Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Actívidade Física, Saúde e Calidade de Vida no Ser Humano Código 653462102
Titulación
Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (plan 2009)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Medicina
Coordinación
Agrasar Cruz, Carlos Maria
Correo electrónico
carlos.agrasar@udc.es
Profesorado
Agrasar Cruz, Carlos Maria
Pombo Fernandez, Manuel Jose
Correo electrónico
carlos.agrasar@udc.es
manuel.pombo@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura ten como obxectivos introducir ao alumnado no campo da actividade física relacionada coa saúde, para permitirlle adquirir os coñecementos tanto teóricos como prácticos. Abórdanse aspectos da fisioloxía do exercicio, composición corporal e aspectos relacionados coa prescripción de exercicio e a saúde.

Outro obxectivo é proporcionar as bases que permitan comprender os procesos patolóxicos que afectan aos seres humanos, para mitigar os seus efectos cunha adecuada prescripción de exercicio.

Por último, fomentar e desarrollar no alumnado unha conciencia crítica e unha inquietude investigadora que sirva de cauce para esta formación en estudos de terceiro ciclo.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir coñecementos sobre as bases da actividade física e o exercicio e a súa relación coa saúde. AM1
AM2
Adquirir coñecementos sobre a estrutura e función dos diferentes aparatos e sistemas corporais que interveñen na práctica da actividade física e do exercicio. AM1
Coñecer cales son as repercusións fisiolóxicas dunha axeitada práctica de exercicio e as lesións que se poden producir cunha mala práctica. AM1
AM4
Coñecer as liñas de investigación actuais no eido da actividade física e a saúde así como os programas de intervención. AM1
AM2
AM4
BM4
BM12
CM2
CM3
Coñecer e saber realizar sesións prácticas de diferentes tipos de adestramento (forza, flexibilidade, resistencia). AM1
AM4
BM6
Adquirir a capacidade de elaborar e expoñer un traballo en público. BM1
BM3
BM4
BM9
CM1
CM2
CM3
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
CLASES TEÓRICAS
Tema 1.- Relación entre a actividade física e a saúde: estilos de vida saudables.
Tema 2.- Estrutura e función do sistema cardiovascular e o aparato respiratorio.
Tema 3.- O músculo esquelético: estrutura e función.
Tema 4.- A composición corporal.
Tema 5.- O quencemento: aspectos teóricos.
Temas 6.- A flexibilidade: bases anatómicas.
Tema 7.- A forza: bases para o adestramento da forza.
Tema 8.- Teoría do adestramento aeróbico.
Tema 9.- Ergonomía e ximnasia laboral.
CLASES PRÁCTICAS-SEMINARIOS
- Quencemento: aspectos prácticos.
- Flexibilidade: sesión práctica.
- Forza: sesión práctica.
- Resistencia: sesión práctica.

- Seminarios de discusión bibliográfica.
- Exposición pública dos traballos tutelados.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 10 0 10
Análise de fontes documentais 6 0 6
Práctica de actividade física 12 0 12
Lecturas 0 20 20
Proba obxectiva 2 10 12
Traballos tutelados 2 12 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas a todo o grupo de alumnos.
Análise de fontes documentais Lectura e discusión de artigos de revistas que comprendan os aspectos mías relevantes das investigacións actuais no eido da actividade física en relación coa saúde.
Práctica de actividade física Sesións prácticas de quencemento, exercicios de flexibilidade, e circuitos de forza e resistencia aeróbica.
Lecturas Lecturas de capítulos recomendados de libros e revistas científicas, completada cunha busca bibliográfica do tema do traballo tutelado.
Proba obxectiva Proba final consistente en responder a varias preguntas curtas referidas aos contidos teóricos da asignatura.
Traballos tutelados Realización dun traballo tutelado no que o alumno/a deberá expoñer un tema de actividade física e saúde preferiblemente relacionado coa actividade laboral que desempeña o alumno/a ou que pensa desenvolver no futuro.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Reunión con cada alumno para a asignación de tema de traballo, deseño do mesmo e delimitación do estudo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Exame consistente en preguntas curtas de tódolos contidos teóricos e prácticos. 50
Traballos tutelados Avaliación baseada na organización, relevancia, exposición pública e bibliografía actualizada do traballo. 50
 
Observacións avaliación

Será necesaria unha asistencia a un mínimo do 50% do total das sesións teóricas e prácticas da asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica Carol West Suitor; Vivica I. Kraak (2007). Adequacy of Evidence for Physical Activity Guidelines Development: Workshop Summary.. National Academic Press
Paffenbarger R.S.; Blair S.N.; Lee, I. (2001). Ahistory of physical activity, cardiovascular health and longevity: the scientific contributions of Jeremy N Morris.. International Journal of Epidemiology 2001 30:1184-92
Klee, Andreas (2010). Movilidad y flexibilidad. Método práctico de estiramientos.. Editorial Paidotribo
Hardman, A.; Stensel D. (2009). Physical activity and health. New York. Routledge.
Aragonés Clemente, Mt; Casajús Mallen, Ja; Rodríguez Guisado, F.; Cabañas Armesilla, Md. (1993). Protocolo de medidas antropométricas. En: Manual de Cineantropometría. . Colección de Monografías de Medicina del Deporte Femede nº 3, pp 35-66

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías