Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Normalización e Planificación da Lingua Galega Código 613G02031
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Sanmartin Rei, Goretti
Correo electrónico
goretti.sanmartin.rei@udc.es
Profesorado
Sanmartin Rei, Goretti
Correo electrónico
goretti.sanmartin.rei@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da planificación do corpus e do status da lingua galega

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega. A23
A24
Adquirir capacidade de autoformación B3
Apreciar a diversidade B8
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. B10
Dominar os modelos e técnicas da planificación lingüística A24
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común C4
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1. O concepto de planificación lingüística 1.1. A planificación lingüística como proceso 1.2. Planos e servizos de normalización lingüística
2.Antecedentes da planificación lingüística para o galego 2.1. As figuras de Sarmiento, Pintos e Murguía
2.2. As Consideraciones sobre la decadencia y la rehabilitación de la lengua gallega de M.G.B.
2.3. A política da lingua da Xeración do 16
3. A etapa contemporánea. A política lingüística realizada dentro e fóra das institucións
3.1. Características xerais da política lingüística sobre o galego
3.2. Actuacións da Xunta de Galicia
3.3. O desenvolvemento dunha planificación lingüística desde os concellos
3.4. Outras planificacións institucionais. O caso das universidades
3.5. Evolución da política lingüística. De 1980 á actualidade
4. Propostas de planificación lingüística desde fóra das institucións. 4.1. O asociacionismo
4.2. As redes sociais
5. Planificación do corpus da lingua galega. O proceso de estandarización do galego 5.1. Antecedentes. O Rexurdimento e os comezos do século XX
5.2. As propostas normativas do galego moderno
5.3. O acordo normativo de 2003

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 8 12 20
Estudo de casos 6 6 12
Presentación oral 1 4.5 5.5
Aprendizaxe colaborativa 3 6 9
Análise de fontes documentais 3 7.5 10.5
Solución de problemas 3.5 7 10.5
Recensión bilbiográfica 1 10.5 11.5
Traballos tutelados 2.5 15 17.5
Lecturas 3 12 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento e análise crítica dos apartados do temario
Estudo de casos Consideración de modelos de planificación e avaliación dos seus resultados
Presentación oral Liñas básicas da exposición pública e de fórmulas para o debate e o consenso no ámbito da planificación lingüística
Aprendizaxe colaborativa Realización de xogos de colaboración e aprendizaxe para a convivencia
Análise de fontes documentais Procura e estudo de textos e recursos planificadores na actualidade
Solución de problemas Exemplificación con diferentes etapas históricas e coñecemento das necesidades contextuais
Recensión bilbiográfica Comentario crítico valorativo dunha onra no momento en que se produce e na actualidade
Traballos tutelados Seguimento dun aspecto relacionado co temario para afondar criticamente nun elemento conflitivo
Lecturas Coñecemento e reflexión arredor dos textos fundamentais da planificación sociolingüística sobre o galego

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Descrición
Precisaremos utilizar recursos expositivos baseados na procura de consensos que fuxan do recurso fácil ao xogo de maiorías e minorías nunha posta en escena que tentará convencer sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas de planificación nun sector ou grupo determinado.

A recensión bibliográfica estará orientada ao coñecemento e á análise crítica das ideas máis polémicas que se poidan tirar da súa lectura.

Os traballos tutelados implicarán un seguimento personalizado desde a propia elección do tema, á súa posíbel orientación e finalmente haberá tamén unha sesión común de valoración dos resultados.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas As lecturas formarán parte esencial do traballo desenvolvido ao longo do curso e os seus contidos terán que ser desenvolvidos en diferentes exercicios e debates que se realizarán nas aulas. 30
Presentación oral O/a estudante terá que argumentar sobre a necesidade de aplicar unha medida ou unha serie de medidas sobre planificación lingüística nun determinado ámbito ou sector. 20
Recensión bilbiográfica Entregaranse por escrito tres recensións bibliográficas sobre lecturas especializadas. 20
Traballos tutelados Cada estudante terá que realizar un traballo sobre algún aspecto relacionado co temario, cuxo tema e cuxa orientación requirirá o visto e prace da persoa docente en sesións de seguimento. Haberá igualmente unha valoración conxunta final. 30
 
Observacións avaliación

Para a segunda oportunidade do mes de xullo, aquel alumnado que non superase a materia con anterioridade, terá que entregar, na data marcada para o exame, as recensións bibliográficas que non fosen avaliadas positivamente e o traballo tutelado caso de o reprobar con anterioridade. O resto da cualificación (un 50%) basearase nunha proba obxectiva sobre o programa da materia e as lecturas obrigatorias que conterán unha parte teórica e u caso práctico.


Fontes de información
Bibliografía básica Silva Valdivia, B. (2008). "Lingua e escola en Galicia: balance e propostas de futuro", Grial, 179: 48-59.. Grial
Monteagudo, H. / García Conde, S. / López Ruíz de Castro, H. / Subiela, X. (2002). A normalización lingüística a debate. Vigo: Xerais
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Fishman, J, A. (2001). Can threatened languages be saved? . Clevedon: Multilingual Matters
Rodríguez Sánchez, F. (1998 [1976]). Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza . Santiago: Laiovento
Junyent, C. (1998). Contra la Planificació. Una proposta ecolingüística . Barcelona: Empúries
García Negro, M. P. (2000). Direitos lingüísticos e control político . Santiago de Compostela: Laiovento
Moure, T. (2010). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética . A Coruña: Servizo de Publicacións da Universidade da Coruña
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de plurilingüismo . Bertamiráns, Ames: Laiovento
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Cooper, R. (1989). Language Planning and Social Change . Cambridge: Cambridge University Press
Christian, D. (1988). Languages planning: the view from Linguistics”, en Newmeyer, F. J.: Linguistics: The Cambridge Survey. IV. Language: The Socio-Cultural Context: 193-209 . Cambridge: Cambridge University Press
Sanmartín Rei, G. (2010). Lingua e futuro . Ames: Laiovento
Mosquera Carregal, X. (2010). Lingua e Xénero. VI Xornadas sobre Lingua e Usos . A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña
Freixeiro Mato, X.R. (2002). Lingua galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Skutnabb-Kangas, T. (2010). Linguistic genocide in education or worldwide diversity and human rights? . New Jersey: Lawrence Erlbaum Associates
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
García Negro, M. P. (1991). O galego e as leis. Aproximación sociolingüística . Pontevedra: Cumio
Alonso Pintos, S. (2006). O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Monteagudo e Bouzada (2000). O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I. Política lingüística: Análise e perspectivas . Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Lingua
Xunta de Galicia (2005). Plan xeral de normalización da lingua galega . Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
VVAA (1980). Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas . Santiago de Compostela: ASPG
García Negro, M. P. (2009). Sobre o racismo lingüístico . Santiago de Compostela: Laiovento
Blanco Echauri, X. / García Negro, M. P. / Sanmartín Rei, G. (2006). Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte. Volume I . Lugo: Deputación Provincial de Lugo
Carvalho Calero, R. (1992). Umha voz na Galiza . Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Núñez Singala, M. C. (2001). “Algunhas reflexións verbo da elaboración de plans de política lingüística”, Cadernos de lingua, 23: 35-52.. Cadernos de Lingua
García Conde, S / Vaquero, I (1996). “Os servicios de normalización lingüística: proposta básica de funcionamento”, Cadernos de Lingua, 14: 101-116. Cadernos de Lingua
Lorenzo Suárez, A. M. (2005). “Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego”, Cadernos de Lingua, 27: 37-59. Cadernos de Lingua
García Conde, S. (1999). “Propostas básicas para o funcionamento e status legal dos SNL/SL”, en Domínguez Salgado, A. / Mayo Redondo, S. / Romero Rodríguez, D. (eds.): Actas dos II Encontros para a Normalización Lingüística: . Santiago de Compostela. Consello da Cultura Galega

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías