Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Construción 1 Código 630G01010
Titulación
Grao en Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Construcións Arquitectónicas
Coordinación
Souto Garcia, Valentin Balbino
Correo electrónico
valentin.souto@udc.es
Profesorado
Carreira Montes, Jose Angel
Fernandez Cobian, Esteban
Seoane Gonzalez, Jose Carlos
Souto Garcia, Valentin Balbino
Correo electrónico
jcmontes@udc.es
esteban.fcobian@udc.es
seoane@udc.es
valentin.souto@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende proporcionar ao alumno un marco de referencia no que poida situar e entender os distintos coñecementos que se lle comunicarán nas materias de Construción de cursos posteriores.
Noutras palabras, ao rematar o curso o alumno debería poder:
-Situar correctamente os contidos das materias da área de Construcións Arquitectónicas que lle serán impartidas ao longo dos seus estudos na Universidade.
-Recoñecer os materiais, os elementos e os sistemas construtivos, así como a súa características, cohesión e requirimentos xerais.
-Representar con precisión os elementos e sistemas construtivos. -Valorar a precisión, claridade e exactitude na disciplina da Construción.
-Dominar o vocabulario da Construción.
Todo iso conforme á normativa vixente.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 PROXECTO BÁSICO ARQUITECTÓNICO E URBANO: aptitude ou capacidade para aplicar os principios básicos formais, funcionais e técnicos á concepción e deseño de edificios e de conxuntos urbanos, definindo as súas características xerais e as prestacións que se acadan.
A2 PROXECTOS DE EXECUCIÓN: aptitude ou capacidade para elaborar proxectos integrais de execución de edificios e espazos urbanos en grao de definición suficiente para a súa completa posta en obra e equipamento de servizos e instalacións.
A3 DIRECCIÓN DE OBRAS: aptitude ou capacidade para dirixir obras de edificación e urbanización desenvolvendo proxectos, replanteando no terreo, aplicando os procedementos de construción adecuados e coordinando oficios e industrias.
A6 PROXECTO DE ESTRUTURAS: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar as solucións estruturais, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A8 PROXECTO DE OBRA ACABADA: aptitude ou capacidade para dimensionar, deseñar, programar e poñer en obra e integrar en edificios e conxuntos urbanos as solucións construtivas, encontros e remates dos sistemas de obra acabada, divisións interiores, carpintería, escaleiras e demais obra acabada, en conxunto e en detalle, así como para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A11 XESTIÓN DE NORMAS CONSTRUCTIVAS: aptitude ou capacidade para aplicar as normas de construción, de homologación, de protección, de mantemento, de seguridade e de cálculo nos proxectos integrados e na execución, tanto de obras de edificación como de espazos urbanos.
A17 PROXECTO DA CIMENTACIÓN: aptitude ou capacidade para concibir, deseñar, calcular, integrar en edificios e conxuntos urbanos e executar as solucións de cimentación, así como asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A27 PROXECTO DE OBRA GROSA: aptitude ou capacidade para dimensionar, deseñar, programar e poñer en obra e integrar en edificios e conxuntos urbanos as solucións construtivas, encontros e remates dos sistemas de obra grosa, pechamento, cuberta, e en detalle, e tamén para asesorar tecnicamente sobre estes aspectos.
A58 MATERIAIS DE COSNTRUCCIÓN: comprensión ou coñecemento das características físicas e químicas, os procedementos de fabricación e homologación, a análise patolóxica e as aplicacións e restricións de uso dos materiais empregados en obra estrutural, civil, grosa e acabada.
A59 SISTEMAS CONSTRUTIVOS CONVENCIONAIS: comprensión ou coñecemento das características físicas, os procedementos de fabricación e homologación, os tratamentos e acabados, a organización dimensional, os métodos de montaxe e a análise patolóxica dos compoñentes construtivos convencionais na obra estrutural, civil, grosa e acabada.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B8 Visión espacial.
B9 Creatividade.
B10 Sensibilidade estética.
B12 Toma de decisións.
B13 Imaxinación.
B14 Habilidade gráfica xeral.
B15 Capacidade de organización e planificación.
B16 Motivación pola calidade.
B18 Razoamento crítico.
B20 Sensibilidade cara a temas medioambientais.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A1
A2
A3
A6
A8
A11
A17
A27
A58
A59
B1
B2
B3
B6
B8
B9
B10
B12
B13
B14
B15
B16
B18
B20
C1
C3
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A arquitectura e a construción 1.1 Arquitectura e construción
1.2 O medio físico e os materiais
2. O edificio e a estrutura 2.1 Introdución á estrutura
2.2 O mundo da compresión
2.3 O mundo da tracción
2.4 O mundo da flexión
2.5 O formigón armado como material estrutural
2.6 O aceiro como material estrutural
2.7 Cimentacións e muros de contención
3. A envolvente 3.1 Anatomía dun edificio: elementos
3.2 Cerramentos verticais: fachadas
3.3 Cubertas inclinadas
3.4 Cubertas planas
4. Acondicionamento 4.1 Comunicacións verticais
4.2 Particións interiores
4.3 Revestimentos
4.4 As instalacións dun edificio

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 28 0 28
Obradoiro 1.5 60 61.5
Portafolios do alumno 25.5 0 25.5
Proba obxectiva 4 30 34
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento e explicación dos temas da materia por parte do profesor.
Obradoiro Realización non presencial de exercicios prácticos individuais.
Estes exercicios serán presentados e tutelados polos profesores na aula.
Portafolios do alumno Realización individual dun caderno de debuxos que recolla os sistemas construtivos estudados na materia.
Este caderno realizarase na aula.
Proba obxectiva Exame teórico-práctico no que o alumno deberá resolver de modo individual cuestións relativas aos temas tratados na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada desenvolverase durante as clases prácticas, nas cales os profesores asesorarán os alumnos sobre a evolución dos seus traballos en curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro A avaliación do taller só se realizará se o alumno presentou todas as prácticas do curso e obtivo en cada unha delas polo menos un 40% da máxima cualificación posible. 20
Portafolios do alumno A avaliación do portafolios do alumno só se realizará se este se presenta completo. 10
Proba obxectiva A puntuación de cada un dos exercicios teórico-prácticos estará indicada no enunciado da proba.
Para poder obter a media ponderada global, requirirase polo menos un 40% da máxima cualificación posible en esta proba.
65
Sesión maxistral Para obter esta cualificación, é obrigatoria a asistencia a un 80% das sesións maxistrais. 5
 
Observacións avaliación

Nas convocatorias extraordinarias, para poder efectuar a avaliación global da materia será necesario que o alumno presente todas as prácticas do Taller e o Portafolios completo, ademais de realizar a Proba obxectiva correspondente; nestes casos, as porcentaxes de cualificación dentro da nota final non variarán con respecto á convocatoria ordinaria.

Os alumnos que repitan a materia poderán ser eximidos de realizar determinados exercicios.


Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Madrid, J. y Esteban Fernández Cobián (1984/2008). Construcción 1. Apuntes (2 vol.). A Coruña: Reprografía del Noroeste

Bibliografía complementaria Souto García, V. (2011). 1055 preguntas sobre construcción arquitectónica. A Coruña: Reprografía del Noroeste
González Moreno-Navarro, J.L. y otros (1997). Claves del construir arquitectónico. Tomo 1. Principios. Barcelona: Gustavo Gili
Allen, E. (1997). Cómo funciona un edificio. Principios elementales. Barcelona: Gustavo Gili
Ching, F.D.K. (1997). Diccionario visual de arquitectura. Barcelona: Gustavo Gili
Gordon, J.E. (1999). Estructuras o por qué las cosas no se caen. Madrid: Celeste
Torroja Miret, E. (1996). Razón y ser de los tipos estructurales. Madrid: CSIC
Schmitt, H. (1998). Tratado de construcción. Barcelona: Gustavo Gili
Paricio Ansuategui, I. (1999). Vocabulario de arquitectura y construcción. Barcelona: Bisagra


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Construción 2/630G01020

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Física 1/630G01008

Materias que continúan o temario
Debuxo de Arquitectura/630G01002
Introdución á Arquitectura/630G01005

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías