Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Estancias Clínicas V Código 661G01029
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I, II,III para poder cursar esta materia.
Departamento
Coordinación
Fraga Lamas, Ana Magdalena
Correo electrónico
amfraga@udc.es
Profesorado
Fraga Lamas, Ana Magdalena
Correo electrónico
amfraga@udc.es
Web
Descrición xeral Son Estancias Clínicas que corresponden ó nivel intermedio da aprendizaxe práctico clinica que teñen como finalidade integrar os coñecementos e habilidades adquiridas que lles permitan entender, comprender , diagnósticar e participar no deseño e desenvolvemento dun plano de coidados nas persoas en situación crítica de saúde e desenvolver habilidades de comunicación efectiva cos doentes, familias e equipo.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Demostrar capacidade de colaborar co equipo asistencial sanitario das unidades coidados criticos, recoñecendo os límites da competencia enfermeira e mantendo os principios e valores éticos. A61
B3
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
Capacidade para establecer unha adecuada comunicación co equipo, doente e familia. A61
B5
B6
B7
B10
B11
B14
B15
B16
C1
C7
Aplicar o proceso de atención de enfermaría. Demostrar capacidade para: - Describir as características comúns dos doentes en unidades de coidados críticos. - Valorar as necesidades de coidados utilizando técnicas de observación directas e instrumentais. - Colaborar e/ou planificar os coidados derivados dos problemas identificados, clasificándoos por orde de prioridade. - Colaborara e/ou executar as técnicas e procedementos mais usuais nestas unidades. A61
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
Realizar os coidados de enfermaría baseándose nos principios dunha práctica reflexiva e na evidencia científica. A61
B1
B3
B5
B6
B8
B9
B11
B12
B13
B16
B24
C1
C3
C4
C7
Utilizar os sistemas de rexistro e comunicación das unidades de coidadoS criticos. A61
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B24
C1
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades hospitalarias de atención as persoas adultas en situación de crítica. Permiten ó estudante integrar os coñecementos teóricos e habilidades adquiridas, e comprender, diagnosticar os problemas de saúde, diseñar un plano de coidados e desenvolvelo tendo en conta a situación especifica de saúde .

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas clínicas 120 10 130
Solución de problemas 2 16 18
Actividades iniciais 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias nas que os estudantes observan e participan nas actividades clínicas, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización dun rotatorio de prácticas nunha unidade de atención a doentes en situación crítica.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes na que éstes seleccionan unha situación clínica concreta co fin de valorar, identificar e planificar os problemas de saúde que será exposta verbalmente, aos outros estudantes e ó profesor.
Actividades iniciais Actividades que se leva a cabo antes do inicio das prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas clínicas
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante deben acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada coa Solución de problemas ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas clínicas Realizarase unha avaliación continuada a través dos criterios ou indicadores establecidos para a valoración das competencias. A asistencia é obrigatoria. 50
Solución de problemas Criterios de avaliación:
1. Asistencia obrigatoria.
2. Presentación e estructura: ata 2 puntos.
3. Claridade na redacción: ata 2 puntos.
4. Capacidade de análise e síntese: ata 3 puntos.
5. Capacidade crítica e aportación persoal: ata 3 puntos.
50
 
Observacións avaliación

Para poder realizar as prácticas clínicas correspondentes é  necesario estar matriculado oficialmente na materia e ter superadas as Estancias Clínicas I y II, III tal e como consta na memoria do título de grao


A aplicación das porcentaxes na avaliación final para a superación da materia quedará suxeita a que cada unha das metodoloxias que computen na avaliación sexan superadas polo estudante segundo os criterios que se establezan.



Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.


 As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.



 


 


 


Fontes de información
Bibliografía básica

A bibliografía básica para esta materia está relacionada fundamentalmente ca especificada nas seguíntes materias: Enfermaría Clínica I, II e III.

  • NANDA internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2009-2011. Madrid: Elsevier; 2010.
  • Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 4ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planes de Cuidados. Coruña; 2002.
  • Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) . Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.

 

  • Fisterra

http://www.fisterra.com/

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Practicum/661G01032
Proxecto fin de grao/661G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Nutrición/661G01009
Farmacoloxía/661G01011
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Enfermaría clínica III/661G01017
Enfermaría Xerontolóxica/661G01020
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026
Estancias Clínicas III/661G01027
Enfermaría Clínica I/661G01034
Enfermaría Clínica II/661G01035

Observacións

Tendo en conta o especificado na Memoria do Título é necesario ter superada a materia Estancia Clínica I, II, e III para poder matricularse.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías