Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Temas e liñas de investigación en literatura e cultura galega do século XX Código 613484029
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia pretendemos que o alumno/a teña a información pertinente que lle permita facer unha prospección no campo da cultura e da literatura galegas do século XX, con miras a posíbeis traballos de investigación nas áreas da narrativa, poesía, teatro e ensaio dentro das liñas de ideoloxía e autonopmía no campo literario e cultural.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. AM1
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM13
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. BM1
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación. BM8
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. BM9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. O cambio "Entre séculos" e a conexión co s. XIX: poesía, narrativa e teatro.

2. A programación de V. Risco.

3. Nós e a normalización literaria.

4. As Irmandades da Fala: programación.

5. O S.E.G. e a Xeración de 1925.

6. A recuperación dun espazo.

7. Novas propostas.
1.1. Noriega Varela.
1.2. R. Cabanillas.
1.3. Teatro: 1882, 1896 (Memoria acerca da dramática galega) 1903, 1919.

2.1. "Prolegómenos..." (1916).

3.1. Narrativa
3.2. Teatro
3.3. Ensaio.
3.4. Investigación

4.1. Narrativa (Cols. de narrativa breve).
4.2. A dinamización cultural.

5.1. Panoramas e perspectivas.
5.2. Actividades culturais, políticas e literarias.

6.1. Emigración-exilio.
6.2. Finais dos corenta e reacción: os de 1936, os do 50.

7.1. Asociacionismo cultural.
7.2. Actividade política e cultural
7.3. Regularización e identidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 12 0 12
Análise de fontes documentais 0 20 20
Lecturas 0 14 14
Sesión maxistral 21 0 21
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Cada alumnos deberá realizar un traballo tutelado de entre os que se lles propoñan como posíbeis traballos de investigación, que ir´ñan realizando ao logo do curso.
Análise de fontes documentais Para o desenvolvemento das aulas os alumnos deberán arriquecer as explicacións coa consulta de fontes bibliográficas e documentais que o profesor indicará puntualmente para cada sesión.
Lecturas Todos os alumnos deberán realizar un número de lecturas obrigatorias que lles permitirán levar a cabo as actividades desenvolvidas nas aulas: exercicios, debates ou comentarios.
Sesión maxistral Consistirán en aulas expositivas arredor dos conceptos básicos da materia, tanto no ámbito dos contextos como dos movementos e autores máis representativos de cada época e dos movementos culturais do momento.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Descrición
O profesor encargarase de recibir e asesorar e orientar a cada alumno naquelas cuestións que estime oportunas formularlles e tratará en todo momento de facer lles observación e indicacións puntuais que lles podan ser de utilidade para a realización da súa actividade investigadora e formativa.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais Farase un seguimento do material de fontes que se lles propoña e mirarase a que os alumnos saiban manexar explotalos no sentido máis produtivo. 20
Lecturas Terase ben en conta a mellor orientación posíbel para que o alumno poida dar conta da súa actividade lectora. 5
Traballos tutelados Terase en conta a aportacións e a liña inovadora e de aportación persoal do traballo do alumno. 40
Sesión maxistral Os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais serán avaliados por medio dunha proba obxectiva que se levará a cabo ao final das distintas sesións e que suporá unha terceira parte da nota final 35
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Mánde ferrín, X.L. (1984). De Pondal a Novoneyra. Vigo, Xerais
Beramendo, Justo (2007). De Provincia a Nación. Historia do galeguismo político. Vigo, Xerais
Tarrío, Anxo (2000). Galicia Literaria VV. XXXII-XXXIV. A Coruña, Hércules de Ediciones
Caraballo Calero, R. (1981). Historia da Literatura Galega Contemporánea. Vigo, Galaxia
VV.AA. (1996). Historia da Literatura Galega, 5Vols.. Vigo, A Nosa Terra
Figueroa, Antón (2010). Ideoloxía e autonomía no campo literario galego. Santiago de Compostela, Laiovento
Bourdieu, Pierre (1992). Les Règles de l'art. País, Seuil
VV.AA. (2001). Litertura Galega S.XX. Vigo, A Nosa Terra
Bourdieu, Pierre (2004). O campo literario. Santiago de Compostela, Laiovento

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías