Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Estancias Clinicas I Código 661G01025
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Cendán Vérez, Monserrat
Correo electrónico
monserrat.cendan@udc.es
Profesorado
Cendán Vérez, Monserrat
Mosquera Ferreiro, Elena
Puga Mira, María José
Villanueva Pelayo, Juana
Correo electrónico
monserrat.cendan@udc.es
emosquera@udc.es
maria.jose.puga.mira@sergas.es
juana.maria.villanueva.pelayo@sergas.es
Web
Descrición xeral Son estancias clínicas, correspondestes ó nivel I ou básico da aprendizaxe práctica, dirixidas á adquisición de habilidades na realización de intervencións, técnicas e procedemantos de coidados de enfermaría, a través da simulación. Pretendese que os estudantes adquiran certas competencias que garanticen a sua propia seguridade e a dos usuarios antes do inicio do rotatorio clínico.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Describir o obcxectivo, material e pasos necesarios para a realización das tecnicas e procedementos. A37
A62
B1
C1
Desenvolver habilidades na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría. A37
A62
B8
B9
B19
B20
C3
Identificar os resultados esperados (seguros e eficaces), e inesperados (problemas potenciais) e a sua resolución na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría A62
B1
B2
B4
B7
B9
B10
B11
B13
C3
C7
Identificar as actividades apropiadas para a sua delegación na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría A62
B2
B5
B7
B10
B11
B13
B14
C3
C4
Desenvolver habilidades de comunicación terapéutica na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría. A62
B2
B7
B9
B11
B14
B15
B16
B24
C1
C4
Analizar e reflexionar acerca dos aspectos de confidencialidade e privacidade na realización de técnicas, procedementos e rexistros dos coidados de enfermaría. A62
B3
B5
B6
B16
B24
C4

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.- INFORMACIÓN E APOIO AO USUARIO NO PASO POLO SISTEMA SANITARIO. Comunicación
Rexistros e informes.
TEMA 2.- SEGURIDADE E BENESTAR DO USUARIO. Seguriade do usuario
Benestar do Usuario
TEMA 3.- HIXIENE Baño e coidado da pel.
Coidados do entorno do usuario.
Prevención das úlceras por presión
TEMA 4.- CONSTANTES VITAIS Temperatura corporal
Frecuéncia cardíaca
Frecuéncia respiratória
Presión arterial
TEMA 5.- ELIMINACIÓN Eliminación urinaria.
Sondaxe vesical.
TEMA 6.- CONTROL DA INFECCIÓN Asepsia
Técnica estéril
TEMA 7.- MEDICACIÓNS Preparación da medicación para a sua administración
Medicacións orais e tópicas
Medicacións parenterais.
Terapia intravenosa
Hemoterapia
TEMA 8.- PROCEDEMENTOS ESPACIAIS Recollida de mostras
Electrocardiograma
TEMA 10.- OSIXENACIÓN Osixenoterapia
Manexo da vía inhalatória
Mantemento das vías respiratorias
Sistemas de drenaxe torácico
Medición de gasometria arterial e venosa
Aspiración de secrecións
Cambio de cánulas traqueostomías
TEMA 9.- NUTRICIÓN Nutrición enteral
Nutrición parenteral
TEMA 11.- APÓSITOS E COIDADOS DA FERIDA Manexo productos sanitarios para procedemento de cura en ambiente húmido.
Vendaxes
Coidados das feridas
Suturas
TEMA 12.- COIDADOS POSTOPERATORIOS Ostomías
Drenaxes cirúrxicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 30 15 45
Prácticas de laboratorio 59 20 79
Simulación 5 2 7
Lecturas 0 5 5
Proba mixta 2 10 12
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade na que o profesor expón de maneira oral e con medios audiovisuais contidos teóricos do programa e a orientación bibliográfica dos mesmos.
A asistencia é obrigatoria.
Prácticas de laboratorio Actividade na que o estudante a través da realización de actividades prácticas adquire destreza na realización de técnicas e procedementos de enfermaría.
A asistencia as práctcas de laboratorio é obrigatoria no día e hora que corresponda.
Simulación Actividade na que o profesor configura situacións clínicas reais que favorezcan o desenvolvemento da capacidade para tomar decisións e integrar os coñecementos. Utilizase como metodoloxía de aprendizaxe e como procedemento da avaliación.
A asistencia as actividades de simulación é obrigatoria no día e hora que corresponda.
Lecturas Actividade na que o estudante a través da lectura de textos e protocolos profundiza no coñecemento do fundamento dos distintos pasos dunha actividade uo intervención
Proba mixta Proba escrita con pregunta curta e/o tipo test para avaliar, fundamentalmente, a aprendizaxe dos contidos teóricos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Simulación
Proba mixta
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada relacionada ca simulación ten como finalidade orientar os estudantes na toma de decisións e na secuencia de actividades nas distintas situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos.

A atención personalizado relacionada coa proba mixta ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada cas prácticas de laboratorio ten como finalidade axudar o estudante na adquisición de destrezas, e correción de erros na realización das diferentes técnicas e procedementos de enfermaría. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Simulación A asistencia as actividades de simulación é obrigatoria no día e hora que corresponda para poder presentarse a proba final.
Os estudantes que superen o 10% de faltas (6 horas)entre as actividades presenciais de simulación e prácticas de laboratorio non poderan optar á avaliación final da materia
Criterios de avaliación:
Presencialidade 30%: cada falta suporá un descenso do 0,5 puntos neste apartado.
Avaliación continuada 10%: valorase o progreso, interese e habilidades dos estudantes.
Proba final 10%: consistirá en presentar ós estudantes situacións clínicas reais para valorar a secuencia lógica das actividades a realizar e as razóns fudamentais do proceso decisión- realización.
20
Proba mixta A proba constará de preguntas curtas e/ou tipo test, relacionadas có saber das competencias da materia.
O exame realizarase na data establecida no calendario, antes do exame práctico, a duración estimada non poderá superar a hora e media.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10.
50
Prácticas de laboratorio A asistencia as prácticas e obrigatoria no día e hora que corresponda para poder presentarse a proba final.
Os estudantes que superen o 10% de faltas (6 horas)entre as actividades presenciais de simulación e prácticas de laboratorio non poderan optar á avaliación final da materia
Criterios de avaliación:
Presencialidade 30%: cada falta suporá un descenso do 0,5 puntos neste apartado.
Avaliación continuada 10%: valorase o progreso, interese e habilidades dos estudantes.
Proba final 10%: consistirá na realización das técnicas e procedementos para valorar a habilidade na sua aplicación e a utilización correcta do material.
30
 
Observacións avaliación






Para promediar a porcentaxe das diferentes metodoloxías os estudantes deben:


Acadar unha nota minima de 5 na proba mixta.


A nota corespondente a avaliación da simulación e prácticas de laboratorio será a media ponderada da avaliación das catro profesoras e será necesario superar a avaliación de tres das catro profesoras para posteriormente poder establecer a media.


Fontes de información
Bibliografía básica (2011). Manual de CTO enfermeria. Madrid:GRUPO CTO

KOZIER B, ERB G. Técnicas en Enfermería Clínica. 4ªed.Madrid: Interamericana-McGraw Hill; 1998.

PERRY A. POTTER P.Enfermería clínica: Técnicas y procedimientos. 4º ed..Madrid: Harcourt, 1999.

  • NANDA internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2009-2011. Madrid: Elsevier; 2010.
  • Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 4ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planes de Cuidados. Coruña; 2002.
  • Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) . Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.

 

  • Fisterra

http://www.fisterra.com/

 

 

 

REVISTAS DE ENFERMARIA

Revista ROL de enfermería.

Metas de enfermería.

Nursing.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/661G01001
Psicoloxía/661G01003
Fisioloxía I/661G01005
Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
Fundamentos da Enfermaría/661G01007
Nutrición/661G01009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Fisioloxía II/661G01010
Farmacoloxía/661G01011
Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías