Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Literatura Portuguesa 2 Código 613G02037
Titulación
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Portugués
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
López-Iglesias Sanmartin, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
López-Iglesias Sanmartin, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos principais elementos relativos ao funcionamento da literatura portuguesa desde o século XIX até a actualidade

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación

Contidos
Temas Subtemas
1. CUESTIÓNS XERAIS E METODOLÓXICAS 1.1. Ferramentas teórico-metodológicas para a análise da función e posición da literatura nos campos culturais
1.2. O proceso de canonización: resultados en inicios do século XXI
2. A PRODUCIÓN OITOCENTISTA 2.1. Ideoloxía e estética: tradición e construción da identidade do romantismo ao realismo
2.2. Modelos sociais vehiculados através da literatura
2.3. O romance: Herculano, Garret, Camilo e Eça
2.4. Literatura e prensa: o folletín
2.5. A crítica literaria: a "Questão Coimbrã"
2.6. A "Geração de 70" e o teatro

3. A CRISE FINISECULAR 3.1. Relacións intersistémicas, produción e importación
3.2. A poesía de Cesário Verde e de António Nobre
3.3. Renascença e Saudosismo: Teixeira de Pascoaes e Lopes Vieira
4. O(S) MODERNISMO(S) 4.1. "Orpheu" e outras revistas
4.2. O "drama em gente" de Fernando Pessoa
4.3. A poesia de Alfredo Guisado, Almada Negreiros, Sá Carneiro e Florbela Espanca
4.4. A "Presença" e outras revistas
4.5. O surrealismo
4.6. A revisión salazarista do cánone literario portugués
5. ESTADO NOVO E PÓS-25 DE ABRIL 5.1. O cánone e as produtoras: Entre Agustina Bessa-Luís e Lídia Jorge
5.2. O romance segundo José Cardoso Pires, António Lobo Antunes e José Saramago
5.3. A poesia segundo Sophia de Mello Breyner, Eugénio de Andrade e Helberto Helder
5.4. A internacionalización da literatura Portuguesa: premios, revistas, mercados, encontros, web.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 2 15 17
Presentación oral 3 10 13
Proba mixta 2 20 22
Recensión bilbiográfica 2 6 8
Estudo de casos 6 12 18
Sesión maxistral 15 30 45
Traballos tutelados 2 20 22
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Cada alumno/a realizará a lectura de unha serie de monografias, artigos ou capítulos de libro relativos aos contidos focados na materia e recollidas por extenso nunha listaxe fornecida polo profesor no inicio das sesións. Destas leituras obrigatorias, un artigo será obxecto de presentación oral e dous dos libros que figuran no punto 8 desta guía como "lecturas obrigatorias" da recensión bibliográfica.
Presentación oral Cada alumno/a deberá presentar oralmente ao conxunto da turma os resultados do Traballo Tutelado realizado e as principais cuestións focadas nunha das leituras realizadas.

Os materiais utilizados nas exposicións orais (diapositivos, esquemas, etc.) serán disponibilizados para o coxunto do grupo através do Moodle. A calidade da lingua utilizada, os recursos e estratexias expositivas empregados, así como a clareza e arrumazón dos contidos vehiculados deben ser tamen levados en conta polo alumnado neste tipo de actividade.
Proba mixta Proba escrita que poderá combinar actividades de carácter ensaístico con outras de comentario de textos.
Recensión bilbiográfica O alumnado realizará dúas "Recensións bibliográficas" individuais de dúas lecturas (en formato libro) seleccionadas entre a listaxe que figura no punto 8 deste guía como "lecturas obrigatorias". As correspondentes recensións serán disponibilizadas para o conxunto do grupo a través do Moodle.
Estudo de casos Comentario e análise crítica de materiais de vario tipo relativos aos contidos focados na materia.
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Traballos tutelados Utilizando metodoloxías con base na "aprendizaxe colaborativa", o alumnado realizará en grupos reducidos un traballo tutelado (focado de preferencia para a pesquisa e a documentación) do cal se derivará tamén a correspondente "Presentación Oral". Tanto a composición do grupo como o(s) asunto(s) concreto(s) focado(s) no traballo será(n) acordado(s) co profesor no inicio das sesións.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Presentación oral
Recensión bilbiográfica
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel polo materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada grupo reducido asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". A corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados tanto para resolver eventuais problemas como para apresentar o traballo serán tamén obxecto de avaliación. 20
Presentación oral Para alén da utilidade das presentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipa. 15
Proba mixta Será obxecto de avaliación a adecuación entre o exposto na proba mixta e os conteúdos presentados e estudados na materia, tanto nas sesións maxistrais e presentacións orais como nas lecturas realizadas e nos estudos de caso analisados. Será tamén levada en conta a capacidade de análise crítica, a corrección lingüística e a clareza expositiva. 30
Recensión bilbiográfica Nas recensións bibliográficas será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de contidos e a adecuación de forma e fondo. 20
Estudo de casos Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para cada actividade destas características. 15
 
Observacións avaliación

Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os procedementos
fixados polo profesor no inicio das sesións. O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as
actividades obrigatorias nunha data concertada previamente cos
profesores.


Os criterios específicos de avaliación para cada unha das tarefas serán
oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel da materia en
formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través do moodle, xunto coas
instrucións a seguir para o correcto desenvolvemento de cada unha das
actividades previstas.


As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación pola
Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e superar tamén
aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo profesor responsábel da
materia.


Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar ás
probas escritas ou que non presentar ningunha das actividades.


Fontes de información
Bibliografía básica Morao, Paula (1991). O Só de António Nobre uma leitura do nome. Lisboa: Caminho
VV.AA. (1991). A arte e a sociedade portuguesa no século XX (1910-1990). Lisboa: Livros Horizonte
Machado, Álvaro Manuel (1998). A Geração de 70. Uma revolução cultural e literária. Lisboa: Presença
Guimarães, Fernando (1969). A Poesia da presença e o aparecimento do neo-realismo. Porto: Inova
Pascoaes, Teixeira de (1988). A Saudade e o saudosismo dispersos e opúsculos (Pinharada Gomes ed.). Lisbao: Assirio & Alvim
Bessa-Luís, A. (1979). A vida e a obra de Florbela Espanca. Lisboa: Arcádia
Ferreira, A. (ed.) (1980). Antologia de textos da "Questão Coimbrã". Lisboa: Moraes Ed.
Saraiva, António José (1982). As ideias de Eça de Queirós. Amadora: Bertrand
Melo e Castro, E.M. (1980). As vanguardas na poesia portuguesa do século XX. Lisboa: ICALP
Petrov, Petar el al (ed.) (2012). Avanços em literatura e cultura portuguesas. De Eça de Queirós a Fernando Pessoa. Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora
Petrov, Petar el al (ed.) (2012). Avanços em literatura e cultura portuguesas. Século XX. Santiago de Compostela-Faro: AIL-Através Editora (vols.1-3
Bernardes, José Augusto Cardoso et al (dir.) (1995-2002). BIBLOS. Enciclopédia VERBO das literaturas de língua portuguesa. Lisboa-São Paulo: Verbo (5 vols.)
Rodriguez, J.L. et al (eds.) (2008). Da Galiza a Timor. A Lusofonia em foco (Actas do VIII Congresso da AIL). Santiago de Compostela: USC (3 vols.)
Pires, Daniel (1986). Dicionário das revistas literárias portuguesas do século XX. Lisboa: Contexto
Martins, Fernando Cabral (coord.) (2008). Dicionário de Fernando Pessoa e do modernismo português . Lisboa: Caminho
Coelho, Jacindo Prado (ed.) (1987). Dicionário de literatura: literatura portuguesa, brasileira, galega, estilística literária. Porto: Figueirinhas (5.vols. e atualização de 2002-2003)
Martins, A. Coimbra (1967). Ensaios Queirosianos. O Mandarim assassinado. O incesto d'Os Maias. Imitação capital. Lisboa: Publicações Europa-América
Reis, Carlos (dir.) (1991-1996). História crítica da literatura portuguesa. Lisboa: Verbo (9 vols.)
Buescu, Maria Leonor Carvalhão (1994). História da literatura. Lisboa: IN-CM
Saraiva, António José e Lopes, Óscar (1992). História da literatura portuguesa. Porto: Porto Editora
Dias, A.F. (1998). História e crítica da literatura portuguesa. São Paulo: Verbo
Guerra da Cal, Ernesteo (1981). Língua e estilo em Eça de Queiroz [trad.]. Coimbra: Almedina
AA.VV. (1984). Literatura e realidade (que é o Realismo?). Lisboa: Dom Quixote
Reis, Carlos (coord.) (1989). Literatura portuguesa moderna e contemporânea. Lisboa: Universidade Aberta
Ferreira, João Palma (1985). Literatura portuguesa: história e crítica. Lisboa: IN-CM
Lourenço, Eduardo (2003). Lourenço, Eduardo. Título Pessoa revisitado : leitura estruturante do drama em gente. Lisboa: Gradiva
Rebelo, Helena (coord.) (2011). Lusofonia. Tempo de reciprocidades (Actas do IX Congresso da AIL). Porto: Afrontamento (2 vols.)
Barreira, C. (1981). Nacionalismo e modernismo. De Homem Cristo Filho a Almada Negreiros. Lisboa: Assírio & Alvim
Simões, M.L. Netto (1975). Narrativa portuguesa em processo de framentação. Petrópolis: Vozes
Macedo, Helder (1999). Nós uma leitura de Cesário Verde. Lisboa: Presença
Amaral, F. Pinto de (1991). O mosaico fluido. Modernidade e pós-modernidade na poesia portuguesa mais recente (autores revelados na década de 70). Lisboa: Assírio & Alvim
Torres, A. Pinheiro (1977). O Neo-Realismo literário português. Lisboa: Moraes Ed.
Quadros, António (1989). O primeiro modernismo português: vanguarda e tradição. Lisboa: Publicações Europa-América
Popper, Karl R. (1987). O Realismo e o objectivo da ciência. Lisboa: Dom Quixote
Marinho, Maria de Fátima (1999). O romance histórico em Portugal. Porto: Campo das Letras
Lopes, Óscar (s.d.). Oliveira Martins e as contradições da Geração de 70. Porto: Biblioteca Fenianos
Taibo, Carlos (2010). Parecia não pisar o chão. Treze ensaios sobre as vidas de Fernando Pessoa. Santiago de Compostela: Através Edirora
Pimentel, F.J. Vieira (ed.) (2002). Presença : labor e destino de uma geração, 1927-1940: estudos e ensaios. Coimbra: Angelus Novus Editora
Pimentel, F. Vieira (1981). Tendências da estética finissecular. D. João da Câmara. Um caso exemplar. Ponta Delgada: Universidade dos Açores
Cruz, L. (1971). Viragem do romance português. Paris: Fundação Calouste Gulbenkian

Lecturas obrigatorias (cada alumno/a escollerá dúas obras para recensionar):

1) Alexandre Herculano: Eurico o presbítero
2) Almeida Garret: Viagens na minha terra
3) Camilo Castelo Branco: A brasileira de Prazins
4) Eça de Queirós: O Mandarim
5) João da Câmara: Alcácer Quibir
6) Fernando Pessoa: Antologia Poética
7) You are welcome to Elsinore: poesía surrealista portuguesa, antologia (Perfecto E. Cuadrado, ed.: Compostela, Laiovento, 1996)
8) José Saramago: A Jangada de Pedra
9) Sophia de Mello Breyner: Obra poética

10) Dossier con unha Antologia de textos disponibilizada polo profesor no início das sesións (non é obxecto de recensión).

Bibliografía complementaria Torres Feijó, Elias J. (2003). "Introducción", in La brasileña de Prazins. Madrid: Cátedra
(). Agália. Revista de Estudos na Cultura. http://www.agalia.net
(). Arquivo Pessoa. http://arquivopessoa.net
Castro, A. (1960). Balzac em Portugal. Coimbra
Silva, Manuela Parreira da (ed.) (2001). Cartas de Mário de Sá-Carneiro a Fernando Pessoa. Lisboa: Assírio & Alvim
Martines, Enrico (ed.) (1998). Cartas entre Fernando Pessoa e os directores da presença. Lisboa: IN-CM
(). Casa Fernando Pessoa. http://casafernandopessoa.cm-lisboa.pt/index.php?id=2233
(). Colóquio/ Letras. Lisboa: Fundação Calouste Gulbenkian
(). Correntes d'Escritas. Revista de Cultura Literária de Póvoa de Varzim.
(). Dicionário Histórico de Portugal. http://arqnet.pt/dicionario/
Hourcade, P. (1963). Guerra Junqueiro et le problème des influences françaises en son oeuvre. Paris
(). Jornal de Letras, Artes e Ideias. http://visao.sapo.pt/JL
(). Literatura portuguesa (Instituto Camões). http://cvc.instituto-camoes.pt/conhecer/bases-tematicas/literatura-portuguesa.html
(). Projecto Vercial. http://alfarrabio.di.uminho.pt/vercial/index.html
Guimarães, Fernando (ed.) (2001). Simbolismo, saudosismo e modernismo antologia de poesía portuguesa. Lisboa: Quase
Monteiro, João César (1969). Sophia de Mello Breyner Andersen. http://www.youtube.com/watch?v=3JA7lxeovVY


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Lingua e Cultura dos Países de Fala Portuguesa/613G02027
Literaturas de Lingua Portuguesa/613G02039
Poesía en Lingua Galega e Portuguesa/613G02043
Narrativa e Ensaio en Lingua Galega e Portuguesa/613G02046
Teatro en Lingua Galega e Portuguesa/613G02047

Materias que continúan o temario
Literatura Portuguesa 1/613G02026

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías