Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A3 |
Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística. |
A17 |
Coñecer e realizar a intervención logopédica nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas. |
A31 |
Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións. |
A32 |
Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación. |
B2 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B3 |
Apreciar as distintas manifestacións da diversidade. |
B4 |
Aprender a aprender. |
B5 |
Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada. |
B7 |
Capacidade de análise e síntese. |
B8 |
Capacidade de observar e de escoitar de forma activa. |
B9 |
Capacidade de organizar e planificar. |
B12 |
Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo. |
B13 |
Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información. |
B17 |
Saber expresarse en público. |
B22 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B23 |
Traballar de forma colaborativa. |
B24 |
Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Producir en lingua galega textos orais e escritos con cohesión, coherencia e adecuación, demostrando un profundo coñecemento da lingua estándar.
|
A3 A31
|
B2 B4 B5 B7 B9 B17
|
C1 C7
|
Recoñecer os problemas na produción e/ou interpretación de sons propios da lingua galega e as interferencias fonéticas.
|
A3 A17 A32
|
B2 B4 B5 B7 B8 B9 B12 B13 B22 B23 B24
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
Coñecer o estándar da lingua galega (fonético, morfosintáctico, lexical), así como as variedades sociais e xeográficas.
|
A17 A32
|
B2 B3 B4 B5 B8 B9 B13 B17 B22
|
C1 C3 C4 C6
|
Mudar de rexistro dentro da lingua galega segundo as situacións.
|
A3 A31
|
B2 B3 B4 B5 B8 B12 B17 B23 B24
|
C1 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución xeral |
1.1. Introdución histórica: latín, galego-portugués, galego
1.2. A lingua moderna. O estándar actual |
2. Fonética e Fonoloxía |
2.1. Fonemas e sons
2.2. O sistema vocálico
2.3. O sistema consonántico
2.4. Fonética sintáctica
2.5. Trazos suprasegmentais |
3. Cuestións de morfosintaxe |
3.1. Estruturas morfolóxicas e sintácticas
3.2. Flexión nominal e flexión verbal
3.3. Os sistemas pronominais
3.4. Variantes morfosintácticas xeográficas e sociais |
4. Intodución ao léxico |
4.1. O léxico galego
4.2. Semántica lexical
4.3. A formación de palabras |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
15 |
22.5 |
37.5 |
Obradoiro |
14 |
28 |
42 |
Lecturas |
1 |
12 |
13 |
Traballos tutelados |
1 |
12 |
13 |
Proba mixta |
1 |
5 |
6 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. |
Lecturas |
Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualmente, fornecidas polo profesor. |
Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escolleito entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
|
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, exercicios prácticos etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. |
40 |
Lecturas |
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado. |
15 |
Traballos tutelados |
Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. |
25 |
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas e exercicios derivados das sesións maxistrais, |
20 |
|
Observacións avaliación |
Para superar
a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5
puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos
sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de
avaliación. O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,
todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación. O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en
contacto co profesor a través do correo electrónico. Na segunda
oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número
inferior de actividades ao 50%.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: UDC
Álvarez Blanco, R. / Xove, X. (2002). Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia
Freixeiro Mato, X. R. (1998-2004). Gramática da lingua galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra
Ferreiro, M. (1999-2001). Gramática histórica galega (2 vols.). Santiago: Laiovento
Hermida Gulías, C. (2005). Gramática práctica (Morfosintaxe). Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
López Viñas, X.L. / Lourenço Módia, C. / Moreda Leirado, M. (2011). Gramática práctica da lingua galega. A Coruña: Baía
Mariño Paz, R. (1998). Historia da lingua galega. Santiago: Sotelo Blanco
Monteagudo, H. (1999). Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia
Martínez Celdrán, E. (2002). Introducción á fonética. O son na comunicación humana. Vigo: Galaxia
Freixeiro Mato, X. R. (2002). Linguga galega: normalidade e conflito. Santiago de Compostela: Laiovento
Regueira, X. L. (coord.) (1998). Os sons da lingua. Vigo: Xerais
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2007). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: UDC |
|
Bibliografía complementaria
|
Álvarez Blanco, R. (2003). "Consideracións sobre a metafonía nominal galega",en D. Kremer (ed.) Homenagem a Joseph M. Piel por ocasião do seu 85º aniversario. Tübingen: Instituto da Cultura e Língua Portuguesa / Consello da Cultura Galega
Regueira, X. L. (1999). "Estándar social e variación social da lingua galega", en Álvarez, R. e D. Vilavedra (coords.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero Vol. 1: 855-876. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostea
González González, M. (1991). "Subsistemas de sibilantes do galego actual" En D. Kremer (ed.) Acte XVIIIème Congrès International de Linguistique et Philologie Romanes, Université de Trier (vol. 3). Tübingen: Max Niemeyer Verlag
Fernández Rei, F. e C. Hermida Gulías (eds.) (1996). A nosa fala: bloques e áreas lingüísticas do galego. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega
Catford, J. C. (1994). A Practical Introduction to Phonetics. Oxford: Clarendon Press
López Taboada, C. e Mª C. Soto Ares (1995). Así falan os galegos. Fraseoloxía da lingua galega. Aplicación didáctica. A Coruña: Galinova
Instituto da Lingua Galega (1999). Atlas Lingüístico Galego. Vol. 3 Fonética. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Rodríguez Sánchez, F. (1998 (1976)). Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza. Santiago de Compostela: Laiovento
Fernández Rei, F. (1991). Dialectoloxía da lingua galega. Vigo: Xerais
Portas, M. (1991). Língua e sociedade na Galiza. A Coruña: Bahía Edicións
Hermida Gulías, C. (2003). Ortografía práctica. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Freixeiro Mato, X. R. (1996). Os diminutivos en galego. Vigo: A Nosa Terra
Álvarez Blanco, R. (2003). Variedade e diversidade da lingua. Algunhas reflexións sobre cambio, variación e galego estándar. A Coruña: Real Academia Galega |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Sociolingüística/652G04044 |
|
Materias que continúan o temario |
|
|