Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Estancias Clínicas VII Código 661G01031
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos Ter superadas as Estancias Clínicas I,II,III para poder cursar esta materia.
Departamento
Coordinación
Rei Serra, Teresa
Correo electrónico
teresa.rei@udc.es
Profesorado
Rei Serra, Teresa
Correo electrónico
teresa.rei@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Estancias Clínicas VII correspóndese co nivel intermedio da aprendizaxe práctica tutelada e relaciónase directamente coa materia Enfermaría materno-infantil.
Pretende introducir ó estudante no coñecemento do contexto pediátrico, para o desenvolvemento de habilidades e destrezas nos coidados aplicados neste ámbito, co obxectivo primordial de que aprenda a planificar, prestar e avaliar os coidados de enfermaría á poboación infantil.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Demostrar capacidade de colaborar co equipo asistencial sanitario e sociosanitario de atención ó neno nas diferentes etapas do desenvolvemento, recoñecendo os límites da competencia enfermeira e mantendo os principios e valores éticos. A61
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
Demostrar capacidade para comunicarse de maneira efectiva co neno e coa súa familia. A61
B7
B9
B10
B11
B13
B14
B15
B16
B22
B24
C1
C3
C4
C7
Aplicar o proceso de atención de enfermaría: - demostrar capacidade para valorar, recoñecer e documentar, de maneira obxectiva, as necesidades básicas do neno durante a hospitalización, - identificar os diagnósticos de enfermaría relacionados coas necesidades básicas do neno e da súa familia. - Planificar, priorizar e organizar os coidados dos problemas identificados, evaluando a efectividade do plano de coidados. - demostrar coñecementos e habilidades técnicas necesarias para efectuar as actividades e procedementos dos coidados de enfermaría, garantindo a seguridade do neno. A61
B1
B3
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
B13
B14
B15
B16
B19
B20
B22
B24
C1
C3
C4
C7
Realizar os coidados de enfermaría baseándose nos principios dunha práctica reflexiva e na evidencia científica. A61
B1
B3
B5
B6
B8
B9
B11
B12
B13
B16
B24
C1
C3
C4
C7
Utilizar os sistemas de rexistro e comunicación das unidades de coidado infantil. A61
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B11
B12
B13
B15
B16
B24
C1
C3
C4

Contidos
Temas Subtemas
Prácticas clínicas tuteladas, realizadas en unidades de coidado infantil hospitalario. Permiten ó estudante integrar os coñecementos teóricos e habilidades adquiridas, e comprender, diagnosticar os problemas de saúde, diseñar un plano de coidados e desenvolvelo tendo en conta a situación de saúde do neno e o seu nivel de desenvolvemento.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Prácticas clínicas 104 15 119
Solución de problemas 0 26 26
Presentación oral 3 0 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos precisos para o correcto desenvolvemento da materia, así coma o sistema de avaliación.
Prácticas clínicas Actividade formativa que conleva un contacto coa realidade profesional, facendo posible a observación e comprensión da relación entre a teoría e a práctica, así coma a progresiva participación nas actividades propias da profesión enfermeira na área infantil. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización dun rotatorio nunha unidade pediátrica.
Solución de problemas Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma do estudante. Consiste na selección dunha situación clínica concreta para a súa abordaxe e resolución con metodoloxía enfermeira.
Presentación oral Actividade na que o estudante expón verbalmente, ós outros estudantes e ó profesor, a resolución da situación clínica seleccionada.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas clínicas
Descrición
A atención personalizada relacionada coas Prácticas clínicas ten como finalidade atender as consultas dos estudantes relacionadas co seguimento e avaliación dos coñecementos, actitudes, valores e habilidades que o estudante debe acadar. Farase de forma individualizada, ben de xeito presencial, ou a través do correo electrónico.

A atención personalizada relacionada coa Solución de problemas ten como finalidade orientar ós estudantes na realización e presentación das situacións clínicas. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial, ou a través do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Criterios de avaliación: 1. Asistencia obrigatoria. 2. Presentación e estructura: ata 2 puntos. 3. Claridade na redacción: ata 2 puntos. 4. Capacidade de análise e síntese: ata 2 puntos. 5. Capacidade crítica e aportación persoal: ata 4 puntos. 45
Prácticas clínicas A asistencia ás prácticas clínicas será obrigatoria. Realizarase unha avaliación continuada baseada na adquisición de competencias a través dos criterios ou indicadores establecidos. 50
Presentación oral O plano de coidados realizado durante o rotatorio presentarase obrigatoriamente de xeito oral e empregando apoio audiovisual.
Criterios de avaliación: 1. Emprega terminoloxía científica. 2. Adáptase ó tempo establecido. 3. Exprésase verbalmente con fluidez. 4. Utiliza os recursos tecnolóxicos ó seu alcance para a exposición. 5. Demostra actitude de escoita e respeto polas aportacións dos outros estudantes.
5
 
Observacións avaliación

Dado que a asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria, as ausencias deberán xustificarse de acordo a normativa xeral do Centro relativa as Estancias Clínicas. Éstas serán recuperadas ó remate dos rotatorios establecidos, e antes da data de peche das actas. As faltas non xustificadas serán valoradas segundo o especificado na normativa xeral do Centro.



As datas e os horarios nos que cada estudante realizará as prácticas clínicas publicarase no taboleiro da Escola antes do inicio das mesmas.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Aguilar Cordero MJ. Tratado de enfermería infantil. Cuidados pediátricos. Madrid: Elsevier Science; 2008.
  • Chaure López I, Inarejos García M. Enfermería Pediátrica. Barcelona: Elsevier Masson; 2007.
  • Ruiz González MD, Martínez Barellas MR, González Carrión P. Enfermería del niño y el adolescente. 2ª ed. Madrid: Difusión Avances de Enfermería; 2009.
  • González Villanueva P. Enfermería de la infancia y la adolescencia. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces; 2011.
  • Gómez García CI, Díaz Gómez M, Ruiz García MJ. Enfermería de la infancia y la adolescencia. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2001.
  • Morales Gil IM, García Piñero JM. Guía de intervención rápida en Enfermería Pediátrica. Madrid: DAE; 2003.
  • NANDA internacional. Diagnósticos Enfermeros: Definiciones y Clasificación: 2009-2011. Madrid: Elsevier; 2010.
  • Moorhead S, Johnson M, Maas ML, Swanson E. Clasificación de resultados de enfermería (NOC). 4ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • Bulechek GM, Butcher HK, McCloskey Dochterman J. Clasificación de Intervenciones de Enfermería (NIC). 5ª ed. Barcelona: Elsevier; 2009.
  • NANDA Internacional. Razonamiento crítico para alcanzar resultados de salud positivos. Barcelona: Elsevier; 2011.
  • Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo. Planes de Cuidados. A Coruña; 2002.
  • Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) . Manual de Procedimientos de Enfermeria do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña; 2008.

 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Practicum/661G01032
Proxecto fin de grao/661G01033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Clínicas VI/661G01030

Materias que continúan o temario
Anatomía/661G01001
Bioloxía/661G01002
Psicoloxía/661G01003
Fisioloxía I/661G01005
Coidados Básicos en Enfermaría/661G01006
Fundamentos da Enfermaría/661G01007
Nutrición/661G01009
Fisioloxía II/661G01010
Farmacoloxía/661G01011
Enfermaría Clínica (I y II)/661G01012
Situacións de risco para a saúde /661G01013
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Enfermaría da Saúde Mental/661G01015
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/661G01016
Enfermaría materno-infantil/661G01018
Enfermaría Comunitaria II/661G01019
Estancias Clinicas I/661G01025
Estancias Clinicas II/661G01026
Estancias Clínicas III/661G01027

Observacións

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías