Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A2 |
Comprender os supostos e fundamentos históricos, pedagóxicos, psicolóxicos e sociolóxicos da acción socioeducativa e os seus ámbitos de actuación, valorando as súas implicacións. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A8 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A15 |
Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Caracteriza-lo desenvolvemento institucional da orientación ocupacional e a súa situación actual (accións e metodoloxías utilizadas e profesionais que as levan a cabo) |
A1 A3
|
|
|
Analiza-lo perfil profesional dos profesionais da orientación ocupacional, identificar as competencias necesarias para o seu desempeño e valorar a importancia e necesidade de formación ó longo da vida.
|
A1
|
|
C3
|
Adquirir coñecementos, destrezas e actitudes para a propia inserción profesional |
|
|
C5
|
Explorar o mercado profesional do/a educador/a social no campo da orientación e formación profesional
|
A1
|
|
|
Analiza-las bases teóricas da orientación ocupacional e comprender as implicacións para a súa praxe |
A2
|
|
|
Adquirir unha actitude reflexiva, crítica e transformadora ante ás problemáticas que atende a orientación ocupacional, analizando e valorando as súas achegas e as súas limitacións na consecución dun emprego e na promoción da igualdade de oportunidades. |
A14
|
|
C4
|
Identificar os colectivos con especiais dificultades de inserción, analizar as súas características en relación cos factores de inserción laboral e coas necesidades de formación e orientación e valorar as implicacións para a orientación. |
A2 A20
|
B4
|
C4
|
Analizar e deseñar intervencións no campo da orientación ocupacional |
A6 A8 A9 A21
|
B1 B6
|
|
Analizar e deseñar actuacións de orientación ocupacional non sexista e reflexionar sobre o seu papel na consecución da igualdade de oportundiades entre homes e mulleres. |
A5 A9
|
B4
|
C4
|
Coñecer, consultar e valorar recursos para a práctica da orientación ocupacional. |
A15
|
|
|
Identificar e valora-los posibles usos de Internet para as persoas que buscan emprego e para os profesionais da orientación laboral |
A15
|
|
C3
|
Comprender as implicacións dos cambios producidos no mercado laboral para a concepción e a praxe da orientación profesional e ocupacional |
A5
|
|
C4
|
Consolidar hábitos de traballo cooperativo e potencia-las habilidades e actitudes sociais necesarias no desenvolvemento profesional
|
|
B3 B5
|
|
Comprende-la terminoloxía específica e usala axeitadamente |
|
B6
|
C1
|
Adquirir actitudes e destrezas de indagación que posibiliten o estudo independente e a formación permanente.
|
|
|
C3 C7
|
|
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Desenvolvemento institucional, situación actual da orientación laboral e perfil profesional dos/as orientadores/as laborais. |
1.1. Principais acontecementos e tendencias no desenvolvemento institucional da OP
1.2. A orientación nos servizos públicos de emprego, nas accións de formación para o emprego e nos programas e proxectos de inserción sociolaboral. Análise da situación en Galicia e no resto das CCAA.
1.3 Perfil profesional do/a orientador/a laboral
1.4. O/a educador/a social: profesional da orientación ocupacional/laboral. |
TEMA 2. Delimitación conceptual e bases teóricas da orientación ocupacional |
2.1. Orientación Profesional e Orientación Ocupacional: delimitación conceptual, relacións e aclaracións terminolóxicas
2.2. Enfoques explicativos da inserción
2.3. Modelos de intervención
2.4. Itinerarios personalizados de inserción e colectivos con especiais dficultade de inserción |
Tema 3. Áreas de intervención, itinerarios personalizados de inserción e recursos para a praxe da OO |
3.1. Áreas de intervención: propostas de distintos autores e proposta de síntese
3.2. A integración da perspectiva de xénero nas áreas de intervención: razóns, características e obxectivos.
3.3. Itinerarios personalizados de inserción e colectivos con especiais dificultades de inserción
3.4. Recursos para a praxe da Orientación Ocupacional |
TEMA 4. Mercado laboral e Formación Profesional |
4.1. Características do mercado laboral: implicacións para a concepción e para a praxe da OP
4.2. Terminoloxía específica, finalidades e ordenación da Formación Profesional.
4.3. Papel da orientación no recoñecemento e acreditación de competencias
4.4. Saídas profesionais para os/as educadoras/es sociais na Formación Profesional
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
3 |
21 |
24 |
Estudo de casos |
7 |
23 |
30 |
Presentación oral |
1 |
1 |
2 |
Proba mixta |
0 |
10 |
10 |
Simulación |
14 |
40 |
54 |
Sesión maxistral |
21 |
7 |
28 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
As actividades de análise documental céntranse na utilización dos recursos bibliográficos e webgráficos necesarios para a realización dos estudos de caso e da actividade de simulación.
|
Estudo de casos |
As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero.
Estas dúas actividades son grupais (catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa. |
Presentación oral |
Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación e dos estudos de caso. |
Proba mixta |
Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de cinco preguntas, catro sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación.
|
Simulación |
Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Realizarase en grupo (mínimo de catro e máximo de seis persoas). |
Sesión maxistral |
O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e sintetizar os contidos de cada un dos temas do programa. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Simulación |
Estudo de casos |
|
Descrición |
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e seguemento das actividades de estudo de casos, de simulación e de preparación da presentación oral. Para a actividade de simulación é obrigatoria a asistencia a titoría. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Integrará preguntas de resposta breve e de resolución de casos prácticos relacionados cos estudos de caso ou ca actividade de simulación |
35 |
Simulación |
Consiste no deseño de actuacións para a inserción laboral requeridas nunha convocatoria pública simulada. Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. A súa finalidade é promover a aprendizaxe autónoma e colaborativa baixo a tutela e seguimento da profesora. Realizarase en grupo (mínimo de catro e máximo de seis persoas). |
45 |
Estudo de casos |
As actividades de estudos de caso consisten na elaboración dun itinerario de formación e no deseño dunha proposta de intervención que integre a perspectiva de xénero.
Estas dúas actividades son grupais (máximo catro persoas) e inscríbense nas características da aprendizaxe colaborativa. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada a cada unha das tres actividades que computan na avaliación. Na convocatoría de xullo só se valora a proba mixta que incrementa o seu valor até 10.
Aquelas alumnas e alumnos que, por razóns debidamente acreditadas non podan ter unha asistencia (por encima do 85%), poden acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para poder optar por este sistema deben de contactar coa docente para concretar as actividades de avaliación e o proceso de supervisión e seguimento das mesmas. Para estes casos, varíanse as caracteristicas e o peso na cualificación global das actividades de avaliación do alumnado asistente e engádese a elaboración de un informe sobre as aprendizaxes e competencias adquiridas.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Orientación e políticas de emprego/652G03031 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables/652G03022 | Métodos de avaliación de programas/652G03023 | Orientación e políticas de emprego/652G03031 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A materia optativa Orientación e Políticas de Emprego permite profundizar na crise de emprego e nas políticas de emprego que se desenvolven na Unión Europea, en España e en Galicia. |
|