Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Estancias Clínicas IV Código 661G01028
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I,II,III para poder cursar esta materia.
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Garcia Martinez, Carmen Maria
Correo electrónico
maria.garciam@udc.es
Profesorado
Garcia Martinez, Carmen Maria
Correo electrónico
maria.garciam@udc.es
Web
Descrición xeral Estas estancias clínicas corresponden a una fase intermedia de la formación del estudiante, en las que se le exige un mayor grado de profundización e integración de los concimientos adquiridos. Están dirigidas a la incorporación de los estudiantes en instituciones sanitarias de atención primaria de salud, en el ámbito comunitario y en áreas afines.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Demostrar capacidade de colaborar co equipo asistencial sanitario e sociosanitario de atención primaria de saúde de acordo a dimensión e os límites da competencia enfermeira, mantendo os principios e valores éticos A61
B1
B2
B5
B7
B10
B12
B19
B20
C1
C3
Demostrar capacidade de comunicarse coas personas sanas ou enfermas atendidas e as súas familias A61
B1
B7
B10
B14
B15
B16
B22
B24
C1
C4
Aplicar o Proceso de Atención de Enfermaría a persoas sanas, enfermas e familias no marco da sua comunidade. Planificando os coidados de enfermaría derivados dos problemas identificados tanto na consulta de enfermaría a demanda, programada, urxente ou no domicilio das persoas. A61
B2
B3
B5
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B16
B19
B24
C4
C6
Realizar os cuidados de Enfermaría baseandose nos principios dunha práctica reflexiva e a evidencia científica mais significativa no ámbito comunitario A61
B1
B3
B5
B8
B9
B11
B17
C1
C3
C7
Coñecer e utilizar os sistemas de rexistro específicos de Atención Primaria: Historia Clínica, rexistros de enfermaría... A61
B5
B7
B10
B11
B19
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas realizadas en centros de atención primaria de saúde. Permiten ó estudante integrar os coñecementos teóricos e habilidades adquiridas, e comprender, diagnosticar os problemas de saúde, diseñar un plano de coidados e desenvolvelo tendo en conta a situación de saúde das persoas o seu contorno e ciclo vital.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas 240 20 260
Solución de problemas 4 33 37
Actividades iniciais 1 0 1
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias de atención primaria de saúde nas que os estudantes observan e participan nas actividades do equipo de saúde, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes na que éstes seleccionan unha situación clínica concreta co fin de valorar, identificar e planificar os problemas de saúde ou planificar ou planificar actividades de promoción e prevención da saúde.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no contorno da atención primaria de saúde. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada coa Solución de problemas ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas clínicas Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria.
50
Solución de problemas Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación e estructura: ata 2 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 2 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 2 puntos.
5. Capacidade crítica e aportación persoal: ata 4 puntos.
50
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.


 


As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.


Fontes de información
Bibliografía básica

 

  • NANDA internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2009-2011. Madrid: Elsevier; 2010.
  • Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 4ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planes de Cuidados. Coruña; 2002.
  • Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) . Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.
  • Fisterra

http://www.fisterra.com/

 

A bibliografía especificada na materia de Enfermaria Comunitaria I e II

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Practicum/661G01032

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Clínicas VI/661G01030
Estancias Clínicas VII/661G01031

Materias que continúan o temario
Anatomía/661G01001
Fisioloxía I/661G01005
Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
Bases para a interpretación do coñecemento científico/661G01008
Fisioloxía II/661G01010
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Enfermaría da Saúde Mental/661G01015
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías