Datos Identificativos 2012/13
Asignatura (*) Economía e Empresa Código 760G01007
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Profesorado
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Web http://fagullo.info
Descrición xeral A asignatura de Economía e Empresa intégrase no plan de estudos da titulación no 1º curso como materia básica.
En canto á justificación de esta asignatura podese dicir que posto que as relacións laborais prodúcense normalmente no seno das empresas, é imprescindibel para un especialista neste campo, posuir unhas nocións de Economía xeneral, facendo especial fincapié na análise da toma de decisións na empresa (o mercado: oferta e demanda, o consumo, a producción, os custes da producción, os ingresos e o beneficio, etc) e, por suposto, no factor traballo, no precio: o salario e na problemática do mercado laboral.
A asignatura abrangue tanto a dimensión interna da empresa como das relacións coa súa contorna externa. Malia que pola súia natureza, esta materia ten un contido abstacto, integra, con todo, múltiples aspectos relacionados coa realidade social e os problemas de actualidade, aos que nos é moi difícil non ter que buscarlles unha interpretación ou unha explicación. A parte da análise técnica, imprescindible para o coñecemento do fucionamento dunhas empresas e en xeral dunhas economías cada vez máis complexas e globalizadas no seu funcionamento, preténdese que os alumnos desenvolvan actitudes éticas e críticas fronte ao papel da empresa na sociedade, recoñecer o función social da empresa ao ser quen contrata e remunera aos factores productivos, entre eles, o máis importanmte socialmente, o traballo. Polo que concederáselle tanta relevancia ao análise puramente económico e instrumental como aos aspectos sociais.
A Integración desta asignatura no plan de estudos queda plenamente xustificada porque:
1. Responde á necesidade dun coñecemento máis técnico, dede o punto de vista económico, do ámbito das Relacións Laborais, á vez que se requiere dar resposta a problemas tan ineludibles como é paro, o funcionamento dos mercados, a toma de decisión das empresas na procura dos seus ouxetivos , o funcionamento das economías nacionais nun mundo globalizado, o crecemento e o subdesenvolvemento económico, etc.
2. Responde á letra e ao espírito da Lei de Reforma Universitaria cando considera que a universidade ha de servir para xerar coñecemento pero, ademais, debe transmitir ou transferir ese coñecemento á sociedade que a sustenta.

Competencias do título
Código Competencias da titulación

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a metodoloxía da análise económica e familiarizarse coa forma de efectuar as súas razonamientos. Coñecer e saber aplica-las diferentes ferramentas de análise económica na interpretación do comportamento do consumidor no mercado e na súa toma de decisións. Coñecer e saber aplica-las diferentes ferramentas de análise económica na interpretación do comportamento das empresas no mercado proveedor, comprendendo o proceso de formación dos costes e a toma de decisións para acada-la eficiencia. Coñecer as características do mercado no que opera a empresa, condicionantes da súa capidade, autonomía e flexibilidade na toma de decisións. E comprender como a toma de decisións na empresa vai condicionar os resultados obtidos Adquirir competencias e habilidades que permitan atopar a interpretación correcta dos indicadores económicos de uso frecuente no eido empresarial, economico-financeiro e laboral A6
A14
A18
A19
A20
A32
A35
B2
B4
B6
B8
B9
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O mercado e o consumidor.
1. O mercado e o consumidor.
1.1 O concepto de utilidade e a utilidade marxinal decreciente.
1.1.1 Concepto de utilidade.
1.1.2 A Lei da utilidade marxinal decrecente.
1.2 O equilibrio do consumidor.
1.3 Aplicación do concepto de utilidade.
1.3.1 Obtención de unha curva de demanda individual.
1.3.2 O excedente do consumidor.
1.3.2 A paradoxa da auga e os diamantes.
1.4 Concepto e características das curvas de indiferenza.
1.4.1 Concepto de curva de indiferenza.
1.4.2 Características das curvas de indiferenza.
1.4.3 A Relación Marxinal de Sustitución (RMS).
1.5 A recta de balance. O equilibrio para o consumidor.
1.5.1 Espazo de presuposto e recta de balance.
1.5.2 O equilibrio do consumidor.
1.6 Aplicacións das curvas de indiferenza.
1.6.1 A curva renta-consumo.
1.6.2 A curva prezo-consumo.
1.6.3 O efecto renta e o efecto sustitución.

Lecturas:
Blanco, J. y Aznar, J. Introducción a la Economía. Cap 4.
Mochón, F. Principios de Economía. Cap 3.
Mochón, F. Economía. Teoría y Política. Cap. 6.
Lipsey, R. Economía Positiva. Cap 15.
Bilas, R. Teoría Microeconómica. Cap 3y 4.

Tema 2. A producción e os seus custos. 2. A producción e os seus custos.
2.1 O concepto de produción.
2.1.1 A función de producción.
2.1.2 Os periodos de decisión da empresa.
2.2 A productividad e os rendementos na produción.
2.2.1 O concepto de productividade.
2.2.2 Os rendementos e as fases da producción.
2.3 A produción a longo prazo. As curvas isocuantas.
2.3.1 Concepto y característics das isocuantas.
2.3.2 A isocoste e o equilibrio na producción.
2.3.3 A vía de expansión da empresa.
2.4 Concepto e clasificación dos custos.
2.4.1 Definición de custo.
2.4.2 Clasificación dos custos.
2.4.3 Cuantificación dos custos.
2.5 Relación entre os custos da produción e os rendementos.
2.5.1 Custos fixos, variables e totais.
2.5.2 CCustos medios, marxinais e totais.
2.5.3 As relacións entre os custos e a súa representación gráfica.
2.6 Os custos a longo prazo.
2.6.1 Características da curva de costes medios a longo prazo.
2.6.2 As economías de escala e a dimensión óptima da empresa.

Lecturas:
-Blanco, J. y Aznar, J. Introducción a la Economía. Cap 5.
-Mochón, F. Principios de Economía. Cap 4.
-Mochón, F. Economía. Teoría y Política. Cap.6 y 7.
-Lipsey, R. Economía Positiva. Cap 18.
-Bilas, R. Teoría Microeconómica. Cap 6 y 7
Tema 3. A empresa no mercado, situacións de beneficios e pérdidas. 3. A empresa no mercado, situacións de beneficios e pérdidas.
3.1 Supostos conceptuais da competencia perfecta.
3.1.1 Caracterización do mercado.
3.1.2 Obxetivo das empresa.
3.2 Os ingresos: concepto e clasificación.
3.2.1 Concepto de ingreso.
3.2.2 Clasificación.
3.2.3 Representación gráfica dos ingresos.
3.3 Situacións da empresa no curto prazo.
3.3.1 Regras para acadar os máximos beneficios.
3.3.2 Posicións de equilibrio.
3.3.3 Obtención da curva de oferta dunha empresa.
3.4 A competencia perfecta a longo prazo.
3.5 Supostos conceptuais do monopolio.
3.5.1 Características do mercado.
3.5.2 Obxetivo das empresas.
3.6 Consecuencias do monopolio sobre os ingresos da empresa.
3.6.1 Ingresos totais.
3.6.2 Ingresos medios.
3.6.3 Ingresos marxinais.
3.7 Situacións de equilibrio para a empresa monopolista.
3.7.1 Regras para acada-lo maximo beneficio.
3.7.2 Situacións de beneficio ou perdas.
3.7.3 Posibilidades de actuación do monopolista: a dscriminación de prezos.
3.8 O monopolio en comparación coa competencia perfecta.
3.8.1 O custo social do monopolio.
3.8.2 Formas de regula-lo monopolio.

Lecturas:
-Blanco, J. y Aznar, J. Introducción a la Economía. Cap 6 y 7.
-Mochón, F. Principios de Economía. Cap 5 y 6.
-Mochón, F. Economía. Teoría y Política. Cap.8 y 9.
-Lipsey, R. Economía Positiva. Cap 20 y 21.
-Bilas, R. Teoría Microeconómica. Cap 8 y 9.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Portafolios do alumno 0 12 12
Obradoiro 12 12 24
Proba obxectiva 2 0 2
Presentación oral 1 3 4
Sesión maxistral 25 62.5 87.5
Análise de fontes documentais 0 5 5
Eventos científicos e/ou divulgativos 0 4 4
Traballos tutelados 0 11 11
 
Atención personalizada 0.5 0 0.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Se realizarán prácticas de aula dos contidos da asignatura. Dentro dos métodos existentes para facer prácticas dos contidos teóricos estudados utilizaremos o de probas de ensaio ou resposta libre coa posibilidade de ser complementados con probas de tipo test. A aplicación deste método implica a formulación dunha ou varias cuestións, que el alumno deberá desenvolver. O profesor utilizará como principios do procedimento de corrección:
- A precisión na resposta.
- A utilización de representacións gráficas como medio de expresión dos razonamentos.
- A identificación dos conceptos e relacións relevantes.
-Xerarquizar a súa importancia.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. Nas datas aprobadas en Xunta de Centro se levará a cabo una proba obxectiva na que o alumno terá que responder ás preguntas dun cuestionario teórico-práctico (test de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto) ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, representación e interpretación de gráficas, resolución de problemas, etc.) ou de ambos tipos.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Dado que o alumno está cursando unha materia cunha importante aplicación práctica, debe ter traballado o suficiente como para ter adquirido unhas destrezas prácticas que lle permitan exponer, transmitir e defender oralmente os efectos derivados do proceso de ensino-aprendizaxe.
Nas sesións presenciais interactivas terá a posibilidade de facer exposicións.
O traballo levado a cabo neste será incorporado ao portafolios, no que será valorado.
Sesión maxistral É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes.
A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, có fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e debera polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios.
A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmiti-los contidos do programa dunha forma sistematizada e respetando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes:
- Exposición dun marco global inicial que permita centra-lo tema.
- Análise dos aspectos principais que integran o tema.
- Síntese integradora do exposto.
- Fixación breve e sinóptica do tema.
Será empregada principalmente ao inicio dos contidos teóricos pois estes requiren dunha presentación global, sintética e con rigor científico e claridade expositivar.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implican a asistencia e/ou participación en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.A realización en grupo dos traballos tutelados consistirá na profundización de algúns dos temas propostos polo profesor nos contidos da asignatura ou que garde algunha afinidade con eles.

O grupo de alumnos cando decidan o traballo tutelado a realizar deberán comunicarllo ao profesor, indicando os seus integrantes, obter o seu visto bo e seguir o plan de tutorías que se estableza.

Os traballos se incluirán no protafolios para a súa avaliación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Presentación oral
Sesión maxistral
Portafolios do alumno
Descrición
Para a realización do portafolios e do traballo tutelado é recomendable consultar co profesor as dubidas e informalo dos avances que se vaian realizando progresivamente para que o profesor poda da-las orientacións necesarias en cada caso para asegurar a calidade do traballo de acordo aos criterios indicados. O seguimento farase preferentemente de forma individualizada a través dos espazos de comunicación establecidos polo Centro.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Se realizarán prácticas de aula que se responderán en grupos procurando así unha aprendizaxe colaborativa entre os membros do grupo. Cada grupo deberá presentar as suas respostas ás prácticas de aula que entregará antes de cada obradoiro. Os puntos serán concedidos a través dos obradoiros (probas sobre as prácticas de aula), nos que o alumno deberá acadar a calificación de apto.
30
Proba obxectiva Se realizará unha proba na fecha establecida pola Xunta de Facultad. A proba será un cuestionario de preguntas tipo test ou preguntas abertas ou ambas. O alumno deberá acadar como mínimo o 40% dos puntos do test para podelle sumalos puntos das restantes produccións. En caso contrario se lle calificará cos puntos obtidos solo nas demáis producciones do curso sin agregar os desta proba final.
O test será de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto. As preguntas de resposta aberta poderán ser unha breve explicación, un resumo, unha representación e interpretación de gráficas, a resolución de problemas, etc.
60
Portafolios do alumno O Portafolio é obrigatorio para a evaluación continua e imprescindible obter o apto (50% da súa puntuación total)para se lle poder valorar e engadir a calificación as restantes. Recollerá toda a documentación que debe ter traballado o alumno durante o desenvolvemento do curso da materia: apuntes, prácticas, lecturas, glosario de términos, test, traballos grupais tutelados coa reflexión ou valoración personal, breve reseñás das tutorías realizadas, etc.

Se concederán os puntos ao portafolios que se presente nuha carpeta ordeada por apartados de producción e completa, segundo a importanca relativa de cada un no total, co seguinte detalle:
Diario de adicación (10%)
Contidos teóricos: apuntes e notas dos temas da asignatura (15%)
Contidos prácticos: obradoiros (activ. aula) (15%)
Trabajo tutelado e presentación (40%)
Análise de documentos (30%)
Eventos (10%)
10
 
Observacións avaliación

 


IMPORTANTE: ESTES CRITERIOS DO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA SERÁN DE APLICACIÓN TANTO PARA OS ALUMNOS CONVENCIONAIS COMO PARA OS NON CONVENCIONAIS (CRITERIO DA UDC) QUE DESEXEN ACOLLERSE A EL, SEMPRE QUE CUMPRAN OS REQUERIMENTOS DE ASISTENCIA E PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS DE COMO MÍNIMO O 80% DO TOTAL.


SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL (alternativo):


De forma alternativa ofrécese un sistema de avaliación final, ao que poderán acollerse os alumnos no convencionais e os convencionais que o dexesen, así como os que perdan a posibilidade de avaliación continua por non cumprilo requisito de asistencia mínima, agás nos casos comtemplados na normativa da udc. Neste caso a proba obxetiva de avaliación final terá una ponderación do 100% da calificación do alumno. Dita proba final constará de duas partes, una primeira que será a mesma proba obxetiva que teñan que facer os alumnos de avaliación continua e outra parte con preguntas de resposta aberta, a desenvolver polo alumno. Cada unha das partes terá una ponderación do 60% e o 40%, respectivamente.


A calificación de APTO se acadará con 50 puntos.Se non se realizala proba obxetiva ou non se presentalo portafolios, no caso de avaliación continua, a calificación nesa convocatoria sera NON PRESENTADO.


No suposto de non acadar o mínimo do 40% dos puntos do test da proba obxetiva o alumno será calificado coa puntuación das restantes producciones do curso, no caso de evaluación continua, ou cos puntos do test, no caso de evaluación final.


Os portafolios deberían ser presentados e defendidos cunha antelación mínima de 10 días á data prevista para o exame da convocatoria, a fin de poder poñer as calificacións parciais con antelación á celebración do exame final. Como data límite se entregarán o día do exame da convocatoria, descontándose un 10% da calificación por tal motivo; e outro 10% no caso de que soamente se entregue e non se defenda.


Fontes de información
Bibliografía básica AGULLÓ LEAL, FERNANDO L. (2011). Economía y empresa. Economía y empresa. http://fagullo.info
BLANCO, JUAN y AZNAR, JUANA (2004). Introducción a la Economía. McGraw-Hill, Madrid.

Bibliografía complementaria

-Mochón Morcillo, Francisco. Principios de Economía. Editorial: McGraw-Hill.

-Mochón Morcillo, Francisco. Economía Teoría y Política. Editorial: McGraw-Hill.

-Lipsey, Richard G.. Introducción a -Fisher, Stanley y otros. Economía. Editorial: McGraw-Hill.

-Castro, Antonio y otro. Introducción a -Bilas, Richard. Teoría Microeconómica. Editorial: Alianza Editorial.

-Brandson, William. Teoría y Política Macroeconómica. Editorial: Fondo de Cultura Económica.

-Samuelson, Paul. Economía. Editorial: McGraw-Hill.

-Varias autores. Enciclopedia Práctica de Economía. Editorial: Ediciones Orbis.

-Cuervo-Arango Martínez, Carlos y otro. Introducción a Editorial: McGraw-Hill.

-Alonso, A. y Bouso, P. Introducción Práctica a -Duarte, A. y otros. Curso Elemental de Micro y Macroeconomía. Editorial: Cívitas.

-Varian, Hall R. Microeconomía Intermedia. Editorial: Antoni Bosch.

-Méndez Morales, José S. Economía y la empresa. Editorial: McGraw-Hill.

-Wonnacott P. y Wonnacott, R. Economía. Editorial: McGraw-Hill.

-Blanco Ramos, Ignacio. Economía. Editorial: Everest.

-Mochon Morcillo, Francisco. Economía Básica. Editorial: McGraw-Hill.

-Ochando Claramunt, Carlos y otros. Elementos Básicos de Economía. Editorial: Tirant Lo Blanch.

-Febrero, Ramón y otros. Qué es -Baldwin, Carlos y otro. Introducción General a -Burningham, David y otros. Economía. Editorial: Pirámide.

-O´kean, José María. Análisis del entorno económico de los negocios. Una introducción a la macroeconomía. Editorial: McGraw-Hill.

-Alba, Alfonso y otros. Economía, Teoría y Política. Libro de problemas. Editorial: McGraw-Hill.

-Tugores, Jorge y otros. Introducción a -Lipsey, Richard G. Prácticas de Economía Positiva. Editorial: Vicens-Vives.

-Gimeno, Juan A. y otro.Introducción a Editorial: McGraw-Hill.

-Jiménez Aguilera Juan y otro. Cuestiones y ejercicios de Teoría Económica. Editorial: Pirámide.

-Escribá, F. Javier y otros. Introducción Práctica a Editorial: McGraw-Hill.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Para cursa-la asignatura non é imprescindible ter coñecementos previos sobre temas económicos, ainda que os alumnos procedentes do bacherelato de CC Sociais disporán dunha formación previa que lles permitirá facer un menor esforzo porque xa estarán algo acostumados a medoloxía empregada nas analise económicas e a súa terminoloxía ao ter cursado Economía e Economía e organización de empresas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías