Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Psicoloxía Código 661G01003
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Primeiro Formación básica 9
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Blanco Presas, Manuela
Correo electrónico
manuela.blanco.presas@udc.es
Profesorado
Blanco Presas, Manuela
Correo electrónico
manuela.blanco.presas@udc.es
Web http://manuela.blanco.presas@sergas.es
Descrición xeral Co estudo da Enfermería Psicosocial preténdese que os alumnos coñezan os elementos básicos do psiquismo humano,tanto referido ás situacións de saúde como de enfermidade,ademais dos mecanismos de actuación nas relacións interpersonais e de grupo,imprescindibles nun desenvolvemento profesional de calidade.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A12 Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde, seleccionando as accións adecuadas para proporcionar axuda nas mesmas.
A13 Establecer unha relación empática e respectuosa coa paciente e familia, acorde coa situación da persoa, problema e saúde e etapa de desenvolvemento.
A14 Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación, efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses.
A17 Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar ao estudante na prevención, a detección precoz, a asistencia, e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa nun equipo interdisciplinar.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de maneira efectiva en un entorno de traballo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B10 Capacidade para adaptarse ás situacións novas.
B11 Capacidade e habilidade de xestión da información.
B12 Capacidade para organizar e planificar.
B13 Toma de decisións.
B14 Habilidades interpersonais.
B15 Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia.
B16 Coñecer e apreciar a diversidade e a multiculturalidade.
B22 Capacidade para motivarse e motivar a outros.
B24 Fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións de saúde. A12
B1
B4
Valorar as persoas con problemas psicosociais e planificar os coidados de enfermaría. A12
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B12
B13
B16
C1
C3
C8
Capacidade para establecer unha relación terápeutica eficaz co doente e a súa familia adaptandoa o seu estadio evolutivo. A13
B4
B6
B7
B14
B15
B22
C3
C7
Capacidade para establecer unha comunicación adecuada na relación co doente e familia. A14
B4
B5
B7
B14
B15
Capacidade para comunicarse de forme efectiva cos membros do equipo de saúde. A14
B5
B7
B10
B11
B14
C1
C3
C8
Identificar os principais problemas psicoloxicos familiares e sociais das persoas que padecen violencia de xénero. A17
B10
B14
B15
B24
C4
C6
C8
Valorar as persoas con problemas de saúde derivados da violencia de xénero e planificar os coidados de enfermaría. A17
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B12
B13
B15
B16
B24

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.Concepto de Psicoloxía.Psicoloxía científica

Aspectos fundamentais da Psicoloxía. Concepto. Tendencias que formaron a Psicoloxía actual. Catro puntos de vista actuais arredor da Psicoloxía.
TEMA 2.A emoción Concepto de emoción.Bases neurofisiolóxicas.Emocións e sentimentos.Alteracións.Concepto de alexitimia.Intelixencia emocional.Escalas.Aplicación nos coidados de Enfermaría
Tema 3.A motivación Concepto de motivación.Fases da motivación.Xénese do factor motivacional.Estados primarios e secundarios da motivación.Aplicacións nos coidados de enfermaría.
TEMA 4. Xénese e evolución da conducta humana Modelos conceptuaís da conducta humana.Aplicación dos modelos enfermeiros na conducta humana.
TEMA 5.A personalidade. Temperamento e carácter.
Necesidades e instintos.Bases neurofisiolóxicas.Pulsións.
Frustración e conflicto.Clases de conflictos e a súa resolución.Reaccións diante da frustración.
Actitudes,creenzas e valores.A formación social da persoalidade.Aplicacións en enfermaría .
TEMA 6.Modificación e terapia de conducta Modelos conceptuais da conducta humana.Técnicas de modificación da conducta.
TEMA 7.A sensopercepción Bases neurofisiolóxicas da sensación e da percepción.Compoñentes da percepción.Sistemas de percepción e a súa organización.Alteracións.
TEMA 8.Procesos cognoscitivos. Pensamento,memoria e intelixencia. Xeneralidades. Natureza e funcionamento da memoria. Patoloxía da memoria.
Intelixencia e aptitudes.Medidas.Patoloxía das conductas intelixentes
Etapas do pensamento creador.Tipos de imaxinación.
Pensamento espontáneo e pensamento dirixido
TEMA 9.A aprendizaxe Bases da aprendizaxe.Condicionamento clásico.Condicionamento instrumental.Aprendizaxe observacional.
TEMA 10.Factores psicosociais do enfermar humano Concepto de saúde e enfermidade.
A enfermidade:comportamento,tipos e reaccións.
A enfermidade como feito psicolóxico,biográfico e social.Etapas do proceso de enfermar.Estrés e enfermidade.
Afrontamento e apoio social
TEMA 11.Aspectos psicolóxicos da dor crónica Afrontamento da dor.Dor aguda e dor crónica.Escalas de medición
TEMA 12.Aspectos psicolóxicos do doente cirúrxico. Manexo emocional do doente cirúrxico.Técnicas de afrontamento.
TEMA 13.Aspectos psicolóxicos do doente nas unidades de coidados especiaís. ¿Qué son os coidados especiais?.Aspectos a ter en conta no doente infanto-xuvenil,no doente xeriátrico e nos doentes con minusvalías.
TEMA 14.Aspectos psicolóxicos do doente crónico. Aspectos psicolóxicos das doenzas crónicas.
Teorías do estrés e as súas aplicacións nas doenzas crónicas.
Coidados de Enfermaría nas doenzas crónicas.
TEMA 15.Aspectos psicolóxicos do doente hipertenso e con transtornos cardiovasculares. Singularidades do doente hipertenso e con transtornos cardiovasculares.
Traballando a concienza de enfermidade nestes doentes.
TEMA 16.Aspectos psicolóxicos do soño. Bases neurofisiolóxicas do soño.Soño e vixilia.Transtornos do soño.Técnicas de entrenamento en autocontrol e relaxación.
TEMA 17.Aspectos psicolóxicos do doente oncolóxico e do doente con SIDA. Cancro e Sida:doenzas malditas.
Aportacións psicoterapéuticas diante do cancro e do Sida.
Os sanitarios frónte ao estigma.
Aspectos a contemplar para unha morte digna.
TEMA 18.A relación persoal sanitario-doente. Perspectiva holística da saúde e coidados de enfermaría.Liderazgo en enfermaría.Estilos de liderazgo.
TEMA 19.A comunicación persoal sanitario-doente. Comunicación.Formas,métodos e perturbacións.
Os enfermeiros como grupo de traballo.
Funcións de enfermaría nos coidados psicosociaís.
TEMA 20.Aspectos psicolóxicos,físicos e sociaís da violencia de xénero. Concepto de violencia de xénero.A familia como sistema.Epidemioloxía e xénese da violencia de xénero.Tipos de prevención.Investigación en violencia de xénero
TEMA 21.Introducción ao psicodrama Concepto e utilidade do psicodrama.
Fases do psicodrama
Tipos de psicodrama
Autores máis representativos
Experienzas
Tema 22.Novas terapias aplicadas aos coidados. Musicoterapia.
Aromaterapia.
Risoterapia.
Psicodanza.
Terapia asistida con animais

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 40 40 80
Obradoiro 4 8 12
Traballos tutelados 10 50 60
Análise de fontes documentais 2 8 10
Recensión bilbiográfica 0 4 4
Proba obxectiva 3 21 24
Lecturas 4 16 20
Xogo de rol (role playing) 10 0 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral vai ser a técnica docente habitual,co apoio de medios audiovisuales e exposición de casos prácticos,pretendendo favorecer a implicación e participación do alumnado,pólo que a asistencia é fundamental
Obradoiro Analise de material multimedia.
Traballos tutelados Realizaránse tres traballos en grupos de máximo 8 alumnos seguindo o esquema:
-selección do tema
-documentación sobre o mesmo
-guión xeral
-sesións periódicas coa profesora para seguimento e preparación da presentación en formato power-point,e
-exposición na aula
Análise de fontes documentais Revisión de hemeroteca , artigos publicados en revistas científicas e filmes documentais relacionados co tema a analizar
Recensión bilbiográfica Os alumnos realizarán de xeito individual a recensión bibliográfica dun libro a escoller entre a lista proposta.
Proba obxectiva Realizarase ao finalizar o primeiro cuatrimestre en constará de 2 partes:
1)Batería de 30-42 items con resposta alternativa coa finalidade de avaliar coñecementos básicos a nivel conceptual que posúe o alumnado
2)Desenrolo dun tema a elexir entre tres propostos coa finalidade de valorar a comprensión e integración dos coñecementos adquiridos polo alumnado
Lecturas Preténdese promover a análise crítica mediante a lectura de distintos artigos de actualidade relacionados co contido do programa
Xogo de rol (role playing) Mediante esta técnica grupal de carácter presencial pretendese a adquisición de habilidades de caracter actitudinal por parte dos alumnos

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados A presentación dos traballos e obrigatoria.
A avaliación dos traballos farase tendo en conta os seguintes apartados:
- Descripción, sintese e relación da información dos contidos ou temas relativos ós traballos
- Utilización de léxico específico.
-Habilidades na comunicación.
30
Proba obxectiva A proba constará de :
-42 preguntas tipo test(puntuación máxima de 60;cada erro anula un acerto), e
-unha pregunta sobre un tema a desenvolver (puntuación máxima de 10)relacionadas con contidos teóricos, lecturas e traballos tutelados.
A totalidade da proba obxectiva puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 70. A puntuación mínima para superar a proba será de 50.
70
 
Observacións avaliación

Será necesario acadar unha puntuación mínima de 50 na proba obxectiva para aplicar a porcentaxe correspondente a cada unha das metodoloxias.


Fontes de información
Bibliografía básica

- CIENCIAS PSICOSOCIALES APLICADAS A LA SALUD.Llor,Abad y otros.Ed.Interamericana.

- CUIDADOS DE ENFERMERÍA EN PACIENTES CON CONDUCTAS ESPECIALES.Limkin.Ed.Doyma.

- DIAGNÓSTICOS ENFERMEROS:DEFINICIONES Y CLASIFICACIÓN 2007-2008.Nanda Internacional.Ed.Elsevier

- DICCIONARIO DE PSICOLOGÍA.Dorsch,F.Ed.Herder.

- DINÁMICA DE GRUPOS.Cartwrigth.D.Ed.Trillas.

- ENFERMERÍA.CIENCIAS PSICOSOCIALES.Tazón.P,Aseguinolaza.L y García-Campayo.J.Ed.Masson. (PSI 468)

- ENFERMERIA PSICOSOCIAL Y SALUD MENTAL.Novel.G,Lluch.MT y Miguel.MD.Ed.Masson. (PSI 463).

- ENFERMERÍA SOCIAL.Tikham.Ed.Limnsa.

- FAMILIA CONTRA ENFERMEDAD:EFECTOS SANADORES DEL AMBIENTE FAMILIAR.Matthews-Simonton,S.Ed.Los libros del comienzo.

- LA COMUNICACIÓN DEL PERSONAL SANITARIO Y PACIENTE.Peitchinis.Ed.Alambra.

- LAS RELACIONES INTERPERSONALES:EJERCICIOS PRÁCTICOS Y FUNDAMENTOS TEÓRICOS.Simón.P y Lucien.A.Ed.Herder.

- PACIENTE TERMINAL Y MUERTE.Madalon.Ed.Doyma.

- PSICOLOGÍA ONCOLÓGICA.Bayés,R.Ed.Martínez Roca.

- PSICOLOGÍA SOCIAL.Salazar,Montero y otros.Ed.Trillas.

- VIVIR EL HOSPITAL.Dobbs.B,Poletti,R.Ed.Rol.

- YO ESTOY BIEN,TÚ ESTÁS BIEN.Harris,T.Ed.Grijalbo.

Bibliografía complementaria (). .
(). .

BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA:

ALBORCH,C.:”Malas”.Aguilar.Madrid,2002.

BARBERÁ,E.:”Psicología del género”.Ariel.Barcelona,1998.

BAYÉS,R:"Psicología oncológica".Ed.Martinez-Roca.

BELTRÁN,E;MAQUIEIRA,V.:”Feminismos.Debates teóricos contemporáneos”.Alianza.Madrid,2001.

BERSTEIN,DA.;BORKOVEK,ID.:"Entrenamiento en relajación muscular progresiva"DDB.Bilbao,1983

CARTWRIGHT,D:"Dinámica de grupos".Ed Trillas

CASTILLA DEL PINO,C.:”Teoría de los sentimientos”.Tusquets.Barcelona,2000.

CASTILLA DEL PINO,C.:”La envidia”.Alianza.Madrid,1994.

DAVIS,M y cols.:"Técnicas de autocontrol emocional".Ed.Martínez Roca.Barcelona,1985

DOBBS,B y POLETTI,R.:"Vivir el hospital".Ed.Rol

DORSCH,F:"Diccionario de Psicología".Ed.Herder

FISHER,H:"Anatomía del amor".Anagrama,2007.

FISHER,H:"El primer sexo".Punto de lectura.Madrid,2001.

FISHER,H:"Por qué amamos".Ed.Taurus,2004

GARCIA CALLEJO,J.M.:”Protección jurídica contra el acoso Moral en el trabajo o la tutela de la dignidad del trabajador”.FSP-UGT.Madrid.ISBN 84-607-7213-6.

HARRIS,T:"Yo estoy bien,tú estás bien".Ed.Grijalbo.

HIRIGOYEN,M.F.:”El acoso moral”.Paidós.Barcelona,1999.

TIKHAM:"Enfermeria social".Ed Limnsa

LEACH,E.:”Cultura y comunicación”.Zahor.1978.

NOVEL,G;LLUCH,MT y MIGUEL,MD:"Enfermería psicosocial y salud mental".Ed Masson (PSI463) 

MADALON:"Paciente terminal y muerte".Ed.Doyma

MARINA,J.A;VÁLGOMA,M.:”La lucha por la dignidad”.Anagrama.Barcelona,2000.

PEITCHINIS:"La comunicación del personal sanitario y paciente".Ed.Alhambra

TAZON,P;ASEGUINOLAZA,L y GARCIA-CAMPAYO,J:"Enfermería,ciencias psicosociales".Ed.Masson(PSI 468)

SIMON,P Y LUCIEN,A:"Las relaciones interpersonales:ejercicios prácticos y fundamentos teóricos".Ed.Herder

REVISTAS (formato papel):

-Cultura de los cuidados

-Index de Enfermería

-Metas

-Rol

-Siso saúde

WEBS DE INTERÉS:

www.finisterre.com

www.google.es

http://index-f.com/

www.E-ROL.es

www.psiquiatría.com


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enfermaría da Saúde Mental/661G01015
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisioloxía I/661G01005
Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
Fundamentos da Enfermaría/661G01007

Materias que continúan o temario

Observacións

1.Uso das TIC para a presentación de traballos na aula 2.Uso das bases de datos 3.Coñecementos de lingua inglesa de nivel medio(recoméndanse cursos do CUFIE)



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías