Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Sociolingüística Código 613436008
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Vazquez Veiga, Nancy
Correo electrónico
nancy.vazquez.veiga@udc.es
Profesorado
Vazquez Veiga, Nancy
Correo electrónico
nancy.vazquez.veiga@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia os estudantes familiarizaranse coas nocións básicas da Sociolingüística, tomarán conciencia da diversidade lingüística e de como se relaciona con múltiples fenómenos sociais, e de como organizan os repertorios lingüísticos en diferentes contextos, con especial atención á as situacións de contacto de linguas e variedades e á emerxencia e desenvolvemento dun sistema lingüístico mundial.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística.
A4 O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica.
A11 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación sociolingüística.
A12 O alumnado coñecerá e valorará a diversidade lingüística e cultural.
A14 O alumnado coñecerá o campo de investigación do bilingüismo.
B1 O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B2 O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B3 O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
B4 O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B6 O alumnado desenvolverá habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.).
C5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecemento do panorama histórico, teórico e metodolóxico da Sociolingüística. AI2
AI4
AI11
BI1
BI2
Coñecemento da relación entre a diversidade lingüística e diversos factores sociais. AI4
AI11
AI12
AI14
BI2
BI3
BI4
BI6
CM5
CM6
Coñecemento de diferentes situacións de contacto lingüístico. AI4
AI11
AI12
AI14
BI1
BI2
BI4
BI6
CM5
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Delimitación teórica e histórica da Sociolingüística Ámbito da Sociolingüística. Diversidade de enfoques. Orixes.
Algúns conceptos básicos Lingua, dialecto, sociolecto, rexistro, comunidade de fala, repertorio lingüístico, competencia comunicativa, etc.
Distribución espacial e social da diversidade lingüística e as diversas configuracións que adopta. Solucións comunicativas nos espazos tradicionalmente multilingües. A estandarización das linguas como técnica e como ideoloxía. As linguas internacionais. A emerxencia dun sistema lingüístico mundial. As situacións de diglosia. As peculiaridades dos pidgins e criollos, etc.
Estudo específico do bilingüismo e do plurilingüismo, nas súas dimensións individual e social Dimensións do bilingüismo. A conducta bilingüe.
Factores que inflúen no mantemento e substitución das linguas. Revisión crítica dos factores que supostamente inciden no mantemento e substitución das linguas. Análise crítica do discurso ao redor deste tema.
A morte das linguas: revisión dos prognósticos efectuados para este século e análise dalgúns casos de revitalización. Análise crítica do discurso ao redor da "morte" das linguas. Estudo dalgúns casos de revitalización.
Usos lingüísticos e na comunidade plurilingüe e as súas consecuencias. Interferencias, alternancia de códigos, interlengua, fala estranxeira, etc.
As actitudes lingüísticas. Que son, como se manifestan, como inflúen e como se investigan.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 2 4 6
Obradoiro 2 6 8
Lecturas 0 20 20
Sesión maxistral 9 7 16
Traballos tutelados 4 4 8
Proba mixta 2 13 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os alumnos discutirán de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que coordinados polo/a profesor/a.
Obradoiro Combinaranse diversas metodoloxías/probas (basicamente, debates, solución de problemas e prácticas guiadas) a través da que o alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do/a profesor/a.
Lecturas Conxunto de artigos e capítulos de libro seleccionados polo profesor para a preparación dos distintos contidos da materia.
Sesión maxistral O profesor exporá os contenidos xerais dos temas.
Traballos tutelados Informes das lecturas seleccionadas polo profesor, que requerirán unha lectura crítica dos distintos traballos. Deberán axustarse ao formato que se indica a continuación:
Nome e apelidos Autor: Título: Fonte: Data de entrega:
1) Sinale con claridade tres ideas do texto que considere útiles e/ou novidosas (especifique se as atopa útiles ou se as atopa novas).
2) Cales son os puntos máis relevantes e/ou os argumentos máis poderosos nesta lectura? Atopa algunha debilidade ou algunha insuficiencia na argumentación? Que críticas formularía? (Extensión mínima: 400 palabras; extensión máxima: 800 palabras). IMPORTANTE: Non se trata de resumir a lectura (algo que será penalizado na cualificación), senón de reaccionar ante ela. Non debería haber máis de dous ou tres puntos relevantes en cada lectura; se lle saen máis, é que se está encamiñando cara ao resumo.
3) Relacione esta lectura con algún outro texto que lese ou con algunha experiencia persoal, sinalando afinidades e/ou diferenzas.
4) Formule tres preguntas que lle gustaría facerlle ao autor/a de este texto.
5) Indique algún traballo mencionado na lectura que lle gustaría ler, e explique os motivos.
6) Nunha escala de 1 (moi fácil) a 5 (moi difícil), sinale o grao de dificultade da lectura. Pode engadir os comentarios que lle parezan oportunos.
7) Indique coa maior precisión posible: a) o tempo (en minutos) empregado na lectura deste texto; b) o tempo (en minutos) empregado na preparación deste informe.

Proba mixta Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Obradoiro
Lecturas
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais dos informes de lectura. Aclaración das preguntas formuladas nos informes de lectura. Tutorías de libre disposición.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida Os alumnos discutirán de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que coordinados polo/a profesor/a. 15
Obradoiro Combinaranse diversas metodoloxías/probas (basicamente, exposicións, debates e solución de problemas) a través da que o alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do/a profesor/a. 15
Traballos tutelados Informes das lecturas seleccionadas polo profesor, que requerirán unha lectura crítica dos disntintos traballos. O profesor entregará un modelo de informe. 30
Proba mixta Proba que integra preguntas abertas de desenvolvemento e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. 40
 
Observacións avaliación
Segunda oportunidade (xullo):
- Aqueles estudiantes que non teñan superado a materia e teñan asistido regularmente ás aulas e realizado un 60% das actividades propostas, terán que repetir únicamente aquelas actividades ou probas non superadas.
- Nos casos restantes, serán avaliados pola realización dos traballos tutelados propostos polo/a profesor/a (100% da cualificación).

Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA SUGERIDA

Appel, René y Peter Muysken (1996[1987]): Bilingüismo y contacto de lenguas. Madrid: Ariel.

Baker, Colin & Sylvia Prys Jones (1998). Encyclopedia of Bilingualism and Bilingual Education.Clevedo: Multilingual Matters.

Boix i Fuster, Emili y Xavier Vila i Moreno (1998): Sociolingüística de la llengua catalana. Barcelona: Ariel.

Coulmas, Florian ed. (1997): The Handbook of Sociolinguistics. Oxford: Blackwell.

Crystal, David (2001): La muerte de las lenguas. Cambridge: Cambridge University Press.

Fasold, Ralph (1996[1984]): La sociolingüística de la sociedad. Madrid: Visor.

Garrett, Peter; Nikolas Coupland & Angie Williams (2003). Investigating Language Attitudes: Social Meaning of Dialect, Ethnicity and Performance. Cardiff: Univ. of wales Press.

Grosjean, François (1982): Life with Two Languages. An Introduction to Bilingualism. Cambridge: Harvard University Press.

Hudson, Richard. A. (1996). Sociolinguistics. Cambridge: Cambridge Univ. Press (20 ed.)

Lastra de Suárez, Yolanda (1992): Sociolingüística para hispanoamericanos: una introducción. México: El Colegio de México.

Mesthrie, Rajend et alii (2000). Introducing Sociolinguistics. Edinburgh: Edinburgh University Press.

Meyerhoff, Miriam (2006): Introducing Sociolinguistics. London / New York: Routledge.

Moreno Cabrera, Juan Carlos (2000): La igualdad y la dignidad de las lenguas. Tratado de la discriminación lingüística. Madrid: Alianza.

Moreno Fernández, Francisco (1998): Principios de sociolingüística y sociología del lenguaje. Madrid: Ariel.

Romaine, Suzanne (1996[1994]): El lenguaje en la sociedad: Una introducción a la sociolingüística. Madrid: Ariel.

Ruiz i San Pascual, Francesc et al. (2001). Diccionari de sociolingüística. Barcelona: Enciclopèdia Catalana.

Swann, Joan et al. (2004). A Dictionary of Sociolinguistics. Tuscaloosa: University of Alabama Press.

Thomason, Sarah G. (2001). Language Contact. Washington: Georgetown University Press.

Wardhaugh, Ronald (1992[1986]): Introducción á sociolingüística. Universidade de Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías