 BM4 BM5 BM6 BM7 BM8 BM9
|
CM1 CM3 CM6 CM8
|
Traballar en pequenos grupos para seleccionar e comentar exemplos significativos de literatura hipertextual ou da relación das culturas minorizadas da nosa contorna coa internet. |
AM2 AM3 AM4 AM7 AM9 AM10 AM12 AM13
|
BM1 BM6 BM8 BM9
|
CM3 CM4 CM6
|
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. |
AM2 AM10 AM13
|
BM1 BM4 BM5 BM9
|
CM3 CM6 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Poder mediático e literatura
|
1.1. Espazos literarios nos medios de comunicación
1.2. Media e crítica literaria: a canonización nos medios
1.3. Heteronomía mediática do campo literario?
1.4. Os medios de comunicación en sociedades de concorrencia de sistemas literarios |
2. Literatura e cibercultura
|
2.1. Novas tecnoloxías e novas formas de produción e divulgación literaria.
2.2. Literatura dixitalizada e literatura dixital. Do texto ao hipertexto: estruturas narrativas postmedia
2.3. Materialidades e modelos repertoriais novos: tensións centro-periferias no sistema literario
2.4. Transculturación e suprasistema literario: a república mundial das letras
2.5. Ciberliteratura: análise de exemplos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
4 |
4 |
8 |
Traballos tutelados |
0 |
28 |
28 |
Presentación oral |
2 |
3 |
5 |
Lecturas |
0 |
20 |
20 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
2 |
2 |
4 |
Sesión maxistral |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Ao longo de varias das sesións do curso, desenvolveranse discusións –presencialmente ou através do espazo de traballo colaborativo en liña–, moderadas pola profesora, sobre algún dos aspectos do temario. Previamente deberán prepara a discusión a partir das lecturas obrigatorias determinadas pola profesora. |
Traballos tutelados |
O alumnado realizará dous traballos tulelados.
O primeiro, individual, consistirá na elaboración dunha investigación orixinal, rigorosa e de extensión limitada relacionada con algún dos apartados dos temas do programa. Nas primeiras sesión do curso determinarase tanto a data de comunicación do tema como a data límite de entrega.
O segundo, realizado en pequenos grupos, consistirá na selección e comentario de exemplos significativos de literatura hipertextual ou da relación das culturas minorizadas do noso contorno coa internet. Este exporase oralmente en sesión presencial. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicacións dos exemplos escollidos , como as datas das sesións presenciais destinadas á presentación oral do traballo grupal.
|
Presentación oral |
Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos grupais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos outros grupos. |
Lecturas |
Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración dos traballos. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia. |
Sesión maxistral |
O alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que o profesor presentará conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será exixido para a superación do curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos desenvolvidos nas aulas, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. É por iso que se prevé desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e mais para os traballos que desenvolverán de forma individual. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Discusión dirixida |
A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 20% da cualificación final. |
20 |
Traballos tutelados |
O traballo invidivual representará o 40% da cualificación final. Terase en conta a presentación dentro dos prazos (5%), a utilización de bibliografía e outro material complementar fornecido nas aulas (5%), así como a calidade do mesmo (30%).
O traballo grupal representará o 10% da cualificación final. |
50 |
Presentación oral |
Serán avaliadas tanto a presentación oral do traballo grupal como a participación retroalimentadora nos traballos dos outros grupos. |
10 |
Lecturas |
As lecturas avaliaranse através do traballo individual tutelado e da incorporación madurecida dos seus contidos tanto ás discusións dirixidas como aos comentarios retroalimentadores dos traballos dos compañeiros realizados no espazo de traballo colaborativo en liña.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Non será posíbel superar a materia sen realizar o traballo tutelado nin participar, polo menos, nunha discusión dirixida.
Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán realizar os mesmos traballos e probas que os estudantes con matrícula ordinaria. A presentación oral do traballo realizarase nunha sesión de tutoría persoal. A data e hora de realización destas sesións poderán ser concertadas a través do correo electrónico.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Cordal Fustes, X. (2002). "25 puntos sobre a actuación social da literatura galega", en A trabe de ouro 51, 85-94.
Garcia Diniz, Luiz Antonio (2005). "Cibercultura e literatura: hipertexto e as novas arquiteturas textuais", en Alea. Estudos neolatinos vol. 7 no. 2. Rio de Janeiro
Poster, M. (2004). "La ciberdemocracia: Internet y la esfera pública", en Sánchez-Mesa (ed.) Literatura y cibercultura, 177-197. Madrid: Arco Libros
Fernández Castillo, Carolina (2009). "La condición postmedia: nuevas posibilidades narrativas en la era digital", en Martínez Díaz e Navío Castellano (eds.) Literaturas de la (pos)modernidad, 163-178. Madrid: Editorial Fragua
Aarseth, E. (2004). "La literatura ergódica", en Sánchez-Mesa (ed.) Literatura y cibercultura, 117-145. Madrid: Arco Libros
Werner, Michael (1994). "La place relative du champ littéraire dans les cultures nationales", en Espagne, Michel e Werner, Michael, eds., Philologiques III. Qu'est ce qu'une littérature nationale? Approches pour un. Paris: Éditions de la Maison de Sciences de l'Homme
Pajares Tosca, S. (1997). "Las posibilidades de la narrativa hipertextual", Espéculo nº 6 . Accesíbel en http://www.ucm.es/info/especulo/numero6/s_pajare.htm
Sapiro, Gisèle (2007). "Pour une approche sociologique des relations entre littérature et idéologie". Contextes, "L'idéologie en sociologie de la littérature (fev. 2007) (accesíbel en http://contextes.revues..
Gullón, Germán (2008). "¿Es legítima la crítica literaria?", en Una venus mutilada. La crítica literaria en la España actual, 129-149. Madrid: Editorial Biblioteca Nueva
Rodríguez Reyes, Claudia (2005). Hipertexto y literatura en Red. El relato digital, los escrilectores y la Cibercultura, Revista TEXTOS de la CiberSociedad, 7 . Disponible en http://www.cibersociedad.net |
Recoméndase a consulta do blog "Teoría, práctica y enseñanza del hipertexto de ficción: El relato digital", de Jaime Alejandro Rodríguez Ruíz (Universidade Javeriana de Bogotá). Accesíbel en: http://www.javeriana.edu.co/relato_digital/r_digital/modelos/modelos_index.htm
|
Bibliografía complementaria
|
Cochón, I. / Rábade, Mª do C. (2004). "A crítica no campo literario. teorías críticas e identidades emerxentes", en Casas, A. (coord.): Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais
Aguirre Romero, J. M. (2005). "El fluído literario. Internet y la literatura", en Espéculo. Revista de estudios literarios. Universidad Complutense de Madrid nº. 51 (accesíbel en http://www.ucm.es/info/especulo/numero31/.
Mora, Vicente Luís (2009). "Letras sin imprenta. Ciberliteratura, blogs, narrativas cross-media", en Rico Manrique et alii (coord.) Literatura y bellas artes, 315-356.
Vilariño Picos, M. T. (2004). "Literatura e novas tecnoloxías", en Casas, A. (coord.) Elementos de crítica literaria, 615-650. Vigo: Xerais
Ródenas de Moya, D (2009). "Literatura y periodismo", en Rico, Gracia e Bonet (eds.) Literatura y Bellas Artes, 261-287 . Madri: Biblioteca Nueva
Figueroa, Antón (2002). "Literaturas minoritarias: autonomía e relacións interliterarias", en Anuario de estudos literarios galegos, 2002, 55-67.
Sontag, Susan ((1994) / (1996)). Against interpretation / Contra la interpretación. London: Vintage / Madrid: Santillana
Aarseth, E. J. (1997). Cibertext. Perspectives on Ergodic Literature. Baltimore & London: The Johns Hopkins University Press
Sánchez Noriega, J. L. (2002). Crítica de la seducción mediática. Comunicación y cultura de masas en la opulencia informativa. Madrid: Editorial Tecnos
Abuín González, A. (2006). Escenarios del caos. Entre la hipertextualidad y la performance en la era electrónica. Valencia: Tirant lo Blanch
Landow, George P. (2006). Hypertext 3.0 : critical theory and new media in an Era of Globalization. Baltimore : Johns Hopkins University Press
Ródenas, Domingo (eds.) (2003). La crítica literaria en la prensa. Madrid: Marenostrum
Casanova, Pascale (2001). La República mundial de las Letras. Barcelona: Anagrama
Pajares Tosca, S. (2004). Literatura digital. El paradigma hipertextual. Cáceres: Universidad de Extremadura
Vouillamoz, N. (2000). Literatura e hipermedia. Montcada i Reixac: Paidós Ibérica
Moreno Hernández, C. (1998). Literatura e hipertexto. De la cultura manuscrita a la cultura electrónica. Madrid: UNED
Vega, M. J. (ed.) (2003). Literatura hipertextual y teoría literaria. Madrid: Marenostrum
Sánchez Mesa, D. (comp.) (2004). Literatura y cibercultura. Madrid: Arco Libros
Moreno, I (2002). Musas y nuevas tecnologías. Barcelona: Paidós
Joyce, M. (1999). Othermindedness. Michigan: The University of Michigan Press
Landow, Georg P. (comp.) (1997). Teoría del hipertexto. Barcelona: Paidós
Vilariño Picos e Abuín González (comp.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros
Borràs Castanyer (ed.) (2005). Textualidades electrónicas. Nuevos escenarios para la literatura. Barcelona: Editorial UOC
Yellowlees Douglas, J. (1999). The End of Books Or Books without End? Reading Interactive Narratives. Michigan: University of Michigan Press
Aguirre Romero, J. M. (). “Literatura en Internet: ¿Qué encontramos en la WWW?" (accesíbel en: http://www.ucm.es/info/especulo/numero6/lite_www.htm). |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|