Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer os fundamentos psicolóxicos, lingüísticos e sociais das diferentes capacidades comunicativo-lingüísticas. |
A2 |
Ser capaz de analizar os distintos contextos de escolarización para poder ofrecer diferentes respostas en función das distintas condicións persoais. |
A3 |
Ser capaz de avaliar a competencia curricular nas distintas áreas relacionadas coa comunicación. |
A4 |
Ser capaz de realizar unha avaliación precisa dos niveis de competencia persoal do alumnado naqueles ámbitos do seu desenvolvemento psicosocial que poidan estar na orixe das súas dificultades comunicativo lingüísticas. |
A5 |
Ser capaz de determinar as necesidades lingüístico-comunicativas dos distintos alumnos ou grupos de alumnos, definindo ámbitos de actuación prioritarios, así como o grao e a duración das intervencións a nivel comunicativo, as axudas e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe dos contidos. |
A6 |
Ser capaz de acometer, directa ou en colaboración co resto do profesorado, a planificación, o desenvolvemento e a avaliación dunha resposta educativa de calidade para o alumnado con dificultades comunicativo-lingüísticas. |
A8 |
Establecer os obxectivos e as etapas dos tratamentos educativos que aplica aos problemas relacionados coa comunicación e a linguaxe. |
A9 |
Aplicar os tratamentos educativos aos problemas da comunicación e da linguaxe cos métodos, as técnicas e os recursos mais eficaces e adecuados. |
A10 |
Ser capaz de promover o desenvolvemento e a aprendizaxe ao longo dos períodos da educación infantil e primaria. |
A12 |
Promover, cooperar e colaborar eficaz e activamente cos equipos de apoio do centro e da comunidade, especialmente cos departamentos ou cos equipos de orientación. |
A13 |
Deseñar, no marco da programación didáctica establecida para o conxunto dos nenos e das nenas do centro, planos de traballo individualizados. |
A14 |
Ser capaz de facer un seguimento dos planos de traballo individualizado ao introducir axustes progresivos nos obxectivos da intervención e ao adecuar os métodos e pautas que se seguirán. |
A16 |
Mostrar unha actitude de valoración e de respecto á diversidade do alumnado, calquera que foren as condicións deste, e promover esa mesma actitude entre aqueles con quen se traballar máis directamente. |
A17 |
Participar eficazmente en procesos de mellora escolar dirixidos a introducir innovacións que promovan unha mellor resposta educativa á diversidade do alumnado. |
A18 |
Procurar información acerca de recursos existentes na comunidade que poidan actuar como apoios indirectos á tarefa educativa. |
A19 |
Traballar colaboradora e cooperativamente co resto do profesorado, cos servizos psicopedagóxicos e de orientación familiar, e promover a mellor resposta educativa posible para cada caso. |
A20 |
Capacidade para comprender a complexidade dos procesos educativos en xeral e dos procesos de ensino-aprendizaxe en particular (fins e funcións da educación e do sistema educativo, teorías do desenvolvemento e da aprendizaxe, o contorno cultural e social e o ámbito institucional e organizativo da escola, o deseño e os desenvolvemento do currículo, o rol docente...). |
A22 |
Capacidade para recoñecer e respectar a diversidade e a multiculturalidade. |
A24 |
Capacidade para deseñar e desenvolver proxectos educativos e unidades de programación que permitan adaptar o currículo ao contexto sociocultural. |
A25 |
Capacidade para desenvolver estratexias que promovan a aprendizaxe autónoma e cooperativa do alumnado. |
A27 |
Capacidade para preparar, seleccionar, construír e utilizar materiais didácticos específicos, incorporando adecuadamente as tecnoloxías da información e da comunicación. |
A28 |
Capacidade para utilizar a avaliación como elemento regulador e promotor da mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe e da propia formación. |
A29 |
Capacidade para realizar actividades educativas de apoio no marco dunha educación inclusiva. |
A30 |
Capacidade para desempeñar a función titorial, orientar os alumnos e os pais e coordinar a acción educativa referida ao seu grupo de alumnos. |
A32 |
Capacidade de relación, comunicación, colaboración e cooperación cos distintos sectores da comunidade educativa. |
A34 |
Ter unha imaxe realista de si mesmo, asumir responsabilidades e tomar decisións fundamentadas. |
A36 |
Compromiso de potenciar o rendemento académico dos alumnos e o seu progreso escolar, no marco dunha educación integral. |
A37 |
Capacidade para asumir a necesidade de desenvolvemento profesional continuo, mediante a reflexión sobre a propia práctica. |
B2 |
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B8 |
Adaptación ás novas situacións. |
B9 |
Autonomía na aprendizaxe. |
B10 |
Capacidade de análise e de síntese. |
B11 |
Capacidade da procura e do manexo de información. |
B12 |
Capacidade de organización e planificación. |
B15 |
Capacidade para entender a calidade como un proceso de mellora continua, empregando indicadores para avaliar o seu progreso e os seus resultados. |
B16 |
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. |
B17 |
Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos. |
B18 |
Capacidade para se relacionar positivamente con outras persoas. |
B23 |
Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
B25 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |