Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Enfermaría materno-infantil Código 661G01018
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Terceiro Obrigatoria 9
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Rei Serra, Teresa
Correo electrónico
teresa.rei@udc.es
Profesorado
Rei Serra, Teresa
Correo electrónico
teresa.rei@udc.es
Web
Descrición xeral Rematado o proceso de ensino-aprendizaxe desta materia obrigatoria, pertencente ó módulo de Ciencias da Enfermaría, os estudantes deberán acadar os coñecementos, habilidades e actitudes necesarios para:
- prestar coidados integrais á muller en aspectos coma a planificación familiar e a maternidade, alén da promoción e da prevención da saúde, mantendo unha actitude responsable e científica, e
- proporcionar coidados ó neno e á súa familia nas diferentes etapas de crecemento e desenvolvemento; incluíndo actividades de prevención das enfermidades nesta época da vida.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a singularidade e as características do neonato, da infancia e da adolescencia. A42
A43
B1
C1
Recoñecer e valorar a relevancia da familia na atención e coidado do neno. A46
A48
B14
B15
C1
Recoñecer a importancia do seguimento do crecemento do neno para identificar precozmente trastornos ou signos de alarma. A43
B1
B3
C1
Comprender a importancia da idade, da etapa de desenvolvemento e dos problemas de saúde á hora de prestar coidados. A43
B1
B9
C1
Identificar e argumentar as necesidades nutricionais do neno segundo a súa idade, así como contribuir ó desenvolvemento da capacidade dos pais para a cobertura desta necesidade. A42
A43
A48
B1
B3
B9
C1
Describir os principais procesos patolóxicos na idade neonatal, na infancia e na adolescencia, así coma as probas diagnósticas e os procedementos terapéuticos empregados. A44
A47
B9
C1
Comprender e describir as necesidades de coidado do neno e da súa familia, identificando e priorizando os diagnósticos de enfermaría e as complicacións potenciais, e planificar coidados relacionados coa especificidade dos pacientes pediátricos e a súa contorna. A42
A44
A45
A47
B1
B2
B3
B7
B9
B13
C1
Coñecer as diferentes técnicas e procedementos enfermeiros máis usuais na pediatría, a súa indicación e base científica, e relacionalos co problema específico. A46
A47
B3
B9
C1
Desenvolver intereses, actitudes e sensibilidade pola infancia, a adolescencia e os seus problemas de saúde na sociedade actual. B14
B15
C7
Coñecer a estructura do sistema reproductor, comprendendo a fisioloxía destes órganos no proceso de reproducción. A40
Describir o proceso de fecundación, implantación e desenvolvemento fetal ata o momento do nacemento. A40
Identificar os controis, periodicidade e contidos de educación sanitaria proporcionados ó longo da xestación. B1
B7
B14
B15
Aplicar os coidados enfermeiros nas diferentes etapas da xestación. A41
B2
B3
B7
B10
C1
C7
Proporcionar á xestante educación sanitaria para ensinarlle como autocoidarse diante de cualquera situación de risco do embarazo. A41
B1
B2
Recoñecer signos e síntomas do inicio do traballo de parto e a atención ó parto de urxencia. A41
B2
B3
B7
C6
Planificar os coidados enfermeiros nas diferentes etapas do puerperio. A41
B1
B2
B3
B7
B13
B15
Comprender a fisioloxía da resposta sexual humana e os principais problemas da saúde reproductiva. A40
Identificar os diferentes métodos anticonceptivos. A40
B1
B2
B9
C7
Describir as Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) máis frecuentes e identificar as diferentes medidas de prevención. A40
B2
B7
B15
Planificar coidados enfermeiros nas mulleres con cancro de mama e xinecolóxico. A40
B1
B2
B3
B7
B9
B15

Contidos
Temas Subtemas
UNIDADE I: REPRODUCIÓN HUMANA 1.Anatomía dos órganos reprodutores
2.Fisioloxía do aparato reprodutor feminino e masculino
3.Resposta sexual humana
4.Gametoxénese, fecundación e implantación
5.Control da fertilidade
UNIDADE II: EMBARAZO. PROBLEMAS DE SAÚDE NO EMBARAZO 6.Períodos de desenvolvemento prenatal humano
7.Descrición do embarazo
8 Coidados prenatais
9. Problemas de saúde específicos na xestación
UNIDADE III: PARTO E PUERPERIO 10.Traballo de parto
11.Coidados da muller no parto
12.A dor
13.Parto distócico e intervencións obstétricas
14.Atención inmediata do neonato na sala de partos.
15.O puerperio
16.Problemas de saúde no parto e o puerperio
17.Aspectos psicolóxicos da maternidade e da paternidade
18.Coidados de enfermaría ao neonato
UNIDADE IV: XINECOLOXÍA 19.Prevención do cancro de mama e xinecolóxico
20.A paciente xinecolóxica hospitalizada
UNIDADE V: INTRODUCCIÓN Á ENFERMARÍA INFANTIL. 1. Evolución dos coidados infantís e situación actual.
2. Períodos da infancia.
3.Morbilidade e mortalidade infantil.
4. O coidado do neno e da súa familia.
UNIDADE VI: COIDADOS DE ENFERMARÍA Ó NEONATO. 5. Adaptación á vida extrauterina.
6. Clasificación do neonato segundo peso e idade xestacional.
7. Valoración de enfermaría.
8. Nutrición: Lactancia materna. Lactancia artificial.
9. Coidados de enfermaría ó neonato de alto risco.
UNIDADE VII: ATENCIÓN DE ENFERMARÍA Ó NENO SANO. 10. Crecemento e desenvolvemento do neno.
11. Inmunizacións en pediatría: calendario de vacinacións.
12. Nutrición: Alimentación complementaria.
13. Promoción da saúde ó longo das etapas: lactante, preescolar, escolar e adolescente.
14. Prevención de accidentes na infancia. Educación sanitaria.
UNIDADE VIII: O NENO NO HOSPITAL. 15. Características das unidades asistenciais pediátricas.
16. Reaccións do neno e da súa familia ante a enfermidade e a hospitalización.
17. Atención de enfermaría ó ingreso. Comunicación co neno e coa súa familia.
18. A dor no neno: Intervencións de enfermaría relacionadas co alivio da dor.
UNIDADE IX: COIDADOS DE ENFERMARÍA Ó NENO CON PROBLEMAS DE SAÚDE. 19. Signos e síntomas frecuentes na infancia: febre, vómitos, diarrea, estreñimento, convulsións e dor abdominal.
20. Coidados pre e postoperatorios.
21. Maltrato infantil.
22. Coidados paliativos en pediatría.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO: Coidados xerais ó neonato e ó lactante.
Osíxenoterapia e aerosolterapia no neno.
Obtención de mostras.
Canalizacións de vías periféricas e centrais en pediatría.
Preparación, dosificación e administración de fármacos.
Reanimación Cardiopulmonar Neonatal.
Reanimación Cardiopulmonar Pediátrica.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta 3 60 63
Prácticas de laboratorio 8 3 11
Traballos tutelados 4 20 24
Estudo de casos 14 27 41
Análise de fontes documentais 2 14 16
Lecturas 0 4 4
Sesión maxistral 32 32 64
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba escrita con preguntas abertas de desenvolvemento e/ou preguntas de resposta múltiple para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos e prácticos.
Prácticas de laboratorio Demostración teórico-práctica de técnicas e procedementos para a adquisición de habilidades e destrezas con simulacións e con maniquíes, encamiñados a empregar correctamente os materiais e a executar diferentes técnicas de coidado.

Traballos tutelados Actividade na que os estudantes, de forma autónoma, profundizan ou relacionan coñecementos expostos polo profesor.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica de saúde que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de estudantes, a través dun proceso de discusión. O/a alumno/a sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón, de xeito oral e con medios audiovisuais, os contidos teóricos da materia e a orientación bibliográfica dos mesmos, promovendo a discusión e participación activa do alumnado. Rematarase cada exposición cun resumo/conclusión dos puntos fundamentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de xeito individualizado, presencial ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cos traballos tutelados tutelados ten como finalidade orientar ós estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta A proba constará de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas coas competencias da materia.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A puntuación mínima para superar a proba será de 5.

A CUALIFICACIÓN DESTE APARTADO PARA A PARTE DE ENFERMARÍA INFANTIL COMPUTA O 75% DA NOTA
80
Prácticas de laboratorio A asistencia as prácticas é obrigatoria no día e hora que corresponda. Farase unha avaliación continua durante as prácticas para valorar o progreso e interés dos estudantes.

A CUALIFICACIÓN DESTE APARTADO SÓ COMPUTA PARA A PARTE DE ENFERMERÍA INFANTIL.
5
Traballos tutelados A avaliación dos traballos farase tendo en conta os seguintes apartados:
- Descripción e síntese da información dos contidos ou temas relativos ós traballos.
- Utilización de léxico específico.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10.
A puntuación mínima para superar a proba será de 5.
20
 
Observacións avaliación

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO OBTER UNHA CALIFICACIÓN MÍNIMA DE 5 NA AVALIACIÓN DE CADA UNHA DAS PARTES: MATERNAL E INFANTIL.


É NECESARIO OBTER UNHA CALIFICACIÓN MÍNIMA DE 5 NA PROBA MIXTA PARA A APLICACIÓN DA PORCENTAXE NA NOTA FINAL.


Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía Enfermaría Maternal

  • Torrens Sigalés RM, Martinez Bueno C. Enfermería de la mujer. Madrid: Ediciones DAE grupo Paradigma;2009.
  • Seguranyes Guillot G. Enfermería Maternal. Barcelona: Masson SA; 2006.
  • González Merlo J. Ginecología. Barcelona: Masson-Salvat; 2006.
  • González Merlo J. Obstetricia. Barcelona: Masson-Salvat; 2006.
  • Usandizaga JA. Tratado de obstetricia y ginecología. Vol.I. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2008.

Bibliografía Enfermaría Infantil

Bibliografía complementaria

Bibliografía Enfermaría Infantil

  • del Barrio Martínez C. La comprensión infantil de la enfermedad: un estudio evolutivo. Barcelona:Anthropos; 1990.

  • Recomendacións
    Materias que se recomenda ter cursado previamente
    Estancias Clínicas VI/661G01030
    Estancias Clínicas VII/661G01031

    Materias que se recomenda cursar simultaneamente
    Enfermaría clínica III/661G01017
    Enfermaría Comunitaria II/661G01019

    Materias que continúan o temario
    Anatomía/661G01001
    Psicoloxía/661G01003
    Fisioloxía I/661G01005
    Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
    Fundamentos da Enfermaría/661G01007
    Nutrición/661G01009
    Fisioloxía II/661G01010
    Farmacoloxía/661G01011
    Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012
    Enfermaría Comunitaria I/661G01014
    Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016

    Observacións


    (*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías