Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Estancias Clinicas II Código 661G01026
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos Ter superada a Estancia Clínica I para poder cursar esta materia
Departamento
Coordinación
Cendán Vérez, Monserrat
Correo electrónico
monserrat.cendan@udc.es
Profesorado
Cendán Vérez, Monserrat
Correo electrónico
monserrat.cendan@udc.es
Web
Descrición xeral Son estancias clínicas, correspondestes ó nivel I ou básico da aprendizaxe práctica, dirixidas á adaptación dos estudantes ó entorno asistencial, e á integración dos coñecementos teóricos en situacións reais.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
- Demostrar capacidade de colaborar co equipo asistencial sanitario, recoñecendo os límites da propia competencia e mantendo os principios e valores da ética nas dimensións do rol enfermeiro. A61
B1
B5
B6
- Demostrar capacidade de comunicarse de xeito efectivo coas persoas atendidas. A61
B7
B15
Aplicar o proceso de atención de enfermaría: - demostrar capacidade para valorar, recoñecer e documentar, de xeito obxectivo, as necesidades básicas da persoa atendida. - identificar os diagnósticos de enfermaría relacionados cas necesidades básicas das persoas. - demostrar capacidade e coñecementos dos principios científicos nos que se basea a práctica. Planificar e organizar os coidados dos diagnósticos identificados. - demostrar coñecementos e habilidades técnicas necesarias para efectuar as actividades e procedementos de coidados de enfermaría, garantindo a seguridade da persoa. A61
B3
B5
B8
B9
B10
B11
B13
B14
B16
B20
B24
C1
C7
Realizar os coidados de enfermaría baseándonos nos principios dunha práctica reflexiva. A61
B1
B3
B5
B8
B9
Identificar os sistemas de rexistro e comunicación da unidade asistencial. A61
B7
B11
B19
C3

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades de hospitalización. Permiten ós estudantes a adaptación a un entorno clínico hospitalario, así como comprender a función das enfermeiras/os, e a integrar e desenvolver os coñecementos teóricos, as actitudes e as habilidades.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 2 0 2
Prácticas clínicas 120 0 120
Solución de problemas 1 20 21
Prácticas a través de TIC 3 0 3
Presentación oral 1 2 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias nas que os estudantes observan e participan nas actividades clínicas, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización de dous rotatorios de prácticas, un deles nunha unidade de hospitalización da área médica, e outro nunha unidade de hospitalización da área cirúrxica.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes na que éstes seleccionan unha situación clínica concreta co fin de valorar, identificar e planificar os problemas de saúde.
Prácticas a través de TIC Actividade que permite ó alumnado aprender de forma efectiva as tecnoloxías da información e comunicación utlilizadas para o tratamento da información clínica enfermeira nun contorno hospitalario.
Presentación oral Actividade na que o estudante expón verbalmente, ós outros estudantes e ó profesor, a valoración e planificación dos coidados de enfermaría dunha situación clínica concreta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada coa Solución de problemas ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas clínicas Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. 60
Solución de problemas Criterios de avaliación: 1. Asistencia obrigatoria. 2. Presentación e estructura: ata 2 puntos. 3. Claridade na redacción: ata 2 puntos. 4. Capacidade de análise e síntese: ata 2 puntos. 5. Capacidade crítica e aportación persoal: ata 4 puntos. 40
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.


 


As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.


Fontes de información
Bibliografía básica Berman A, Snyder SJ, Kozier B, Erb G (2008). Fundamentos de Enfermería. Conceptos, proceso y práctica. Madrid

A bibliografía referenciada nas materias de Coidados Básicos de Enfermaría, Fundamentos de Enfermaría , Psicoloxía e Nutrición.

  • NANDA internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2009-2011. Madrid: Elsevier; 2010.
  • Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 4ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planes de Cuidados. A Coruña; 2002.
  • Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) . Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.

Fisterra

http://www.fisterra.com/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estancias Clínicas III/661G01027
Estancias Clínicas IV/661G01028
Estancias Clínicas V/661G01029
Estancias Clínicas VI/661G01030
Estancias Clínicas VII/661G01031
Practicum/661G01032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012

Materias que continúan o temario
Anatomía/661G01001
Psicoloxía/661G01003
Fisioloxía I/661G01005
Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
Fundamentos da Enfermaría/661G01007
Nutrición/661G01009
Fisioloxía II/661G01010
Farmacoloxía/661G01011
Estancias Clinicas I/661G01025

Observacións

Tendo en conta o especificado na Memoria do Título é necesario ter superada a materia Estancia Clínica I para poder matricularse.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías