Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A1 |
Coñecer os campos da educación social e recoñecer novos ámbitos emerxentes. |
A3 |
Analizar as políticas de benestar social e a lexislación que sustentan os procesos de acción socioeducativa. |
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A8 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A9 |
Deseñar e desenvolver proxectos, programas e servizos nos diferentes campos de intervención profesional promovendo a participación e o desenvolvemento comunitario. |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A15 |
Elaborar e xestionar medios e recursos para a intervención socioeducativa. |
A20 |
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contornos multiculturais e plurilingüísticos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B3 |
Xerar a cultura profesional colaborativa, fomentando o traballo en rede e integrándose en grupos interdisciplinares con iniciativa e responsabilidade. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Familiarizarse cos diferentes contextos profesionais propios da educación social |
A1 A14
|
B2 B3 B5 B6
|
C1 C4 C7 C8
|
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa |
A3 A5
|
B2 B3 B5
|
|
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social |
A11
|
B2 B3 B5
|
|
Desenvolver unha disposición favorable ao traballo en contextos multiculturais e plurilingües |
A20
|
B6
|
C1 C7 C8
|
Deseñar proxectos, programas e servizos que promovan a participación e o desenvolvemento comunitario |
A9
|
B4
|
C4 C7
|
Desenvolver proxectos, programas e servizos aplicando metodoloxías socioeducativas e deseñando e implementado os recursos axeitados aos diferentes campos de intervención |
A7 A8 A9 A15
|
B4
|
C4 C7
|
Deseñar e implementar programas de avaliación que permitan concretar accións de mellora para os programas, proxectos e servizos nos diferentes campos de intervención. |
A21
|
B1
|
C8
|
Identificar as esixencias de formación que require o exercizo profesional |
A1 A3 A5 A14
|
B6
|
C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados cos campos profesionais da educación social e os labores inherentes a eles. Así, accións como identificar e analizar os factores contextuais que afectan aos procesos de intervención socioeducativa, detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificultan a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos ou desenvolver disposicións favorables ao traballo en contextos multiculturais e plurilingües etc. serán motivo de atención e titorización do alumnado polos respectivos titores/as. Enténdese que a inserción laboral é un campo con presenza nos distintos ámbitos profesionais da educación social.
De igual maneira, será de interese garantir a presenza do/a educador/a social en formación naqueles espazos laborais emerxentes en que se albiscaren posibilidades para o exercicio profesional. |
Ademais, o Practicum II establece como contido o deseño, a implementación e avaliación de proxectos, programas e servizos, no marco dos ámbitos socioeducativos nos que se desenvolva:
1.Menores (desprotección e conflito social)
2.Diversidade funcional (Discapacidade)
3.Dinamización social – cultural –educativa
4.Drogodependencias
5.Mulleres. Políticas de igualdade
6.Educación ambiental
7.Inmigración e educación para o desenvolvemento
8.Educación de persoas adultas / centros para maiores
9.Servizos sociais
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
0 |
40 |
40 |
Portafolios do alumno |
0 |
340 |
340 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
10 |
0 |
10 |
Seminario |
8 |
0 |
8 |
Saídas de campo |
350 |
0 |
350 |
|
Atención personalizada |
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institución socioeducativas. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención socioeducativa, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das distintas formas de interpretar a realidade socioeducativa. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum. |
Portafolios do alumno |
VER ANEXOS |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
O alumnado asistirá a un evento científico e/ou divulgativo de profesionais e expertos no ámbito da Educación Social que presentarán experiencias innovadoras desenvoltas en diferentes realidades socioeducativa. (8 horas)
|
Seminario |
1.Sesión informativa inicial (2 horas). Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2.Selección de institución (2 horas).
3.Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade (6 horas).
- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.
- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común do traballo realizado ata o momento co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.
-Ao finalizar a estadía na institución, de avaliación e reflexión final do practicum. |
Saídas de campo |
Constitúen as prácticas pedagóxicas: 350 horas de permanencia na institución socioeducativa durante as cales se realizarán tarefas de observación, análise de casos, colaboración en accións socioeducativas cos profesionais da propia institución, etc. Así mesmo, realízase o deseño dun proxecto de intervención socioeducativa (programación, actividade, plan de mellora, plan de avaliación, etc.) que se desenvolverá e avaliará segundo o determine o titor/a da institución. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Saídas de campo |
Portafolios do alumno |
Seminario |
|
Descrición |
A atención personalizada concíbese como momentos de traballo presencial co profesorado, polo que implican unha participación obrigatoria para o alumnado.
A forma e o momento en que se desenvolverá indicaranse para cada actividade ao longo do Practicum II e o plan de traballo.
Alén dos seminarios de seguimento do Practicum, o profesorado titor da Facultade estará dispoñible no horario de titorías.
O/a Titor/a da UDC realizará un primeiro contacto obrigatorio, previo á incorporación do alumnado ao centro.
O/a Titor/a da UDC manterá unha fluidez comunicativa co titor/a da institución, de maneira que garante o desenvolvemento adecuado do practicum.
Un dos contactos coa institución terá obrigatoriamente forma de visita. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Saídas de campo |
O titor/a da institución colaborará na avaliación, valorando a implicación e a actuación do alumnado. |
40 |
Portafolios do alumno |
Os criterios avaliativos serán:
- Capacidade de relación teoría-práctica
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade para relacionar ideas e accións
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
-Expresión escrita propia e claridade expositiva
-Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica
- Orixinalidade da proposta |
40 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Avaliarase cos criterios:
- Asistencia a todas as sesións
- Calidade das achegas á hora de expor contidos nas diferentes sesións así como a pertinencia e madureza das reflexións persoais ao respecto |
10 |
Seminario |
Avaliándose cos criterios
-Asistencia a todas as sesións
-Calidade das achegas á hora de expor dúbidas, expor ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese, etc. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Requisitos para superar a materia:
1. Para aprobar, será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas socioeducativas e portafolios.
Elementos de avaliación que se poden recuperar na 2ª oportunidade de avaliación (Xullo):
1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida en xuño mantense para xullo. Isto supón que un suspenso en xuño implica a non superación da materia.
2. Os seminarios e xornadas non se poden recuperar, polo que a nota en xuño mantense para xullo.
3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere en xuño terá ocasión de melloralo en xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos avaliados.
Cualificacións:
1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada elemento avaliado, co seu peso respectivo.
2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, anota final será a nota de parte non superada.
3. Non realizar as prácticas socioeducativas estando matriculado na materia supón un NP.
4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas superadas supón obter como máximo a cualificación de 4, que se corresonde con un 10 nas prácticas socioeducativas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Cómpre consultar a listaxe das diferentes materias da titulación segundo o ámbito elixido e de acordo as indicacións do titor/a. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|