Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Familiarizarase coas das diversas tradicións intelectuais e políticas da Educación Inclusiva, Educación Multicultural, Educación Intercultural e os Estudos Culturais, e os aspectos máis relevantes destes campos de investigación para a etapa de Educación Primaria, ao entrar en contacto coas fontes bibliográficas, audiovisuais e informativas fundamentais no ámbito da Educación Inclusiva e Multicultural.
|
A5 A6 A8 A10 A11 A13 A14 A15 A23 A28 A29 A34 A35 A37
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B11 B19 B20
|
C3 C4 C6 C8
|
Situará estas tradicións na evolución das concepcións e das políticas históricas da mestizaxe, da contaminacións transculturais, por unha banda, e por outra banda, o peche cultural e as resistencias da comunidades e dos individuos á comprensión do “outro”, do “descoñecido”, “do que non é propio”, que pode conlevar a actitudes exclusivas (racismo, etnocentrismo, imposicións lingüística, xenofobia, sexismo, a homofobia, extremismos políticos e/ou relixiosos, etc) e outras expresións de discriminación, opresión e marxinación…. |
A1 A2 A6 A9 A15 A18
|
B1 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B15 B16 B18
|
C4 C6
|
Afondar na importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Primaria, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro, as "virtudes comunicativas", e a organización pacífica e xusta da sociedade multicultural, entre outros valores e aspectos que atinxen á xustiza intercultural e a solidariedade. |
A3 A5 A9 A11 A14 A22 A23
|
B1 B3 B16 B17
|
C4 C7 C8
|
Comprenderá que a Educación Inclusiva e Multicultural supón un corpo de coñecementos inacabados, mutables, e continuamente negociados, non un paradigma pechado ou monolítico, polo que debe derivar no desenvolvemento dun xuízo (ou disposición) profesional flexíbel e crítico. |
A9 A10 A23 A65 A66 A68
|
B3 B5 B6 B8 B9 B16 B17 B18
|
C4 C5 C7 C8
|
Apreciará a importancia tanto profesional como social dos aspectos ético-axiolóxicos da Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Primaria, ao desenvolver actitudes á vez críticas e solidarias fronte á diversidade humana nas comunidades educativas, e ao adquirir e fomentar valores tanto universais como particulares relacionados con: a empatía, o respecto, a dignidade humana e os dereitos humanos, o apoio mutuo, a reciprocidade, a colaboración, a inclusión dos excluídos, a participación igualitaria e democráticas na vida pública do centro, as "virtudes comunicativas", e a organización pacífica e xusta da sociedade multicultural, entre outros valores e aspectos que atinxen á xustiza intercultural e a solidariedade. |
A64 A65 A66 A68
|
B1 B14 B15 B16 B17 B19
|
C3 C4 C7 C8
|
Comprender, analizar e avaliar os principais contidos, recursos, estratexias e ámbitos de intervención abordados desde a Educación Inclusiva e Multicultural: contidos culturalmente inclusivos e interculturais, a organización democrática da aula e do centro, a inclusión e promoción das perspectivas e voces minoritarias e/ou desfavorecidas socialmente, a análise crítica dos documentos e medios de comunicación-aprendizaxe, a mediación e resolución pacífica de conflitos, a aprendizaxe cooperativa e os xogos cooperativos, a globalización do curriculum, a colaboración intersectorial, o poder do desenvolvemento tecnolóxico para a aprendizaxe intcultural e a conectividade, etc. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A14 A15 A16 A17 A21 A60 A61 A62 A63 A64 A65 A66 A68
|
B1 B5 B7 B9 B14 B15
|
C8
|
Iniciarse na aplicación dos coñecementos pedagóxicos, na planificación, na posta en práctica das principais estratexias e recursos didácticos (curriculares, metodolóxicos, organizativos e dinamizadores) desenvolvidos desde a Educación Inclusiva e Multicultural para a etapa de Educación Primaria. |
A5 A6 A17
|
B3 B5 B17 B18 B19
|
C4 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A DIVERSIDADE CULTURAL E FUNCIONAL NAS SOCIEDADES CONTEMPORÁNEAS E A SÚA RELEVANCIA PARA A EDUCACIÓN EN PRIMARIA |
1.1. Manifestacións da diversidade cultural e funcional, e o seu papel nos estados democráticos e os seus sistemas educativos. Algúns conceptos relativos ás ideas ¡nclusivas e exclusivas desde parámetros históricos, sociolóxicos, económicos, antropolóxicos, políticos, filosóficos, lingüísticos, relixiosos, mediáticos e pedagóxicos.
1.2. O papel da Educación Primaria na configuración de valores a prol da liberdade, das convivencias equitativas, e do rexeitamento das discriminacións e das prácticas inxustas.
1.3. Algúns conceptos centrais a debate: globalización, diversidade cultural (lingüística, relixiosa, étnica, etc.), diversidade funcional (dis/capacidades), empoderamento, multiculturalidade/multiculturalismo, nacionalismo, interculturalidade/interculturalismo, pluralidade/pluralismo, bi/multilingüismo, cosmopolitanismo, convivencia, democracia, igualdade, equidade, liberdade, xustiza social, dereitos (humanos, civís, etc.), identidade, recoñecemento, inclusión, representación, participación, integración, reparto de bens, poder social relativo.
1.4. Dinámicas que ameazan a xustiza intercultural e a convivencia equitativa nas sociedades multiculturais: prexuizos, estereotipos, sesgos, distincións, racismos, xenofobia, e a súa interacción con outros procesos de discriminación, opresión, marxinación e exclusión que comezan nos primeiros anos de vida, como o sexismo, o clasismo, a homofobia, etc.
|
2. MARCOS CONCEPTUAIS PARA A CONCIACIÓN: ENTRE AS CARACTERÍSTICAS DA ETAPA EDUCATIVA DE PRIMARIA E OS MODELOS DE INTERVENCIÓN NA ESCOLA |
2.1. Epistemoloxía dos modelos: segundo as épocas, os colectivos de referencia, as zonas xeográficas de investigación, as disciplinas académicas de investigación e as ideoloxías subxacentes.
2.2. Antecedentes: o internacionalismo da UNESCO, os movimentos polos dereitos humanos e civís, a política compensatoria e a discriminación positiva.
2.3. O anti-racismo e a anti-discriminación.
2.4. As correntes de Educación Multicultural: pluralismo, asimilación, empoderamento, educación bilingüe, e influencias da Pedagoxía Crítica e da Educación Intercultural.
2.5. A interculturalidade: un reto ao marco multiculturalista.
2.6. O recente campo dos Estudos Culturais e a súa relación coa Pedagoxía Crítica, a Educación Multicultural Crítica e a Educación Intercultural e Inclusiva.
2.7. Visión global dos marcos conceptuais e legais da inclusión social e escolar (UNESCO, Constitución, LOE): converxencias e diverxencias.
2.8. Modelos de inclusión e exclusión social e escolar: percorrido da Educación Especial, do "mainstreaming" (integración), da Educación Compensatoria, e da Educación Inclusiva como actual resposta a unha "integración" moi deficiente do alumnado con discapacidade.
2.9. Máis alá da "inclusión: a convivencia multidireccional como proposta de futuro.
|
3. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE CULTURAL E FUNCIONAL NA POLÍTICA EDUCATIVA E NA SOCIEDADE |
3.1. Tratamento escolar e social do alumnado con NEE e NEAE e Colectivos que poden ser obxecto de exclusión social ou escolar: minorías étnicas, emigrantes, inmigrantes,
3.2. Colectivos de referencia: o alumnado composto por minorías étnicas (xitanidade), pobos con aspiracións nacionalistas (na Galiza, no País Basco e en Cataluña), emigrantes, inmigrantes, persoas con discapacidade, grupos maioritarios ou dominantes; os familiares do alumnado; o profesorado; outros axentes da institución escolar; axentes comunitarios.
3.3. Prácticas das institucións sociais e as familias no proceso de fornecer ou debilitar a inclusión social e escolar.
3.4. Políticas, programas e medios dirixidos á atención á diversidade humana nos primeiros anos de escolarización: medidas escolares (acollida, adaptación do curriculum, optatividade, etc.) e de formación do profesorado.
3.5. Situación actual da atención á diversidade na Educación Primaria.
3.6. Luces e sombras nas aproximacións actuais á atención á diversidade na Educación Infantil. |
4. ORGANZIACIÓN DO CENTRO E DAS PRÁCTICAS PEDAGÓXICAS PARA DAR RESPOSTAS A PROL DO DESENVOLVEMENTO DE ESCOLAS INCLUSIVAS |
4.1. Globalización do curriculum na Educación Primaria: formas interculturais e transversais de ensinanza, aprendizaxe, representación, inclusión, participación, integración e interrelación nos primeiros anos de escolaridade. O valor dos proxectos de aprendizaxe interdisciplinares e inter-idade, e doutros métodos para diversificar e maximizar o acceso ao curriculum oficial para colectivos con necesidades educativas ben diferentes entre si (falantes de linguas non designadas como vehiculares no ensino; cativos procedentes de ámbitos desfavorecidos; ou nenas e nenos con distintas discapacidades).
4.2. O valor da aprendizaxe cooperativa en grupos mixtos, como técnica esencial para o traballo desde a perspectiva da inclusión do alumnado con NEAE, levado a cabo desde parámetros da intervención interprofesional.
4.3. Organización da estrutura escolar de acordo cos principios da escola inclusiva: respostas dos órganos do centro escolar; o acercamento da escola ás familias; a colaboración intersectorial; e a democratización das estruturas organizativas, participativas e interactivas na escolarización temperá para desestabilizar a cultura escolar tradicionalmente competitiva, homoxeneizante e excluínte.
4.4. Experiencias e prácticas das escolas inclusivas.
4.5. Educar en valores como o respecto, a empatía, o apoio mutuo, a solidariedade, o saber escoitar, a igualdade, o reparto equitativo dos bens, o sentido da xustiza, a non-violencia, etc.
4.6. Fomentar a inclusión e o empoderamento do alumnado procendente de grupos minoritarios mediante o recoñecemento e a incorporación constantes das súas perspectivas, experiencias, capacidades e outros aspectos identitarios (p. ex. lingüísticos), sempre implicando ao alumnado maioritario nestes procesos. Medios didácticos efectivos para este fin.
4.7. Claves para unha formación intercultural, inclusiva e anti-discriminación do profesorado, e o valor da colaboración inter-profesional (entre sectores de profesorado e outros axentes). |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
21 |
0 |
21 |
Análise de fontes documentais |
3 |
25 |
28 |
Aprendizaxe colaborativa |
3 |
25 |
28 |
Estudo de casos |
3 |
10 |
13 |
Discusión dirixida |
3 |
0 |
3 |
Foro virtual |
1 |
2 |
3 |
Xogo de rol (role playing) |
2 |
0 |
2 |
Presentación oral |
1 |
5 |
6 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
3 |
25 |
28 |
Proba mixta |
2 |
15 |
17 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte da docente, e con apoio de recursos audiovisuais, de contidos relacionados co temario da materia. |
Análise de fontes documentais |
Lectura e análise da documentación seleccionada como obrigatoria para traballar a materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Consistirá en dinámicas de grupos variadas, que se empregarán nos debates, na análise das fontes realizada en grupo, nos traballos tutelados e na presentación oral. |
Estudo de casos |
Metodoloxía na que o suxeito é confrontado coa descrición dunha situación específica cun problema a ser entendida, valorada e determinada por un grupo de persoas a través dun proceso de discusión. O alumnado está perante un problema concreto que describe unha situación real de traballo, e debe ser capaz de analizar unha serie de eventos relativa a un determinado campo de coñecemento ou acción para acadar unha decisión fundamentada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Discusión dirixida |
Na clase debatirase sobre varios contidos estudiados e analizados, tomando como referencia diferentes tipos de fontes documentais. |
Foro virtual |
Posíbel utilización de distintas modalidades de comunicación virtual (Moodle, wikis, redes sociais, Internet, gravacións audiovisuais, etc.) para facilitar o traballo colaborativo, o debate e os procesos de deliberación en xeral. |
Xogo de rol (role playing) |
Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeies dentro de situacións conflictivas nas que intervieñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersonais, o comportamento, os valores e as atitudes. |
Presentación oral |
Exposición grupal dun guión do traballo de investigación, que terá lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Realización en pequeno grupo dun traballo escrito, seguindo as orientacións dadas na aula e presentación oral do guión do mesmo. Prazo provisional: entrégase o día do exame final. |
Proba mixta |
A proba mixta consistirá nun exame, sen material, composto por preguntas de resposta breve e preguntas de desenvolvemento. Pode requirirse, ademais, a realización dun esquema ou mapa conceptual. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
Presentación oral |
|
Descrición |
A atención personalizada aplícase ás dúas actividades á esquerda, e realízase principalmente dentro da aula de clase, mais tamén fóra durante as titorías. Concíbese como momentos de apoio que o profesorado ofrece a cada alumna ou alumno a título individual. Irase concretando a medida que se realizan as actividades da materia, en función das necesidades detectadas.
Aparte da atención personalizada, o profesorado apoiará ao alumnado de xeito colectivo nas actividades a seguir:
- Na análise colaborativa tanto das lecturas básicas como doutras lecturas repartidas en clase. Tamén se fará uso de distintos recursos impresos elaborados por diversas institucións e artigos de prensa.
- Nas sesións de deliberación coa participación do grupo-clase.
- Na investigación que as distintas equipas de alumnado irán elaborando ao longo da materia, que terá como bases fundamentais: a pesquisa na que empregar fontes documentais en diversos formatos; o estudo de casos; e a recollida de información procedente de distintos entornos sociais e educativos.
- Na reflexión colectiva e individual, que será complementaria coa información recollida nas fontes científicas.
- Na idea de "practicar o que se predica": o alumnado traballará a maior parte do tempo en pequenos grupos, e cada grupo reflexionará sobre o reparto de tarefas e roles, e sobre os esforzos solidarios e cooperativos feitos dentro do grupo de cara a fomentar o apoio mutuo.
- No traballo cooperativo nos pequenos grupos, que se levará a cabo tanto dentro como fóra da aula.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
-------------------------------------------------
O traballo de investigación grupal terá como prazo de entrega o día do exame final (data provisional).
Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir:
• Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%).
• Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%).
-------------------------------------------------
|
40 |
Presentación oral |
Na presentación participarán todos os membros do grupo.
Valoraranse os aspectos a seguir:
• Calidade da participación na preparación desta actividade.
• Relevancia e organización dos contidos expostos.
• Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
• Nivel de comprensión dos contidos básicos.
• Capacidade analítica e de síntese.
• Claridade expositiva.
• Creatividade e innovación nas propostas.
--------------------------------------------------
|
10 |
Proba mixta |
-------------------------------------------------
Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta.
Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual e a corrección gramatical.
Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical.
------------------------------------------------- |
50 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia será necesario acadar,
como mínimo, unha puntuación de 4 (de 10) en cada unha das actividades
avaliadas: presentación do guión do traballo de investigación, traballo final e exame final. As porcentaxes especificadas aplícanse
ao alumnado asistente, que é aquel que asiste a clase nun 80% do horario. O
alumnado non asistente terá que poñerse en contacto coa profesora, e para
superar a materia realizará o exame final, que se ponderará en función do grao
de participación nas demais actividades da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As
lecturas obrigatorias procederán dunha selección determinada das
fontes a seguir: --------------------------------------------------------------------------------------------------------
1.
Diversidade cultural, convivencia e xustiza social nun mundo
globalizado
Amnistía Internacional (Ed.) (2006).
Vivir en las sombras. Madrid, Amnistía
Internacional.
Bindé, J. (Dir.) (2005). ¿Adónde
van los valores? Coloquios del siglo XXI.
Barcelona, Icaria / UNESCO.
Galeano, E. (2008). Carta ao
Señor Futuro. A Coruña, Laiovento.
Giroux, H.A. (2001). El capitalismo global y la política
de la esperanza educada. Revista de Educación.
Número extraordinario, pp. 251-263.
Santos Solla, X. M. (2004, (Abril-Xuño). A poboación
galega, algo máis ca unha crise demográfica. Grial,
Nº 162, pp. 13-17.
Terrén, E. (2004). Incorporación
a asimilación: la escuela como espacio de inclusión social.
Madrid, Los Libros de la Catarata.
Torres Santomé, J. (2011). La
justicia curricular. El caballo de Troya de la cultura escolar.
Barcelona, Morata.
2.
Educación Anti-Racista, Educación Intercultural e Multicultural, e
a diversidade lingüística nas aulas
AA.VV. (2000). Igualdad con diversidad: la apuesta de
los Movimientos de Renovación Peadgógica (manuscrito inédito).
Confederación de Movimientos de Renovación
Peadgógica. Recuperado o 20 de Setembro de
2002 de: http://cmrp.pangea.org/ig_div.htm.
AA.VV. (2005): Plan de Acollida:
orientacións para a súa elaboración. Materiais de apoio ao
profesorado para a atención educativa ao alumnado procedente do
estranxeiro. Santiago de Compostela,
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección
Xeral de Centros e Ordenación Educativa / Consellería de Emigración
/ Xunta de Galicia. Recuperado o 14 de xullo de 2011 do URL:
http://www.edu.xunta.es/portal/mostrarfile?tipoRecursoCampoID=72e4e373-c0a8fd03-006e7a5b-a9a0b568&recursoID=7e4151de-4532174a-0174813f-36330e8c&lleng=gl
Baker, C. (1997). Fundamentos de
educación bilingüe y bilingüismo. Madrid,
Cátedra.
Carrasco Pons, S. (2005,
Decembro). Interculturalidad e inclusión: principios para evaluar la
acogida del alumnado de origen extranjero. Aula
de Innovación Educativa
,
Nº 147, pp. 64-68.
Cummins, J. (2002). Lenguage,
poder y pedagogía.
Madrid, Morata / Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
(263-277).
Dadzie, S. (2004). Herrmientas
contra el racismo en las aulas. Madrid,
Morata / MECD.
Brown, B. (2009). Desaprender la
discriminación en educación infantil.
Madrid, Morata.
Essomba, M.A. (2006). Liderar
escuelas interculturales e inclusivas: equipos directivos y
profesorado ante la diversidad cultural y la inmigración.
Barcelona, Graó.
Fundación Secretariado Gitano (2007). Retos
en los contextos multiculturales. Competencias interculturales y
resolución de conflictos. Recuperado de
Aula Intercultural, o 14 de xullo de 2011 do
URL: http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=2541
Jociles, M.I., Franzé, A. e Poveda, D. (Coords.) (2011).
Etnografías de la infancia y de la
adolescencia. Madrid, Los Libros de la
Catarata.
Martín Rojo, Luisa (Dir.) (2003). ¿Asimilar
o integrar? Dilemas ante el multilingüismo en las aulas.
Madrid, Centro de Investigación Documentación Educativa (CIDE),
Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
McCarthy, C. (1994). Racismo y
curriculum. Madrid, Morata.
Priegue Caamaño, D. (2008). A escola en Galicia e os
desafios do alumnado inmigrante: avaliación dun programa para
familias inmigrantes. Revista Galega de
Educación, Nº 41, pp. 157-163.
Poveda, David (Coord.) (2003). Entre
la diferencia y el conflicto: miradas etnográficas a la diversidad
cultural en la educación. Cuenca,
Universidad de Castilla-La Mancha.
Teasley, C. (2005, Novembro). Respuestas socioeducativas
ante la creciente diversidad cultural en Galicia. Aula
de Innovación Educativa, No. 146, pp. 29-32.
Teasley, C. (2008, Outubro). Perspectivas postcoloniales
sobre la acogida del alumnado inmigrante en Galiza (España).
Archivos Analíticos de Políticas Educativas
/ Education Policy Analysis Archives, Vol.
16, Nº 19, recuperado o 14 de xullo de 2011 do URL:
http://epaa.asu.edu/ojs/article/view/44?lang=es
Torres Santomé, J. (1998). Educación antirracista:
diversidad y justicia social en las aulas. En E. Santamaría e F.
González Placer (Coords.), Contra el
fundamentalismo escolar: reflexiones sobre educación, escolarización
y diversidad escolar. Barcelona, Virus, pp.
107-124.
Villalba, F. e Villatoro, J. (Coords.) (2011). Educación
Intercultural y currículo (Vols. I-IV). Madrid,
Prácticas en Educación.
3.
Dereitos humanos, democracia, cidadanía, convivencia, aprendizaxe
cooperativa, xustiza socio-cultural, empoderamento,
anti-discriminación, educar en valores, coeducación, igualdade
(perspectivas pedagóxicas)
Amnistía Internacional (2007). Informe
2007: el estado de los derechos humanos en el mundo.
Madrid, Editorial Amnistía Internacional. Recuperado o 20 de
Setembro de 2007 en formato dixital (pdf) da páxina web de Aminstía
Internacional: http://thereport.amnesty.org/document/172.
Asociación de Enseñantes
con Gitanos (2003): Materiales curriculares y diversidad cultural:
crítica, análisis y propuestas. Boletín del Centro de
Documentación de la Asociación de Enseñantes con Gitanos, Nº 23
(monográfico).
Jares, X.R. (2006). Pedagogía de
la convivencia. Barcelona, Graó.
Johnson, D.W., Johnson, R.T. e Holubec, E.J. (1994). El
aprendizaje cooperativo en el aula.
Barcelona, Paidós Educador.
Sánchez Sáinz, M. (Coord.) (2010). Cómo
educar en la diversidad afectiva, sexual, y personal en Educación
Infantil (orientaciones prácticas). Madrid,
Los Libros de la Catarata.
Sánchez Bello, A. (2000). Coeducación:
guía para el profesorado. A Coruña,
Fundación Mujeres.
Sánchez Bello, A. (2007). La escuela en la cultura
global: ¿qué concepto de ciudadanía enseñar? Innovación
Educativa, Nº 17, pp. 27-35.
Tusón, J. (1995). Mal de
linguas: arredor dos prexuícios lingüísticos.
Santiago de Compostela, Edicións Positivas.
Tusón, J. (2010). Los prejuicios
lingüísticos. Barcelona, Octaedro.
Zeichner, K.M. (2010). La
formación del profesorado y la lucha por la justicia social.
Madrid, Morata.
4.
Diversidade funcional, discapacidade, proxectos de innovación
educativa e Educación Inclusiva
Ainscow, M. (2001). Desarrollo de
escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar
las instituciones escolares. Madrid, Narcea.
Barton, L. (Comp.) (2008). Superar
las barreras de la discapacidad. Madrid,
Morata.
Booth, T., Ainscow, M. e Kingston, D. (2007). Index
para la Inclusión: desarrollo del juego, el aprendizaje y la
participación en Educación Infantil.
(Tradución do Index for Inclusion: developing
learning and participation in schools.
Recuperado o 14 de xullo de 2011 do URL:
http://www.csie.org.uk/publications/inclusion-index-explained.shtml
Castro, M.M., Ferrer, G., Majado, M.F., Rodríguez, J.,
Vera, J., Zagra, M. e Zapico, H. (2007). La
comunidad en la escuela. La escuela en la comunidad.
Barcelona, Graó.
Gartner, A., Greer, C. e Riessman, F. (Coords.) (1999). Nuevo
ataque contra la igualdad de oportunidades: cociente intelectual y
estratificación social. Madrid, Morata.
Harwood, V. (2009). El
diagnóstico de los niños y adolescentes problemáticos: una crítica
a los discursos sobre los trastornos de la conducta.
Madrid, Morata.
Martínez Ríos, B. (2011). Definición
y contexto actual de la discapacidad, Pobreza.
Recuperado o 15 de xullo de 2011 do URL:
http://www.cermiaragon.org/es/includes/get_file.php?file_1=a_document_528.pdf&file_2=01-POBREZA,%20DISCAPACIDAD%20Y%20DERECHOS.pdf
McDermott, R. (2006). La adquisición de un niño por
una discapacidad de aprendizaje. En S. Chaiklin e J. Lave (Coords.),
Estudiar las prácticas: perspectivas sobre
actividad contexto. Buenos Aires, Amorrortu
Editores.
Moya Maya, A. (2002). El
profesorado de apoyo: ¿dónde?, ¿cuándo?, ¿cómo?... realiza su
trabajo.
Archidona, Ediciones Aljibe (pp. 81-113).
Núñez Mayán, M.T. (2008). Da
segregación á inclusión educativa. A
Coruña, Laiovento.
Parrilla Latas, A. (1996). La diversidad en el aula: una
experiencia de apoyo colaborativo interprofesional. La
Escuela en Acción, pp. 27-34.
Parrilla Latas, A. (2003). La
respuesta educativa a la diversidad. Bases pedagógicas de la
Educación Especial: manual para la formación inicial del
profesorado. Madrid, Biblioteca Nueva.
Parrilla Latas, A. (2004). La construcción del aula
como comunidad de todos: organizacion y gestion educativa. Revista
del Forum Europeo de Administradores de la Educacion,
Nº 2, pp. 19-23.
Parrilla Latas, A. (2005). La Educación Inclusiva: un
desafío a todos los sistemas y comunidades educativas. Escuela
Española, Nº 13, pp. 7-9.
Pujolás Maset, P. (2001). Atención
a la diversidad y aprendizaje cooperativo en la educación
obligatoria. Archidona (Málaga), Ediciones
Aljibe.
Rodríguez Rodríguez, J. (Coord.) (2006). A
elaboración e adaptación dos materiais curriculares.
Santiago de Compostela, NEG e Concello, Departamento de Educación e
Mocidade.
Rodríguez Rodríguez, J. (Coord.) (2006). Materiais
curriculares e diversidade sociocultural en Galicia.
Santiago, Concello de Santiago.
Rodríguez Rodríguez, J. e outros (Coords.) (2006). A
Escola, ¿punto de encontro entre o profesorado e educadores/as
sociais? Santiago, NEG e CESG.
Rodríguez Rodríguez, J. e outros (Coords.) (2008).
Educación Social e escola.
Santiago, NEG e CESG.
Torres Santomé, J. (1998). Globalización
e interdisciplinariedad: el curriculum integrado (3ª
ed.). Madrid, Morata.
Woods, J.W. (1993). Mainstreaming:
a practical approach for teachers (2ª ed.).
New York, Macmillan.
Revistas Revista
de Educación, Nº 349 Revista
Galega de Educación, Nº 43 Revista
Prácticas en Educación Intercultural:
http://www.congresointerculturalidad.net/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=44 Cuadernos
de Pedagogía, Nº 414 julio 2011:
http://www.cuadernosdepedagogia.com/ver_seccion.asp?idSeje=4419 Aula
de Innovación Educativa:
http://aula.grao.com/revistas/ficha.asp?ID=3&NUMERO=196
Webs Inclusión
Educativa: http://www.inclusioneducativa.org
/ http://inclusion-educativa.blogspot.com/ Aula
Intercultural:
http://www.aulaintercultural.org:
http://www.edu.xunta.es/convivencia/ Asociación
de Enseñantes con Gitanos:
http://www.pangea.org/aecgit Escuela
Sin Racismo:
http://www.escuelasinracismo.org/ EduAlter:
http://www.edualter.org/index.htm Educación
Sin Fronteras:
http://www.educacionsinfronteras.org/es/4025
Educación
en Valores: Mi Escuela y el Mundo:
http://www.educacionenvalores.org Plan
Galego de Convivencia Escolar Novo Portal de
Convivencia do Ministerio de Educación e Ciencia (MEC):
http://www.convivencia.mec.es Portal
de Atención a la Diversidad: Educación Especial
(Ministerio de Educación):
http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/06_00.htm Portal
de Atención a la Diversidad: Interculturalidad
(Ministerio de Educación):
http://w3.cnice.mec.es/recursos2/atencion_diversidad/03_00.htm Convivencia
y conflicto (Concejo Educativo de Castilla y
León): http://www.concejoeducativo.org/rubrique.php?id_rubrique=2
Lexislación
específica Ley
integral para la igualdad de trato y la no discriminación (2011). Ley
27/2007, de 23 de octubre, por la que se reconocen las lenguas de
signos españolas y se regulan los medios de apoyo a la comunicación
oral de las personas sordas, con discapacidad auditiva y sordociegas: http://www.boe.es/boe/dias/2007/10/24/pdfs/A43251-43259.pdf Convención
de los derechos de las personas con discapacidad (2007): http://www.un.org/esa/socdev/enable/documents/tccconvs.pdf
Orde
do 20 de Febreiro de 2004 (DOG, 26 de Feb.): Establece as medidas de
atención específica ao alumnado procedente do estranxeiro:
http://www.xunta.es/dog/Dog2004.nsf/5168f626b2ff46e041256644003720d2/34476f6ea242df90c1256e450054af09/$FILE/04000D003P008.PDF Ley
51/2003 del 2 de diciembre, de igualdad de oportunidades, no
discriminación y accesibilidad universal de las personas con
discapacidad: http://www.boe.es/boe/dias/2003/12/03/pdfs/A43187-43195.pdf Orde
do 27 de Decembro de 2002 (DOG, 30 de Xan de 2003): Regula as adaptacións curriculares para o alumnado con “Necesidades Educativas Especiais”
(NEE):
http://www.xunta.es/Dog/Dog2003.nsf/FichaContenido/3CD6?OpenDocument I
Plano galego de inclusión social 2001-2006. Orde
do 24 de Xullo de 1998: Desenvolve todo o relativo á Atención á
Diversidade do alumnado no seu conxunto (DOG, venres, 31 de Xullo de
1998):
http://www.xunta.es/Dog/Dog1998.nsf/FichaContenido/107CA?OpenDocument Decreto
320/1996: Ordena a educación do alumnado con Necesidades Educativas
Especiais (NEE) e regula a atención educativa para este alumnado:
http://www.xunta.es/Dog/Dog1996.nsf/FichaContenido/8E56?OpenDocument Real Decreto 334/1985, de 6 de marzo, de ordenación de la Educación Especial: http://noticias.juridicas.com/bas_datos/Admin/rd334-1985.html
Orde
do 28 de Xaneiro de 1985 (Diario Oficial de
Galicia, do 15 de Febreiro), pola que se
crean os centros de recursos na Comunidade Autónoma de Galicia
dentro do Programa de Educación Compensatoria. (Dito programa foi
dirixido sobre todo á poboación xitana e canalizouse mediante un
par de desenvolvementos xurídicos até o ano 1991. Posteriormente
abandoouse. No terreo estatal, o Real Decreto 299/1996, de 28 de
febrero, de ordenación de las acciones dirigidas a la compensación
de desigualdades en educación [Boletín
Oficial del Estado de 12 de marzo):
http://www.boe.es/boe/dias/1996/03/12/pdfs/A09902-09909.pdf |
Bibliografía complementaria
|
|
BIBLIOGRAFÍA
COMPLEMENTARIA 1.
Diversidade cultural, convivencia e xustiza social nun mundo
globalizado
Balibar,
E. e Wallerstein, I. (1988). Raza,
nación y clase.
Madrid, IEPALA. Bauman,
Z. (2005). Identidad.
Madrid, Losada.
Benhabib,
S. (2005). Los
derechos de los otros: extranjeros, residentes y ciudadanos.
Barcelona, Editorial Gedisa.
Cid
Fernández, X.M., Domínguez Alberte, X.C. e Soutelo Vázquez, R.
(Coords.) (2008). Migracións
na Galicia contemporánea: desafíos para a sociedade actual.
Santiago de Compostela, Sotelo Blanco Edicións. Córdoba,
D., Sáez, J. e Vidarte, P. (Coords.) (2007). Teoría
Queer: políticas bolleras, maricas, trans, mestizas
(2ª ed.). Madrid, Editorial Egales.
Fernández
Buey, F. (2004). Guía
para una globalización alternativa: otro mundo es posible.
Barcelona, Ediciones B. Fraser,
N. (2008). Escalas
de justicia.
Barcelona, Herder. Gutmann,
A. (2008). La
identidad en democracia.
Buenos Aires, Katz. Habermas,
J. (1999). La
inclusión del otro: estudios de teoría política.
Barcelona, Paidós. Martín
Muñoz, C. (Coord.) (2001). Aprender
a conocerse: percepciones sociales y culturales entre España y
Marruecos.
Madrid, Fundación Repsol-YPF. Martín
Muñoz, G. (2003). Marroquíes
en España: estudio sobre su integración.
Madrid, Fundación Repsol YPF.
Nussbaum,
M.C. (2007). Las
fronteras de la justicia: consideraciones sobre la exclusión.
Barcelona, Paidós. PNUD
(2004). Informe
sobre el desarrollo humano 2004: la libertad cultural en el mundo
diverso de hoy.
Madrid, Mundi-Prensa. Said,
E. (2001). Cultura
e imperialismo.
Barcelona, Anagrama. Santos,
B. d. S. (2005). El
milenio huérfano: ensayos para un nueva cultura política.
Madrid / Bogotá, Trotta / ILSA. Sharp,
J. P. (2009). Geographies
of postcolonialism.
Los Angeles, Sage. Taibo,
C. (2008). 150
preguntas sobre el nuevo desorden.
Madrid, Los Libros de la Catarata. Tamayo,
J.J. (2008). Islam:
cultura, religión y política.
Madrid, Trotta. Villota,
P. de (Ed.) (2001). Globalización
a qué precio: el impacto en las mujeres del Norte y del Sur.
Barcelona, Icaria. 2.
Educación Anti-Racista, Educación Multicultural e Intercultural, e
a diversidade lingüística nas aulas AA.VV.
(1993). Transversais. Revista
Galega de Educación,
Nº 18. AA.VV.
(1995). Hacer
futuro en las aulas: educación, solidaridad y desarrollo.
Barcelona, Intermón. AA.VV.
(2000). Igualdad con diversidad: la apuesta de los Movimientos de
Renovación Peadgógica (manuscrito inédito). Confederación de
Movimientos de Renovación Peadgógica. Recuperado o 20 de Setembro
de 2002 de: http://cmrp.pangea.org/ig_div.htm
.
Actis,
W. (2006). La escuela ante la diversidad sociocultural: discursos de
los principales agentes sociales referidos a las minoría étnicas de
origen extranjero. En Santos Rego, M.A. (Coord.), Estudios
sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural.
Granda, Grupo Editorial Universitario, pp. 101-119.
Banks,
J.A. (2006). Race,
culture and education: the selected works of James Banks.
London, Routledge. Bartolomé,
L.I. (2007). Pedagogia
da subordinação.
Mangualde, Edições Pedago.
Besalú,
X. (1998). Currículum nacional y currículum intercultural en
Cataluña y España. En X. Besalú, G. Campa ni e J.M. Palaudàrias
(Coords.). La
educación intercultural en Europa: un enfoque curricular.
Barcelona, Pomares-Corredor, pp. 153-170.
Calvo
Buezas, T. (2003). La
escuela ante la inmigración y el racismo: orientaciones de educación
intercultural.
Madrid, Popular.
Calvo
Cuesta, R. e outros (1996). Materiales
para una educación antirracista.
Madrid, Talasa. Carrasco
Pons, S. (2004). Inmigración y educación: oportunidades y
dificultades para un modelo plural e inclusivo. En S. Carrasco Pons
(Coord.), Inmigración,
contexto familiar y educación. Proyectos y experiencias de la
población marroquí, ecuatoriana, china y gambiana.
Bellaterra, Instituto de Ciencias de la Educación (ICE) /
Universidad Autónoma de Barcelona, pp. 15-36.
Dixon,
C. N. e Nessel, D. (1983). Language
experience approach to reading (and writing). LEA for ESL .
Hayward, CA: The Alemany Press.
Essomba,
M.A. (2006). Liderar
escuelas interculturales e inclusivas: equipos directivos y
profesorado ante la diversidad cultural y la inmigración.
Barcelona, Graó. Torres
Santomé, J. (2008). Multiculturalismo
anti-racista.
Porto, Profedições. 3.
Dereitos humanos, democracia, cidadanía, convivencia, xustiza
socio-cultural, empoderamento, anti-discriminación, educar en
valores, coeducación, igualdade (perspectivas pedagóxicas) Amnistía
Internacional (2003). Educación
en derechos humanos: asignatura suspensa.
Madrid, Amnistía Internacional. E-book consultado o 15 de Xaneiro de
2008 na web
http://www.es.amnesty.org/uploads/tx_useraitypdb/edesp.pdf.
Gimeno
Sacristán, J. (2001). Educar
y convivir en la cultura global.
Madrid, Morata.
4.
Material audiovisual
-
Hiyab (curtametraxe, 2006, España). -
Debate no Parlamento de Galicia sobre o caso da nena do hixab no CEIP
Novo de Arteixo (2010). -
Hanan: de Marrocos a Galicia (documental, 2005,
Galicia/Marrocos).
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|