Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Ensino do corpo humano e de hábitos saudables Código 652G01032
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Profesorado
Bugallo Rodríguez, Ánxela
Correo electrónico
anxela.bugallo@udc.es
Web
Descrición xeral Con esta materia preténdese abordar a estreita relación entre a saúde e o coñecemento científico.
Trátase de coñecer os contidos básicos de carácter científico sobre o corpo humano e a saúde, identificando os factores que inflúen na súa mellora ou deterioro. Ademais, os coñecementos científicos achegaran argumentos para coñecer a responsabilidade individual e colectiva na adopción de hábitos de vida saudábeis, e para mellorar a toma de decisións sobre temas relativos ao noso corpo e ao medio no que nos desenvolvemos.
Tamén abordaremos o papel que debe xogar a escola no desenvolvemento deses hábitos saudábeis e na xeración de actitudes positivas cara a súa inclusión na Educación Infantil, valorando a importancia deste tema na formación integral dos escolares.
Finalmente pularase pola reflexión e o debate sobre as ideas, crenzas, hábitos e conductas relativas á saúde, tanto a nivel persoal como comunitario, para así consolidar e comprender a base científica das máis saudábeis e rexeitar as que inflúen negativamente na saúde. Desenvolveremos actividades basadas no traballo autónomo e en equipo, co obxectivo de potenciar os procesos de metacognición, a aprendizaxe entre iguais e o traballo cooperativo.



Competencias do título
Código Competencias da titulación
A15 Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables.
A18 Detectar carencias afectivas, alimenticias e de benestar que perturben o desenvolvemento físico e psíquico adecuado dos estudantes.
A32 Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
A33 Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
A36 Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
A39 Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sustentable.
B2 Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B10 Capacidade de análise e síntese.
B11 Capacidade de busca e manexo de información.
B12 Capacidade de organización e planificación.
B16 Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes.
B17 Capacidade para presentar, defender e debater ideas utilizando argumentos sólidos.
B18 Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e valorar a evolución científica e tecnolóxica no coñecemento do funcionamento do corpo humano e o estudo da saúde A15
A33
A36
B2
B5
B12
B16
B18
C1
C3
C4
Ser capaz de coñecer as bases científicas que explican os comportamentos saudábeis, potenciando nos estudantes unha actitude crítica e responsábel fronte a hábitos non saudábeis. A15
A18
A32
B2
B5
B18
C1
C4
Coñecer e valorar os factores persoais e socio-ambientais que inflúen na saúde do ser humano, comprendendo a relación entre a nosa especie e o medio no que habita, e a importancia das decisións tomadas sobre nós mesmos e o noso ambiente. A15
A18
A32
A39
B2
B5
B12
B18
C3
C4
Elaborar propostas didácticas que promovan o coñecemento sobre a saúde e o desenvolvemento de hábitos saudábeis, empregando unha metodoloxía científica. A15
A18
A36
A39
B2
B10
B11
B12
B17
C1
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
-O corpo humano: unha perspectiva sistémica - Niveis de organización.
- Estrutura e funcionamento de forma integrada do corpo humano.
- O ser humano e a saúde. factores persoais, ambientais e sociais que inflúen na saúde - Concepto de saúde.
- Determinantes da saúde: Bioloxía humana, Medio socioambiental, Estilos de vida e Sistema sanitario

- Prevención. Hábitos saudábeis e Medicina Preventiva. - Educación para a saúde
- A prevención. Cartilla de vacinación. Infeccións víricas e infeccións bacterianas.
- Bases científicas da calificación de hábito saudábel
- Estilos de vida saudábeis e non saudábeis. Hixiene e saúde. Alimentación e saúde. Medio ambiente e saúde. O consumo e a saúde.
- Deseño de estratexias e actividades para promover a saúde na aula - A Educación para a Saúde no currículo
- Modelos, estratexias, tipos de actividades, recursos e avaliación na Educación para a Saúde
- Exemplos de análises científicos e didácticos de núcleos temáticos

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral 3 15 18
Lecturas 2 4 6
Aprendizaxe colaborativa 3 6 9
Traballos tutelados 3 30 33
Proba mixta 2 30 32
Sesión maxistral 13 0 13
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Exposición oral de los trabajos realizados individualmente
Lecturas Lecturas obrigadas e/ou voluntarias de libros e artigos
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe orientados de forma presencial con soporte de tecnoloxías da información e da comunicación, baseados na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente naresolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe colaborar na do resto de membros do grupo.
Traballos tutelados Metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudiantes a nivel individual, baixo a tutela do profesor, en escenarios variados.
Proba mixta Proba escrita que integra preguntas abertas de semidesenvolvemento sobre os contidos da materia
Sesión maxistral Exposición oral con apoio de material audiovisual e enunciando cuestións que promovan a participación do alumnado e faciliten a aprendizaxe

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
Asistencia a titorias para explicar o traballo a realizar, orientar sobre a documentación e bibliografía e coñecer as pautas para a súa exposición oral.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da calificación indicada e entregar as tarefas nas datas indicadas. 20
Presentación oral Valorarase a exposición oral realizada con axuda das TIC do traballo titelado elaborado. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 10
Proba mixta Valoraranse os resultados obtidos nunha proba escrita que integrará preguntas abertas de semidesenvolvemento. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada.
50
Traballos tutelados Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 20
 
Observacións avaliación

Nota. No
caso de que non se asista ao 80% das sesións, o alumno/a terá
necesariamente que realizar, ademais da proba mixta e os traballos titelados, un exame final práctico.


Fontes de información
Bibliografía básica

Agencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición (AESAN) (2010). La alimentación de tus niños y niñas. Nutrición saludable de la infancia a la adolescencia. Madrid, Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad.

Banet, E. (2008). Obstáculos y alternativas para que los estudiantes de secundaria comprendan los procesos de nutrición humana. Alambique, nº 58, pp. 34-55.

Barberá, O.; Sendra, C. (2011). "La Biología y el mundo del siglo XXI" en Cañal, P. (coord.). Biología y Geología. Complementos de formación disciplinar. Barcelona, Graó.

Cañal, P. (2008). El cuerpo humano: una perspectiva sistémica. Alambique, nº 58, pp. 8-22.

Colección material didáctico: La alimentación. (1992). Xunta de Galicia. Ministerio de Sanidad y Consumo. Instituto Nacional del Consumo.

Colección material didáctico: El ocio. (1992). Xunta de Galicia. Ministerio de Sanidad y Consumo. Instituto Nacional del Consumo.

Consellería de Sanidade. Dirección Xeral de Consumo. (1989). Cuadernos de consumo. Nutrición e Consumo. (1989). Xunta de Galicia.

Cubero, J.; Cañada, F.; Costillo, E.; Calderón, M.A.; Ruiz, C. (2012). Análisis de concepciones alternativas, en libros de texto para los conceptos de Aparato y Sistema en Anatomía y Fisiología.I Simposio Internacional de Enseñanza de las Ciencias (I SIEC2012), Vigo, 11-16 de xuño de 2012.  http://www.simposio.ziblec.com/

Curtis, H. y Barnes, N.S. (1993). Invitación a la Biología. Médica Panamérica. Madrid

Curriculo de educación infantil en la Comunidad Autónoma de Galicia. D.O.G., 23 de junio de 2009

García-Camba, E. (2001). Avances en trastornos de la conducta alimentaria. Anorexia nerviosa, bulimia nerviosa, obesidad. Masson. Barcelona.

Grande Covián, F(1988). Nutrición y Salud. Temas de hoy.Madrid.

Ituarte, Mª Angeles. (2006). Hablemos de sexualidad con los niños.Eduforma. Sevilla.

Mellado, V. (2011) "Formación del profesorado de ciencias y buenas prácticas: el lugar de la innovación y la investigación didáctica" en Cañal, P. (coord.). Biología y Geología. Complementos de formación disciplinar. Barcelona, Graó.

Nieda, J. Educación para la salud. (1992). Educación sexual. MEC. Madrid.

Monografía: Educación para la Salud. (1996). Alambique, 9

Pujol, R.M.(1996). La formación del consumidor en la escuela. ICE. Horsori. Barcelona.

Rocha Cardoso, C.; Marques Bergamaschi, E.M. (2012). Promoçao da qualidade de vida na Educaçao Infantil a partir de prácticas lúdicas sobre doenças microbianas. I Simposio Internacional de Enseñanza de las Ciencias (I SIEC2012), Vigo, 11-16 de xuño de 2012. http://www.simposio.ziblec.com/

Rodríguez Tadeo, L. (2010) Educación para la salud. Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Las Palmas de gran Canaria.

Sáinz y otros. (2002). Educación para la salud: la alimentación y la nutrición en la edad escolar. Publicaciones CEAPA. Madríd.

Tamayo Alzate, O.E.; Orrego Cardozo, M.; López Rua, A.M. (2012). Modelos de inmunología en estudiantes universitarios. I Simposio Internacional de Enseñanza de las Ciencias (I SIEC2012), Vigo, 11-16 de xuño de 2012.  http://www.simposio.ziblec.com/

Vaquero, P. (2008). Genética, Nutrición y Enfermedad. Madrid, Instituto Tomás Pascual Sanz-Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

Vincent, P., (1981). El cuerpo humano. Reverté. Barcelona.

VV.AA. (1986). Orientaciones y programas. Educación para la salud en la escuela. Generaldtad de Cataluña. Ministerio de Sanidad y Consumo.

VV.AA. (1992). A experiencia de educar para a saúde na escola. Xunta de Galicia. Tórculo.

Bibliografía complementaria

Recursos web:

www. adeps.org/ (Asociación de Educación para la salud)

www. aeped.es/  (Asociación española de pediatria)

www.who.int/es/ (Organización mundial de la salud)

educacionparalasalud.com/



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías