Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Traballo de fin de Grao Código 652G02044
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos 1. Para matricularse no Traballo de Fin de Grao é necesario ter superados 180 créditos, incluidos todos os da primeira metade do Plan de Estudos (todas as materias de 1º e 2º curso). 2. Para defender o Traballo de Fin de Grao é necesario ter superadas todas as materias do Plan de Estudos, e mais ter o informe favorable da dirección académica do mesmo
Departamento
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral O Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao na Facultade de Ciencias da Educación, establece que o TFG debe reflectir as competencias específicas do Practicum, así como as propias do resto de materias do grao.

O TFG supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo concreto baixo a supervisión da dirección académica asignada.

Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do grao, e en concreto: a capacidade para a búsqueda, xestión, organización e interpretación de datos relevantes- da súa área de estudo- co obxecto de emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e facilitar o desenvolvemento dun pensamento e xuizo crítico, lóxico e creativo.

Trátase dunha materia de 6 créditos, o que se corresponde con 150 horas de traballo para o alumnado.

Dadas as características da materia a porcentaxe do horas de traballo presencial será acordada en última instancia pola persoa/s encargada/s de dirixir o Traballo de Fin de Grao, establecéndose como obrigatorio que cada alumno/a realice polo menos tres titorías presenciais.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Capacidade para indagar e producir coñecemento nun determinado campo. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A22
A23
A24
A25
A26
A27
A28
A29
A30
A31
A32
A33
A35
A36
A37
A38
A39
A40
A41
A42
A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
A53
A54
A55
A56
A57
A58
A59
A60
A61
A62
A63
A64
A65
A66
A67
A68
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B18
B19
B20
C1
C2
C3
C5
C6
C7
C8
Capacidade para comunicar o coñecemento adquirido a unha audiencia. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A18
A19
A20
A21
A22
A23
A24
A25
A26
A27
A28
A29
A30
A31
A32
A33
A34
A35
A36
A37
A38
A39
A40
A41
A42
A43
A44
A45
A46
A47
A48
A49
A50
A51
A52
A53
A54
A55
A56
A57
A58
A59
A60
A61
A62
A63
A64
A65
A66
A67
A68
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B17
B18
B19
B20
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Procedemento para a elección de temas: 1. Ata o 30 de setembro: proposta por parte dos Departamentos dos temas ou as liñas dos TFG e os directores. 2. Ata o 30 de outubro: a comisión de titulación aprobará e fará pública unha listaxe cos temas, así como co número de estudantes que poden escoller cada tema e os critérios de asignación. 3. Os períodos de solicitude de temas por parte do estudantado, por orde de preferência dun número mínimo de tres temas ou liñas son: - Antes do 30 de novembro (para alumnado matriculado no período ordinário de matrícula). - Antes do 30 de marzo (para alumnado matriculado no período de ampliación de matrícula). - Antes do 15 de outubro (para alumnado que só teña pendente o TFG e queira examinarse nas oportunidades de xaneiro e/ou xuño). 4. Listaxe provisória. 5. Período de reclamación. 6. Listaxe definitiva. O alumnado terá que seleccionar. cando menos, tres temáticas por orden de preferencia mediante o impreso dispoñible a tal efecto, dentro dos prazos que se notificarán en tempo.

No caso de haber máis solicitudes que prazas o criterio de asignación será o expediente académico dos tres primeiros cursos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 0 120 120
Presentación oral 1 9 10
 
Atención personalizada 20 0 20
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado realizara o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG.

As modalidades do TFG que poderán realizar o alumnado son algunha das seguintes:
A. Traballos experimentais ou non experimentais de ámbito científico relacionados con calquera das temáticas propias da titulación de Grao.
B. Traballos de revisión e investigación bibliográfica centrados en algún dos diferentes campos da titulación de Grao.
C. Traballos de revisión, protocolos e obxectos de funcionamento vinculados a algún dos diferentes campos da titulación de Grao.
D. Traballos de intervención (aplicación práctica) relacionados coa titulación de Grao.
E. Traballos experimentais ou non, como resultado da experiencia en prácticas externas, en outras institucións relacionadas coa titulación de Grao.
F. Exposición e presentación de modelos de utilidade patentados ou non, deseñados polo alumno/a e con relación cos contidos da titulación de Grao.
Presentación oral SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 exemplares en papel do seu TFG e un en formato dixital, así coma o impreso de solicitude de avaliación.

DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Unha vez publicada a listaxe definitiva de asignación de temáticas e dirección académica, o alumnado terá que poñerse en contacto coa súa dirección académica nun prazo máximo de dez días naturais.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliación continua a través do seguimento do alumno/a por parte da súa dirección académica. 50
Presentación oral Avaliación global emitida polo tribunal sobre o proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias reflexadas tanto no traballo tutelado, como a través da exposición e defensa do mesmo. 50
 
Observacións avaliación

Para superar o Traballo de Fin de Grao será necesario superar os dous elementos da avaliación: traballos tutelados e presentación oral.

A superación da parte da avaliación correspondente ao traballo tutelado é condición indispensable para poder presentar e defender oralmente o mesmo.


Enténdese que a parte de traballo tutelado está superada, e este pode ser presentado e defendido ante un tribunal cando se conta co informe favorable da dirección académica do mesmo, que debe incluir unha cualificación numérica mínima de 5 (nunha escala do 1 ao 10).


A superación da parte da presentación oral implica que o tribunal emita unha cualificación numérica mínima de 5 (nunha escala do 1 ao 10).


A cualificación final será a media entre a cualificaicón emitida pola dirección académica do traballo e a emitida polo tribunal.


No caso de non contar co informe favorable da dirección académica do traballo, a cualificación recibida será a de NON PRESENTADO.


No caso de non realizar a presentación e defensa oral do traballo, tendo o informe favorable da dirección académica, a cualificación recibida será a de NON PRESENTADO


No caso de non superar a parte da presentación e defensa oral do traballo, a cualificación recibida será a emitida polo tribunal.


CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN


Segundo a Regulamento para a elaboración do Traballo de Fin de Grao a cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/20037 de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa:


a) 0-4,9 suspenso


b) 5,0-6,9 aprobado


c) 7,0-8,9 notable


d) 9,0-10 sobresaliente


Fontes de información
Bibliografía básica

As propostas pola dirección académica do Traballo de Fin de Grao

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías