Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Iniciativa Emprendedora Código 760492020
Titulación
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Profesorado
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Web
Descrición xeral A asignatura de Iniciativa Emprendedora intégrase no plan de estudos do Máster Oficial en Xestión e Dirección Laboral, no 2º curso e con carácter optativo. Para xustificar a súa inclusión neste plan de estudos pódese dicir que é unha maneira de facer fronte a situación na que se atopan os mozos ao tratar de se incorporar ao mercado de traballo e as dificultades que teñen que superar quenes pertencen ao devandito colectivo e ademaís son titulados universitarios. Aínda que a taxa de paro entre os universitarios veuse reducir nos últimos anos, estes seguen atopándose con moitas dificultades a hora de incorporarse ao mercado laboral e cando o conseguen é en condicións bastante precarias. Esta situación non é idéntica para todolos titulados xa que depende en gran medida do titulo que se posúa e da duración dos seus estudos, ou o que é o mesmo, do nivel do título alcanzado: diplomado, licenciado ou, doutor.
Tamén ten a sua xustificación no feito de que os alumnos que se especialicen na xestión sociolaboral poderán non soio montala súa propia empresa senon tamen asesorar a outros a facelo. Nunha sociedade na que as formas de organización económica son cada vez máis complexas, é necesario para quenes dexesen por en marcha a súa propia empresa ou quenes se dediquen ao asesoramento na materia, oestudo da presente materia é, non só instrumento para o coñecemento e comprensión dos procesos económicos, senón tamén para a formación de actitudes éticas e sociais fronte a problemas tales como a creación de riqueza pola empresa, o seu papel na economía, a súa función na distribución de riqueza, a situación actual do mercado de traballo para estes universitarios, en definitiva, a importante función social da empresa no momento presente, etc.
Ante esta situación, e en consoancia co que se ven facendo dende a propia UE, dende a Universidade e outos estamentos oficiais, incorpórnse ao plan de estudos esta materia tratando de inculcar o espírito emprendedor e a metodoloxía da creación e dirección de empresas entre os universitarios, así como a súa capacitación para a elaboración do plan de empresa que todo proxeto empresarial require. En definitiva, téntase acadar que os alumnos teñan inquedanzas polo eido empresarial, e que tras unha análise crítica da situación e da súa incorporación ao mercado laboral , espetar neles a súa capacidade creativa, e fomentar o espirito emprendedor.
A asignatura abrangue tanto a dimensión interna da empresa como das relacións coa súa contorna externa. Malia que pola súia natureza, esta materia ten un contido técnico propio da economía empresarial, integra, con todo, múltiples aspectos relacionados coa psicoloxia, a psicoloxia social e do traballo, a tecnoloxia, as técnicas e teorías da organización e da información, o dereito mercanrtil, etc. A parte da análise técnica, imprescindible para o coñecemento do fucionamento dunhas empresas cada vez máis complexas no seu funcionamento, preténdese que os alumnos desenvolvan actitudes éticas e críticas fronte ao papel da empresa na sociedade, recoñecer o valor social do espirito emprendedor, concedéndolle tanta relevancia ao análise puramente económico e instrumental como aos aspectos sociais.
A Integración desta asignatura no programa do máster queda plenamente xustificada porque:
1. Contesta á importante demanda social que nos últimos tempos esixe un coñecemento máis científico e técnico do ámbito sociolaboral e concretamente na dinamización do desenvolvemento local, meirande o asesoramento técnico nos concellos e outras institucións.
2. Responde á letra e ao espírito da normativa legal que regula a propia Universidade xa que ésta ha de servir para xerar coñecemento pero, ademais, debe transmitir ou transferir ese coñecemento á sociedade que a sustenta.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir as habilidades necesarias para poñer en marcha unha pequena empresa ou a incorporación ao mercado de laboral como traballador autónomo. Coñecer de forma integrada a realidade da problemática da creación dunha empresa. Coñecer e aplica-los principios de formación básica na etapa de iniciación dun proxeto empresarial. Vivencia-lo esforzo do proceso de reflexión que supón a posta en marcha dun proxecto empresarial. Desenvolver no alumno o nivel de autonomía e competencia necesario para a creación de empresas e o autoemprego. Introducir ao alumno na análise e interpretación da bibliografía en torno ao eido da creación de empresas. Estimula-lo interese do alumno na procura de fontes de información primarias e secundarias, así como o manexo da documentación necesaria para a elaboración do plan de empresa e a súa presentación. Analiza-lo proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades necesarias para o funcionamento exitoso dunha empresa. Saber definir obxetivos, meios, estratexias axeitadas para o tipo de empresa que se proxecta creare a súa contorna. Experimentar e supera-las dificultades que supón elabora-lo plan de empresa dun proxecto empresarial e adquirir a capacidade de esforzo e reflexión necesarios. Adquirir habilidades para traballar en grupo e facer exposicións públicas dos traballos realizados. Valorar socialmente a iniciativa emprendedora e recoñecemento do importante labor social. Valorar e entede-lo traballo dos compñeiros na facilitación da aprendizaxe. Integración do alumnos no traballo grupal. Saber aplica-las diferentes técnicas de observación da realidade para detectar ideas de empresa. Coñecer e saber aplica-las diferentes ferramentas de análise de mercados. Coñecer e aplica-las técnicas do análise DAFO. Coñecer-las diferntes estratexias posibels para unha pequena empresa. Saber defini-las variables da mercadotecnia e aplica-las ao caso dunha pequena empresa ou dunha empresa de servizos do eido laboral. Coñece-las diferencias entre unhas formas xurídicas e outras, en canto a responsabilidade, requisitos, funcionamento, toma de dicisións, etc. Coñece-la ficalidade á que vaise ver sometida a empresa no seu funcionamento, tanto a imposición directa como indirecta. Adquirir competencias e habilidades que permitan atopar axudas oficiais ás que se poda acoller un determinado proxecto empresarial.Adquirir as habilidades necesarias para poñer en marcha unha pequena empresa ou a incorporación ao mercado de laboral como traballador autónomo. Coñecer de forma integrada a realidade da problemática da creación dunha empresa. Coñecer e aplica-los principios de formación básica na etapa de iniciación dun proxeto empresarial. Vivencia-lo esforzo do proceso de reflexión que supón a posta en marcha dun proxecto empresarial. Desenvolver no alumno o nivel de autonomía e competencia necesario para a creación de empresas e o autoemprego. Introducir ao alumno na análise e interpretación da bibliografía en torno ao eido da creación de empresas. Estimula-lo interese do alumno na procura de fontes de información primarias e secundarias, así como o manexo da documentación necesaria para a elaboración do plan de empresa e a súa presentación. Analiza-lo proceso de aprendizaxe na adquisición de habilidades necesarias para o funcionamento exitoso dunha empresa. Saber definir obxetivos, meios, estratexias axeitadas para o tipo de empresa que se proxecta creare a súa contorna. Experimentar e supera-las dificultades que supón elabora-lo plan de empresa dun proxecto empresarial e adquirir a capacidade de esforzo e reflexión necesarios.

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. A creación de empresas e a iniciativa emprendedora: plano de empresa e aspectos legais.

SUBTEMA 1.1 A idea de empresa e a súa materialización
1. Introducción
2. A idea de empresa
3. Vías para levar acabo unha idea empresarial: estratexias de acceso.
4. O plano de empresa

SUBTEMA 1.2 Aspectos legais da creación de empresas
1. Introducción: o empresario individual e societario
2. Clasificación das sociedades mercantís
2.1 Colectivas e comanditarias
2.2 Anónimas e limitadas
2.3 Laborais e cooperativas
3. Tramites para a posta en marcha
4 A fiscalidade: conceptos xerais e principais impostos
4.1 IAE
4.2 IRPF
4.3 I Sociedades
4.4 IVA

SUBTEMA 1.3 A organización da empresa e o
seu personal
1. Introducción: o empresario e a dirección da empresa
2. A organización formal e informal: os organigramas
3. A contratación do personal
4. O nacemento do contrato de traballo: dereitos e obrigas das partes
5. A extinción do contrato de traballo
6. As relacións laborais
Anexo. Modalidades de contratos de traballo

Tema 2. Fundamentos para a dirección de empresas
SUBTEMA 2.1 O estudio do mercado
1. A investigación do mercado
2. A empresa e a súa contorna
3. A elaboración do estudio de mercado
4. A análise DAFO
5. A demanda potencial e a previsión de ventas
Anexo: O mostreo.

SUBTEMA 2.2 A mercadotecnia e a estratexia
1. O producto
2. O precio
3. A distribución
4. A comunicación
5. A segmentación do mercado e o posicionamento
6. A estratexia
6.1 Liderazgo en custos
6.2 Especialización
6.3 Diferenciación
6.4 Outras posibles estatexias
Tema 3. A dirección económica e financeira da empresa
SUBTEMA Tema 3.1 A análise económica-financeira da empresa
1. Introducción: a administración do patrimonio e os estados financeiros.
2. A necesidade da análise
3. A anáise financeira
3.1 Os equilibrios financeiros
3.2 Os ratios (garantia, solvencia, liquidez e tesorería)
4. A análise económica
4.1 Os ratios (rentabilidade comercial, económica e financeira)
4.2 VAN e TIR
4.3 O punto morto

SUBTEMA Tema 3.2 A xestión financeira da empresa
1. Introducción ás finanzas
2. Clasificación das fontes de financiamento.
2.1 Fontes Propias
2.2 Fontes Alleas
3. As decisión de xestión financeira.
4. Claves para a xestión financeira: aplancamento e rendabilidade.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 6 6 12
Presentación oral 0.5 1.5 2
Proba obxectiva 2 8 10
Sesión maxistral 12 20 32
Análise de fontes documentais 0.5 2.5 3
Eventos científicos e/ou divulgativos 0 2 2
Portafolios do alumno 0 8 8
Traballos tutelados 0 5 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Se realizarán prácticas de aula dos contidos da asignatura. Dentro dos métodos existentes para facer prácticas dos contidos teóricos estudados utilizaremos o de probas de ensaio ou resposta libre coa posibilidade de ser complementados con probas de tipo test. A aplicación deste método implica a formulación dunha ou varias cuestións, que el alumno deberá desenvolver. O profesor utilizará como principios do procedimento de corrección:
- A precisión na resposta.
- A utilización de representacións gráficas como medio de expresión dos razonamentos.
- A identificación dos conceptos e relacións relevantes.
-Xerarquizar a súa importancia.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Dado que o alumno está cursando unha materia optativa cun obxetivo muy práctico, de aplicación real no eido da gestión sociolaboral, o alumno debe ter traballado o suficiente como para ter adquirido unhas destrezas prácticas que lle permitan exponer, transmitir e defender oralmente os efectos derivados do proceso de ensino-aprendizaxe.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. Nas datas aprobadas en Xunta de Centro se levará a cabo una proba obxectiva na que o alumno terá que responder ás preguntas dun cuestionario teórico-práctico (test de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto) ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, representación e interpretación de gráficas, resolución de problemas, etc.) ou de ambos tipos.
Sesión maxistral É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes.
A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, có fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e debera polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios.
A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmiti-los contidos do programa dunha forma sistematizada e respetando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes:
- Exposición dun marco global inicial que permita centra-lo tema.
- Análise dos aspectos principais que integran o tema.
- Síntese integradora do exposto.
- Fixación breve e sinóptica do tema.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.A realización en grupo dos traballos tutelados consistirá na profundización de algúns dos temas propostos polo profesor nos contidos da asignatura ou que garde algunha afinidade con eles.

O grupo de alumnos cando decidan o traballo tutelado a realizar deberán comunicarllo ao profesor, indicando os seus integrantes, obter o seu visto bo e seguir o plan de tutorías que se estableza.

Os traballos se incluirán no protafolios para a súa avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Portafolios do alumno
Descrición
Portafolios e Traballos tutelados: para a elaboración dos traballos tutelados é importante consultar co profesor os avances que se vaian realizando progresivamente para ofrecer as orientacións necesarias en cada caso e así asegurar a calidade das producións.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Se realizarán prácticas de aula que se responderán en grupos procurando así unha aprendizaxe colaborativa entre os membros do grupo. Cada grupo deberá presentar as suas respostas ás prácticas de aula que entregará antes de cada obradoiro. Os puntos serán concedidos a través dos obradoiros (probas sobre as prácticas de aula), nos que o alumno deberá acadar a calificación de apto.
30
Proba obxectiva Se realizará unha proba na fecha establecida pola Xunta de Facultad. A proba será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas. O alumno deberá acadar como mínimo o 40% dos puntos do test para podelle sumalos puntos das restantes produccións. En caso contrario se lle calificará cos puntos obtidos solo nas demáis producciones do curso sin agregar os desta proba final.
O test será de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto. As preguntas de resposta aberta poderán ser unha breve explicación, un resumo, unha representación e interpretación de gráficas, a resolución de problemas, etc.
40
Portafolios do alumno Se concederán os puntos ao portafolios que se presente nuha carpeta ordeada por apartados de producción e completa, segundo a importanca relativa de cada un no total, co seguinte detalle:
Diario de adicación (10%)
Contidos teóricos: apuntes e notas dos temas da asignatura (15%)
Contidos prácticos: obradoiros (activ. aula) (15%)
Trabajo tutelado e presentación (40%)
Análise de documentos (30%)
Eventos (10%)
30
 
Observacións avaliación

 


IMPORTANTE: ESTES CRITERIOS DE AVALIACIÓN CONTINUA SERÁN DE APLICACIÓN TANTO PARA OS ALUMNOS CONVENCIONAIS COMO PARA OS NON CONVENCIONAIS (CRITERIO DA UDC) QUE O DESEXEN, SEMPRE QUE CUMPRAN OS REQUERIMENTOS DE ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS DE UN MÍNIMO DO 80% DO TOTAL.


A calificación de APTO se acadará con 50 puntos. No caso de non realizala proba obxetiva a calificación nesa convocatoria será NON PRESENTADO. No suposto de non acadar o mínimo do 40% dos puntos do test da proba obxetiva o alumno será calificado coa puntuación das restantes producciones do curso da evaluación continua.


Os portafolios deberían ser presentados e defendidos cunha antelación mínima de 10 días á data prevista para o exame da convocatoria, a fin de poder poñer as calificacións parciais con antelación á celebración do exame final. Como data límite se entregarán o día do exame da convocatoria, descontándose un 10% da calificación por tal motivo.


Fontes de información
Bibliografía básica EQUIPO DE ECONOMISTAS DVE (1.991). Cómo crear su propia empresa. Editorial De Vecchi, S.A. Barcelona
LUDEVID, M. Y OTRO (1994). Como crear su propia empresa. Editorial Marcombo, Madrid
BAYÓN, Mº I. Y OTROS (1.986). Cómo crear una empresa. Editorial CEOE-CEPYME. Madrid
GIL ESTALLO, Mª A. Y OTRO (1993). Cómo crear y hacer funcionar una empresa. Editorial ESIC. Madrid
ALONSO JULIÁN, JOSÉ Mª (2000). Creación y gestión de la propia empresa. Editorial Santillana. Madrid
HALLORAN, JAMES W (2000). Curso McGraw-Hill de creación de empresa. Editorial McGraw-Hill. Madrid
SOCIEDAD PARA LA PROMOCIÓN Y RECONVERSIÓN INDUSTRIAL, S.A (1986). Diez pasos para crear una empresa. Editorial el autor, Bilbao
AGULLÓ LEAL, FERNANDO L. (2011). Economía y empresa. Iniciativa emprendedora. http://fagullo.info
ASENSIO DEL ARCO, EVA Y OTRO (2009). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial Paraninfo. Madrid
PENALONGA, ANXO (2010). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial Santillana.Madrid
SALINAS SÁNCHEZ, JOSÉ MANUEL (2009). Empresa e iniciativa emprendedora. Editorial McGraw-Hill. Madrid
CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO E INDUSTRIA DE MADRID (2000). Guía para la creación de empresas.. Editorial Cámara de Comercio e Industria de Madrid. Madrid
BERMEJO, MANUEL Y OTROS (1996). La creación de la empresa propia. Consejos prácticos para su puesta en marcha con éxito. Editorial McGraw-Hill. Madrid
ALMOGUERA, JOSÉ ANTONIO Y OTRO (2000). Manual práctico de creación de empresas. Editorial SA de Promociones y Ediciones. Madrid
SOUFI GÓMEZ, S. (1.997). Manual práctico de creación de empresas. Editorial Cinco Días. Madrid
BELMONTE SÁNCHEZ, INMACULADA Y OTRO (1998). Proyecto empresarial. Editorial Editex, SA, Madrid

 

Bibliografía complementaria

La bibliografía complementaria para preparar cada uno de los subtemas de esta asignatura se facilitan con los contenidos que se pueden descargar en la web http://fagullo.info


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para cursa-la asignatura non é imprescindible ter coñecementos previos sobre temas económicos. Pero é unha asignatura de moito proveito cando o alumno ten unha idea de por en marcha un proxecto empresarial como vía para de acceso ao mercado laboral.Tamén serve para asesorar a outros na posta en marcha unha empresa e comprender-lo proceso de elaboración do plan de empresa e experimenta-lo traballo de reflexión que conleva.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías