Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Lingua galega Código 652G04036
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
Profesorado
Ferreiro Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución xeral á lingua galega: fonética e fonoloxía, morfosintaxe e léxico

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Producir en lingua galega textos orais e escritos con cohesión, coherencia e adecuación, demostrando un profundo coñecemento da lingua estándar. A3
A31
B2
B4
B5
B7
B9
B17
C1
C7
Recoñecer os problemas na produción e/ou interpretación de sons propios da lingua galega e as interferencias fonéticas. A3
A17
A32
B2
B4
B5
B7
B8
B9
B12
B13
B22
B23
B24
C1
C3
C4
C6
C7
Coñecer o estándar da lingua galega (fonético, morfosintáctico, lexical), así como as variedades sociais e xeográficas. A17
A32
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B13
B17
B22
C1
C3
C4
C6
Mudar de rexistro dentro da lingua galega segundo as situacións. A3
A31
B2
B3
B4
B5
B8
B12
B17
B23
B24
C1
C4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución xeral 1.1. Introdución histórica: latín, galego-portugués, galego
1.2. A lingua moderna. O estándar actual
2. Fonética e Fonoloxía 2.1. Fonemas e sons
2.2. O sistema vocálico
2.3. O sistema consonántico
2.4. Fonética sintáctica
2.5. Trazos suprasegmentais
3. Cuestións de morfosintaxe 3.1. Estruturas morfolóxicas e sintácticas
3.2. Flexión nominal e flexión verbal
3.3. Os sistemas pronominais
3.4. Variantes morfosintácticas xeográficas e sociais
4. Intodución ao léxico 4.1. O léxico galego
4.2. Semántica lexical
4.3. A formación de palabras

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 15 22.5 37.5
Obradoiro 14 28 42
Lecturas 1 12 13
Traballos tutelados 1 12 13
Proba mixta 1 5 6
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Lecturas Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, exercicios prácticos etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. 40
Lecturas Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. 15
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 25
Obradoiro Realización de actividades prácticas e exercicios derivados das sesións maxistrais, 20
 
Observacións avaliación

Para superar
a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5
puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos
sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de
avaliación.

O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,
todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en
contacto co profesor a través do correo electrónico.

Na segunda
oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número
inferior de actividades ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: UDC
Álvarez Blanco, R. / Xove, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2004). Gramática da lingua galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra
Ferreiro, M. (1999-2001). Gramática histórica galega (2 vols.). Santiago: Laiovento
Hermida Gulías, C. (2005). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
López Viñas, X.L. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2011). Gramática práctica da lingua galega. A Coruña: Baía
Mariño Paz, R. (1998). Historia da lingua galega. Santiago: Sotelo Blanco
Monteagudo, H. (1999). Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia
Martínez Celdrán, E. (2002). Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Linguga galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Regueira, X. L. (coord.) (1998). Os sons da lingua. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: UDC

Bibliografía complementaria Álvarez Blanco, R. (2003). "Consideracións sobre a metafonía nominal galega",en D. Kremer (ed.) Homenagem a Joseph M. Piel por ocasião do seu 85º aniversario. Tübingen: Instituto da Cultura e Língua Portuguesa / Consello da Cultura Galega
Regueira, X. L. (1999). "Estándar social e variación social da lingua galega", en Álvarez, R. e D. Vilavedra (coords.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero Vol. 1: 855-876. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostea
González González, M. (1991). "Subsistemas de sibilantes do galego actual" En D. Kremer (ed.) Acte XVIIIème Congrès International de Linguistique et Philologie Romanes, Université de Trier (vol. 3). Tübingen: Max Niemeyer Verlag
Fernández Rei, F. e C. Hermida Gulías (eds.) (1996). A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Catford, J. C. (1994). A Practical Introduction to Phonetics. Oxford: Clarendon Press
López Taboada, C. e Mª C. Soto Ares (1995). Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega. Aplicación didáctica. A Coruña: Galinova
Instituto da Lingua Galega (1999). Atlas Lingüístico Galego. Vol. 3 Fonética. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Rodríguez Sánchez, F. (1998 (1976)). Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza. Santiago de Compostela: Laiovento
Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais
Portas, M. (1991). Língua e sociedade na Galiza. A Coruña: Bahía Edicións
Hermida Gulías, C. (2003). Ortografía práctica. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Freixeiro Mato, X. R. (1996). Os diminutivos en galego. Vigo: A Nosa Terra
Álvarez Blanco, R. (2003). Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar. A Coruña: Real Academia Galega


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Sociolingüística/652G04044

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías