Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Protección civil e xestión de emerxencias Código 760482009
Titulación
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público Especial
Economía Aplicada 1
Educación Física e Deportiva
Psicoloxía
Coordinación
Carril Vázquez, Xosé Manuel
Correo electrónico
xose.manuel.carril.vazquez@udc.es
Profesorado
Agullo Leal, Fernando
Carril Vázquez, Xosé Manuel
Lopez Arránz, Maria Asuncion
Palacios Aguilar, Jose
Rolon Varela, Jose Maria
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
xose.manuel.carril.vazquez@udc.es
a.larranz@udc.es
jose.palacios@udc.es
j.rolon@udc.es
Web http://http://www.eurlf.com/
Descrición xeral Segundo a Lei 2/1985, de 21 de xaneiro e a Sentenza do Tribunal Constitucional 139/1990, de 19 de xullo, a protección civil ten como finalidade a preservación de persoas e bens en situación de emerxencia, concretamente, a protección física das persoas e dos bens, en situación de grave risco colectivo, calamidade pública ou catástrofe extraordinaria, en que a seguridade e a vida das persoas poden perigar e sucumbir masivamente.

En todo caso, a regulación legal desta materia evidencia que a protección civil é unha función dos poderes públicos, de modo que se configura como un auténtico servizo público, cuxa razón de ser non é outra que a realidade de catástrofes ou calamidades naturais que poñen en perigo ás persoas ou ás cousas e que precisan, para a súa superación eficaz, da posta en marcha de medidas e medios extraordinarios por comparación aos que son suficientes para as comúns hipoteses de riscos. Loxicamente, non exclúen a participación e a colaboración de particulares, mais comportan sempre a posta en marcha de estruturas administrativas.

A finalidade desta materia é de estudar a regulación legal española da protección civil no marco da Unión Europea, tendo en conta a distribución de competencias neste asunto, a organización administrativa dos servizos de protección civil e, por último, as actuacións tanto preventivas como planificadoras necesarias ao respecto.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
A9 Analizar e previr situacións de grave risco, catástrofe ou calamidade pública AP9
A10 Desenvolver un sistema de autoprotección para centros, establecementos e dependencias, e o correspondente plan de emerxencia para accións de prevención de riscos, alarma, evacuación e socorro. AP10
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse CM6
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. CM7
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade CM8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1

As políticas públicas de protección civil e o réxime xurídico-constitucional da protección civil como servizo público
1. A protección civil como servizo público.
2. O réxime xurídico do sistema español de protección civil no marco da Unión Europea.
3. A organización administrativa estatal, autonómica e local dos servizos de protección civil.
Tema 2

Análise dos riscos naturais, antrópicos e tecnolóxicos
1. Os riscos como obxecto de atención do servizo público de protección civil e a súa orixe como criterio de clasificación.
2. Os riscos naturais.
3. Os riscos antrópicos.
4. Os riscos tecnolóxicos.
Tema 3

A planificación da protección civil
1. Plans territoriais de protección civil.
2. Plans especiais de protección civil.
3. Outros plans de protección civil.
Tema 4

A intervención nos riscos tecnolóxicos
1. As mercadorías perigosas.
2. Técnicas e procedementos de intervención en accidentes con substancias radioactivas.
3. Técnicas e procedementos de intervención en accidentes con risco biolóxico.
Tema 5

A intervención en incendios forestais
1. Factores e condicionantes.
2. Técnicas de extinción.
3. Organización de emerxencias por incendios forestais.
Tema 6

A intervención en incendios urbanos
1. Introducción.
2. Incendios en contornas urbanas.
3. Incendios industriais.
Tema 7

Aspectos sanitarios e psicolóxicos da xestión de emerxencias e a medicina de catástrofes
1. Aspectos sanitarios da emerxencia e medicina de catástrofes.
2. Aspectos psicolóxicos na xestión de emerxencias.
3. Psicoloxía en emerxencias atendendo á realidade das persoas implicadas.
Tema 8

Os recursos de intervención e a coordinación de emerxencias
1. Os centros de coordinación de emerxencias.
2. O teléfono único de emerxencias.
3. Coordinación e mando das emerxencias no terreo.
4. Servizos de prevención e extención de incendios.
5. As forzas e corpos de seguridade.
6. Os recursos sanitarios.
7. Voluntariado de protección civil.
Tema 9

A tecnoloxía aplicada á xestión de emerxencias e o aseguramento e a mellora continua do seu proceso
1. As comunicacións.
2. Os sistemas de información xeográfica.
3. As aplicacións de análises de consecuencias en accidentes con substancias perigosas.
4. O sistema integrado de xestión de urxencias e emerxencias.
5. Simuladores de incendios forestais.
6. A xestión da calidade da xestión de emerxencias.
7. A implantación dun sistema de xestión da calidade para o aseguramento e a mellora nun servizo de emerxencias.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 5 30 35
Proba obxectiva 3 17 20
Estudo de casos 14 30 44
Solución de problemas 5 25 30
Sesión maxistral 15 5 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten sobre un tema, previamente preparado
Proba obxectiva Proba escrita empregada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. É un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas e rendimento, entre outras cousas. A proba en cuestión pode combinar distintos tipos de preguntas, tales como preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e de asociación. Igualmente, pode construírse con só tipo de algunha destas preguntas.
Estudo de casos Perante unha situación específica que plantea un problema, trátase de comprender, valorar e resolver a través dun proceso de discusión. Ante un problema en concreto (caso), que describe unha situación real, o estudantado debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos.
Solución de problemas Trátase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se teñan traballado, que poden ter máis dunha solución.
Sesión maxistral Exposición oral que ten por finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade tamén pode reservarse a un tipo especial de lección impartida en ocasións especiais non só polo docente encargado da materia, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
Discusión dirixida. Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten sobre un tema, previamente preparado.

Estudo de casos. Perante unha situación específica que plantea un problema, trátase de comprender, valorar e resolver a través dun proceso de discusión. Ante un problema en concreto (caso), que describe unha situación real, o estudantado debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos.

Solución de problemas. Trátase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se teñan traballado, que poden ter máis dunha solución.


Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exposición oral que ten por finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade tamén pode reservarse a un tipo especial de lección impartida en ocasións especiais non só polo docente encargado da materia, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. 10
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten sobre un tema, previamente preparado
10
Proba obxectiva Proba obxectiva Proba escrita empregada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. É un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas e rendimento, entre outras cousas. A proba en cuestión pode combinar distintos tipos de preguntas, tales como preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e de asociación. Igualmente, pode construírse cun só tipo de algunha destas preguntas. 60
Estudo de casos
Perante unha situación específica que plantea un problema, trátase de comprender, valorar e resolver a través dun proceso de discusión. Ante un problema en concreto (caso), que describe unha situación real, o estudantado debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos.
10
Solución de problemas Trátase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se teñan traballado, que poden ter máis dunha solución.
10
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica J. Barcelona Llop (2007). La Protección Civil Municipal. Madrid, Iustel
A. Menéndez Rexach (Director) e A. de Marcos Fernández (Coordinadora) (2011). Protección civil y emergencias: Régimen Jurídico. Madrid, La Ley (Grupo Wolters Kluwer)
J. Ochoa Monzó (1995). Protección civil [en A. Montoya Melgar (Director) Enciclopedia Jurídica Básica]. Madrid, Civitas
J. Ochoa Monzó (1996). Riesgos mayores y protección civil. Madrid, McGraw-Hill

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Convén a asistencia ás aulas, a realización de todas as actividades que se planifiquen nestas e a participación nos actos tanto académicos como non académicos, organizados polos docentes que imparten a materia como pola propia Facultade de Ciencias do Traballo, sen prexuízo da asistencia a actos organizados por outras institucións.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías