Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Atención temperá Código 652G01033
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Coordinación
Santorum Paz, Maria Rosa
Correo electrónico
rosa.santorump@udc.es
Profesorado
Santorum Paz, Maria Rosa
Correo electrónico
rosa.santorump@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento das persoas depende da estimulación temperá que se proporciona ao longo dos primeiros anos de vida dado que o que ocorre no primeiro período da infancia é importante para as etapas posteriores; por isto para lograr o máximo desenvolvemento e a integración escolar e social de todas as criaturas, con ou sen dificultades, débese optar por unha intervención de carácter interdisciplinar e preventiva que atenda de maneira global as súas necesidades. Así, a atención temperá supón ir sentando as bases do desenvolvemento procurando o aproveitamento ao máximo de todas as capacidades, para a mellora do proceso de aprendizaxe.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
A2 Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6.
A3 Coñecer os fundamentos de atención temperá.
A4 Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas.
A7 Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención.
A29 Valorar a importancia do traballo en equipo.
B1 Aprender a aprender.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor.
B9 Autonomía na aprendizaxe.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. A1
Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6 A2
Coñecer os fundamentos de atención temperá A3
Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, psicomotoras, comunicativas, sociais, afectivas A4
Identificar dificultades de aprendizaxe, disfuncións cognitivas e as relacionadas coa atención A7
Valorar a importancia do traballo en equipo A29
Aprender a aprender B1
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor B4
Autonomía na aprendizaxe B9
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida C3
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. C8

Contidos
Temas Subtemas
1. A Atención Temperá: conceptualización, niveis e marco legal. 1. Bases conceptuais e principios básicos da Atención Temperá.
2. Modelos explicativos do desenvolvemento
3. Ámbitos ou niveis de Intervención.
4. Servizos e axentes de actuación
2. A Atención Temperá e a prevención desde o ámbito da educación infantil: mellorando o perfil evolutivo das nenas e nenos. 1. A Atención Temperá desde o ámbito educativo.
2. O papel dos servizos educativos no LBAT.
3. Necesidades educativas especiais ou barreiras para a presenza, a aprendizaxe e a participación.
4. A prevención de dificultades na escola infantil.
5. Modificacións curriculares e apoios á participación e a aprendizaxe.
3. Familia e Atención Temperá 1. O sistema familiar como contexto de desenvolvemento e aprendizaxe.
2. O sistema familiar e reaccións ante a discapacidade.
3. Modelos teóricos de intervención centrados nas familias.
4. Intervención psicoeducativa centrada no contexto familiar ou no fortalecemento da familia.
5. Relación entre a familia e a escola
4. A avaliación en Atención Temperá para a análise e seguimento do desenvolvemento infantil. 1. Avaliar para optimizar o benestar infantil e familiar.
2. Instrumentos e técnicas básicas para a avaliación, a reflexión e a innovación educativa.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 5 0 5
Sesión maxistral 12 0 12
Aprendizaxe colaborativa 12 21.5 33.5
Recensión bilbiográfica 0 6 6
Presentación oral 3 6 9
Traballos tutelados 0 23 23
Proba mixta 0 0 0
Portafolios do alumno 0 24 24
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para obter información relevante que permita articular a docencia a fin de favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir os contidos da materia e facilitar a construción da aprendizaxe.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Recensión bilbiográfica Lectura individual de documentos e análise e valoración crítica, de forma colaborativa, do seu contido.
Presentación oral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, por parte dos grupos de traballo sobre algún dos contidos da materia para optimizar a aprendizaxe individual e do grupo-clase.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela da profesora en escenarios diferentes ao da aula.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de recordo libre e de recoñecemento sobre os contidos teórico-prácticos de cada un dos temas.
Portafolios do alumno Esta carpeta inclúe todo o traballo do grupo ao longo do curso (recensión, esquemas, actividades iniciais, aprendizaxe colaborativa, tarefas desenvolvidas,..)

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Portafolios do alumno
Descrición
A atención personalizada realizarase tanto no escenario da aula como en titorías. Consistirá en guiar e tutelar o proceso da aprendizaxe dos grupos de traballo nas distintas actividades de tipo teórico e práctico e na elaboración dos informes pertinentes. Todo isto se fará coa finalidade de facilitar que o alumnado comprenda significativamente a información, a integre na súa estrutura de coñecementos e se implique activamente.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de infantil e elaborar informes/artigos en base aos datos obtidos. Estes traballos faranse en grupos de catro persoas. 10
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos que consiste na realización de actividades, a facer na aula e fóra dela, dos contidos da materia 0
Presentación oral 20
Portafolios do alumno É unha carpeta de cada grupo de traballo que conten as actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado da materia. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativa, traballos tutelados e análise de fontes documentais será o material que se contemple na avaliación 70
 
Observacións avaliación

1ª CONVOCATORIA.

Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúas
modalidades de seguir a materia de “Atención Temperá” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade
A: Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final 


Modalidade A:
Avaliación Continua.
Nesta modalidade levarase a cabo unha avaliación de tipo procesual
consistente na realización dunha serie de actividades e prácticas dos contidos da materia realizadas en grupo co seguimento periódico das mesmas. Por
tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das
horas presenciais, é dicir, só se poderá faltar un máximo de 4 módulos
no cuadrimestre, en caso contrario deberase optar pola modalidade B),
sendo imprescindíbel ademais a participación activa e
continuada por parte do alumnado no grupo de traballo na aula (no caso
de non ser así contabilizarase como unha ausencia). Esta avaliación
levarase a cabo a partir de:

a) as achegas do grupo de
estudantes que serán presentadas nun dossier ou carpeta de traballo
que incluirá as actividades-prácticas do grupo. Para superar
satisfactoriamente a materia será necesario realizar todas as
actividades e prácticas propostas e participar no
traballo non presencial como mínimo nun 85% das horas realizadas. Isto
suporá como máximo un 70% da cualificación.

b) a exposición oral sobre os contidos
teórico-prácticos da materia a determinar no grupo clase. Isto representa como máximo un 20% da
cualificación.

c) síntese-esquema ou mapa conceptual dos contidos de cada un dos temas presentados. (10% da cualificación)


Modalidade B: Avaliación Final.
Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a
nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidos teórico-prácticos da materia. A data para esta
proba será a fixada polo Centro.

OUTRAS CONVOCATORIAS:
Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B anterior, isto é
proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do curso académico correspondente.


Fontes de información
Bibliografía básica Silva Salinas, S. (2004). Atención a la diversidad en educación infantil. Necesidades educativas: Guía de actuación para docentes.. Vigo: Ideaspropias
Sánchez Asín, A. (2001). Atención temperá : núcleos fundamentais para a intervención. . Revista galega do ensino, 32, 151-168
Vidal Lucena, M. (1990). Atención temprana: guía práctica para la estimulación del niño de 0 a 3 años.. Madrid: Ciencias de la educación preescolar y Especial, D.L.
Paniagua, G. y Palacios, J. (2005). Educación infantil: respuesta educativa a la diversidad. . Madrid: Alianza
Empson, J.M., Nabuzoka, D. e Hamilton, D. (2006). El desarrollo atípico infantil: problemas emocionales y conductuales, maltrato infantil, problemas de aprendizaje.. Barcelona: CEAC
Bonilla Morales, E. (2008). El principito en el reino perdido: una experiencia en atención temprana. . Fundación Alpe Acondroplasia
Mallebrera Quiles, C. (2008). Juego, juguetes y atención temprana : pautas para el diseño de juguetes útiles en la terapia psicopedagógica.. Asociación Investigación Industria del Juguete
Maraví Artieda, P. e Elcarte Elcarte, M. P. (2006). La atención temprana: la aventura de ayudar a crecer.. Idea: la revista del Consejo Escolar de Navarra, 22
Gutiez Cuevas, P. (1995). La educación infantil. Modelos de atención a la infancia.. Revista Complutense de Educación, 6 (1), 101-113
López Sánchez, F. (Coord.) (2007). La escuela infantil: observatorio privilegiado de las desigualdades. . Barcelona: Graó
Medrano, G. (1997). La observación sistemática en contextos educativos como medio de formación del maestro de educación infantil.. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 1 (0), 1-6
Croll, P. (2000). La observación sistemática en el aula.. Madrid: La Muralla
Regidor, R. (2003). Las capacidades del niño. Guía de estimulación temprana de 0 a 8 años.. Madrid: Palabra
Grupo de Atención Temprana (2000). Libro Branco da Atención Temperá.. Madrid: R. Patronato de Prevención y de Atención a Personas con Minusvalía
David, M. e Appell, G. (2010). Lóczy, una insólita atención persoal.. Barcelona: Octaedro
Pikler, E. (2004). Moverse en libertad.. Madrid: Narcea
López Sánchez, F. (2008). Necesidades en la infancia y en la adolescencia. Respuesta familiar, escolar y social. . Madrid: Pirámide
Padilla, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa.. Madrid: Editorial CCS.
Alpi L. (2003). Adaptación a la escuela infantil: niños, familias y educadores al comenzar la escuela.. Madrid: Narcea.
Aranda, R. E. (Coord.) (2008). Atención temprana en educación infantil. Madrid: Wolters Kluwer
Díaz Quintero, M.M. (2008). Atención temprana y desarrollo infantil. Almería: Asociación Procompal de Profesores Comprometidos con Almería
Perpiñán Guerras, S. (2009). Atención temprana y familia: cómo intervenir creando entornos competentes.. Madrid: Narcea
Candel, I. (1998). Atención temprana. Aspectos teóricos y delimitaciones conceptuales. Revista de Atención Temprana, 1, 9-15.
Millá M.G., e Mulas, F. (Drs.). (2005). Atención Temprana. Desarrollo infantil, diagnóstico, trastornos e intervención.. Valencia: Promolibro.
Gutiez Cuevas, P. (Ed.) (2005). Atención temprana. Prevención, detección e intervención en el desarrollo (0-6 años) y sus alteraciones.. Madrid: Editorial Complutense
Sánchez Asín, A. (1997). Atención temprana. Programa (0-3 años). . Barcelona: Cedecs
García Sánchez, F. A. (2002). Atención temprana: elementos para el desarrollo de un modelo integral. . Bordón, 54 (1), 39-52
Albaladejo, M. (2010). Cómo decirlo. Entrevistas eficaces en el ámbito educativo.. Barcelona: Graó
Gervilla Castillo, M.A. (2006). Didáctica básica de la educación infantil: Conocer y comprender a los más pequeños. . Madrid: Narcea
Asociación Galega de Atención Temperá -AGAT (2005). Documento Marco. Unha proposta aberta para a mellora da Atención Temperá. Asociación Galega de Atención Temperá -AGAT
Juan-Vera, M. J. e Pérez-López, J. (2009). El funcionamiento de un Centro de Desarrollo Infantil y Atención Temprana . Revista interuniversitaria de formación del profesorado, 65, 21-38
Candel, I. (2005). Elaboración de un programa de atención temprana.. Revista de Investigación Psicoeducativa, 3 (3), 14-40.
Godall Castell, T. (2010). Emmi Pikler : la competencia motriz del bebé es posible cuando cambia la mirada del adulto.. Aula de infantil, 53, 5-8
García Sánchez, F. (1998). Ficha individual de seguimiento para atención temprana: manual guía. Murcia: Federación Murciana de Asociaciones Pro Deficientes Mentales
Pérez Sánchez, M.I. e Lorenzo Rivero, M.J. (2001). IDAT. Inventario de Desarrollo Atención Temprana. Salamanca: Amarú
Serrano, A. M. (2005). Inteligencias múltiples y estimulación temprana: guía para educadores, padres y maestros.. México: Trillas-Eduforma
Gómez Artiga, A., Viguer Seguí, P. e Cantero López, M.J. (Coords.) (2003). Intervención temprana. Desarrollo óptimo de 0 a 6 años.. Madrid: Pirámide.
López Recacha, J. A. (2008). La atención temprana: modelo integrador en el ámbito escolar.. Almería: Corintia
Herrero, M.L. (1997). La importancia de la observación en el proceso educativo. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado,1 (0), 1-4
Falk, J. (Ed.) (2008). Lóczy, educación infantil. . Barcelona: Octaedro
Pérez-López, J. e Brito, A. (Coords) (2004). Manual de Atención Temprana.. Madrid: Pirámide
Clemente Fuentes, J.M. e Sáez Nieto, J.M. (2005). Modelo de evaluación para la Educación Infantil.. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia, Instituto Nacional de Evaluación y Calidad del Sistema Ed
Golombok, S. (2006). Modelos de familia. ¿Qué es lo que de verdad cuenta?. . Barcelona: Graó
Viguer Seguí, P. (2003). Optimización evolutiva: fundamentos del desarrollo óptimo. . Madrid, Pirámide
VVAA (1994). Pautas y registros de observación y evaluación. Primer ciclo de educación infanti.. Barcelona:Graó
Valcarce García, A. (2008). Políticas Públicas para la Atención Temprana de la Infancia 0-6 años.. Revista de educación, 347, 141-153
García Sánchez, F. A. (2002). Reflexiones acerca del futuro de la atención temprana desde un modelo integral de intervención. Siglo cero, 33 (2), 200, 5-14
Cabanellas, I. et al. (2007). Ritmos infantiles: tejidos de un paisaje interior. Barcelona: Octaedro
Méndez Zaballos, L. (2000). Tres eran tres : la escuela infantil, la familia y el equipo de atención temprana. . Aula de innovación educativa, 95, 18-21
Sánchez Caravaca, J. (2000). Un programa de prevención y atención temprana desde la Administración educativa.. Revista de Atención Temprana, 3 (1), 29-36.
Altimir, D. (2010). ¿Cómo escuchar a la infancia?. Barcelona: Octaedro

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías