Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Adquisición do coñecemento do significado ético e xurídico do exercicio profesional da Terapia ocupacional |
A2 A8 A11 A15 A16 A18 A19 A20 A23 A24 A25 A35
|
B6 B10 B17
|
C4 C7 C8
|
Comprensión e utilización dos principais conceptos éticos, deontolóxicos e xurídicos manexados pola Terapia ocupacional |
A8 A11 A15 A16 A18 A19 A20 A23 A25
|
B6 B10 B17
|
C7
|
Adquisición de habilidades para identificar y avaliar os problemas éticos presentes na prática asistencial dos terapeutas ocupacionais |
A2 A8 A11 A15 A16 A19 A20 A23 A35
|
B6 B10 B17
|
|
Adquisición de habilidades para a xestión dos feitos, os valores e os dereitos nos procesos de toma de decisións no exercicio profesional |
A2 A8 A15 A16 A18 A19 A20 A23 A24 A25 A35
|
B3 B4 B5 B6 B9 B10 B17 B28 B29
|
C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. O Dereito
|
As razóns do Dereito: ¿qué, por qué e para qué o Dereito? O Dereito coma prática social: normatividade, coactividade e carácter institucional. O ámbito do Dereito: Dereito e outros ordes normativos. A estrutura do Dereito: principios constitucionais básicos e dereitos fundamentais. Os elementos do Dereito: suxeitos, fontes e materiais. Os tipos de normas. A obediencia ao Dereito. Creación, interpretación, aplicación e argumentación xurídicas.
|
Tema 2. A Bioética
|
Historia. Concepto. Bioética clínica e Bioética ecolóxica. Fundamentación. Metodoloxía. Bioética e razoamento prático.
|
Tema 3. A relación asistencial
|
Historia. Concepto. A relación asistencial como relación sociosanitaria. Modelos. Do paternalismo e a beneficencia á autonomía e os dereitos. Unha proposta.
|
Tema 4. O proceso de toma de decisións (I)
|
Bioética e razoamento prático (remisión ao tema 1). Información e comunicación. O consentemento informado. A planificación anticipada da atención e as instrucións previas. As decisións de representación. Minoría de idade. Incapacidade.
|
Tema 5. O proceso de toma de decisións (II)
|
Información e documentación clínica. Intimidade, confidencialidade e segredo profesional. Os datos de saúde. A historia clínica e o expediente.
|
Tema 6. O proceso de toma de decisións (III)
|
Os comités de ética. Ámbito sanitario e ámbito sociosanitario. Comités de ética asistencial. Comités de ética da investigación. Comités internacionais, nacionais e autonómicos. O Comité de Bioética de España.
|
Tema 7. O proceso de toma de decisións (IV) |
Xustiza e recursos sociosanitarios (remisión ao tema 4). Criterios de distribución dos recursos sociosanitarios: idade, enfermidade, discapacidade, dependencia.
|
Tema 8. As profesións asistenciais
|
A Terapia ocupacional coma profesión. A deontoloxía profesional. Bioética, Deontoloxía e Dereito (remisión ao tema 2). A responsabilidade: ética, deontolóxica e xurídica. A confianza. As relacións entre profesionais. Os deberes dos profesionais asistenciais. Os dereitos dos profesionais asistenciais. Algunhas cuestións específicas: o intrusismo profesional. A obxección de conciencia. A síndrome de esgotamento profesional (burn-out). As baixas laborais. A seguridade clínica.
|
Tema 9. O ciclo vital
|
1) Decisións ao comezo da vida. 2) Decisións ao medio da vida. 3) Decisións ao final da vida. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
20 |
10 |
30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
3 |
4 |
7 |
Estudo de casos |
6 |
24 |
30 |
Proba de ensaio |
2 |
6 |
8 |
Traballos tutelados |
0 |
35 |
35 |
Análise de fontes documentais |
15 |
15 |
30 |
|
Atención personalizada |
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
A exposición oral será complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
O obxectivo do cinefórum é o emprego de ferramentas non convencionais ou distintas para a aprendizaxe. Está previstá proxección dunha película, seguida dun debate entre os asistentes. (Con anterioridade entregaranse materiais para preparar o seminario, e con posterioridade os estudantes deberán preparar un comentario da mesma).
|
Estudo de casos |
Os casos teñen coma obxectivo estimular a reflexión e afacerse ao manexo dos principios, valores e dereitos presentes na prática clínica. Diríxense principalmente ao desenvolvemento das habilidades argumentativas e a posta en funcionamento dos coñecementos adquiridos nas sesións teóricas e na aprendizaxe individual e colectiva.
Así mesmo, os estudantes traballarán en pequenos grupos a modo de comité de ética asistencial, adicado á análise e á deliberación de casos clínicos. Neste caso, os traballos parciais consistirán na elaboración da acta do Comité de ética asistencial, exponiendo o proceso de argumentación e a solución acadada.
Os temas que serán obxecto de tratamento específico, a través de casos práticos, son:
- Modelos de relación asistencial.
- Os procesos de toma de decisións en pacientes incapaces.
- A confidencialidade e o segredo profesional.
- Problemas éticos no ciclo da vida.
|
Proba de ensaio |
O exame constará de 10 preguntas que se corresponderán cos contidos do programa. A duración do exame será de 2 horas. |
Traballos tutelados |
O obxectivo desta actividade é fomentar a aprendizaxe autónoma por parte do estudante, fóra do ámbito das aulas. A leitura, análise crítica e comentario de publicacións científicas, normas deontolóxicas ou xurídicas, ou documentos relacionados coa bioética e a dentoloxía profesional son o principal material de traballo. Os traballos parciais poderán consistir na presentación dunha acta dun Comité de ética asistencial que analiza e resolve dous casos clínicos.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. |
Análise de fontes documentais |
Para o adecuado desenvolvimiento desta materia é preciso o manexo de documentos deontolóxicos e xurídicos que serán facilitados aos alumnos co fin de que se familiaricen coa súa lectura. Os devanditos documentos proporcionan ademais unha guía imprescindible á hora de atopar solucións aos distintos casos que serán estudados. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada farase, globalmente, mediante tutorías personalizadas directas e virtuais, individuais e grupales. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Comentario del seminario-Cineforum |
10 |
Traballos tutelados |
Terase en conta a capacidade de análise e de síntese, así como o grao de aplicación da teoría á práctica. A unidade, a coherencia e a reflexión persoal serán os elementos a considerar de face a distinguir os mellores traballos. |
10 |
Proba de ensaio |
No exame valorarase o nivel de coñecemento dos contidos do programa. O profesor indicará os materiais necesarios para contestar ás preguntas. |
50 |
Estudo de casos |
Avaliaranse as actas dos comités; tanto en canto á forma (claridade, concisión, ilación, propiedade), como en canto ao contido (capacidade de discernimiento, oportunidade da resposta, adecuación das fontes manexadas). |
30 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Normas éticas e deontolóxicas básicas
- Xuramento Hipocrático (século V a.C.).
- Código ético e Normas de actuación en el ejercicio profesional (COTEC, 1996).
- Código ético de terapia ocupacional (AOTA, 2005).
- Código de ética (WFOT, 2005).
Normas xurídicas básicas
- Constitución española de 1978
- Convenio para a protección dos dereitos humanos e a dignidade do ser humano con respecto ás aplicacións da Bioloxía e a Medicina (Convenio relativo aos dereitos humanos e á Biomedicina) (1997).
- Lei 41/2002, de 14 de novembro, básica reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica.
- Lei galega 3/2001, do 28 de maio, reguladora do consentemento informado e a historia clínica dos pacientes.
- Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal
- Real Decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal
- Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
- Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde.
- Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordeación das profesións sanitarias.
- Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|