Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingüística aplicada Código 613436009
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Introdución aos fundamentos teórico-metodolóxicos da lingüística aplicada.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 O alumnado coñecerá e será capaz de aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística.
A2 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística.
A3 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística aplicada.
A4 O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica.
B2 O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B4 O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B7 O alumnado adquirirá capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Estimular os coñecementos lingüísticos previos e orientalos cara a reflexión sobre a práctica profesional AI1
AI2
CM7
CM8
Adquirir coñecementos básicos das distintas aplicacións da lingüística. AI3
BI2
CM4
Asentar os conceptos centrais da lingüística aplicada. AI3
AI4
Afondar nos distintos campos profesionales nos que o coñecemento lingüístico é fundamental. AI4
BI4
BI7
Describir as cuestións metodolóxicas básicas que se utilizan na investigación en lingüística aplicada. AI1
AI3
AI4
BI2
BI4

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución 1.1. Obxecto de estudo, obxectivos e alcance da lingüística aplicada
1.2. Conceptos básicos e ferramentas de análise usadas na lingüística aplicada
1.3. Lingüística aplicada (crítica), cambio social e desenvolvemento
2. Problemática 2.1. Política e planificación lingüística
2.2. Linguas, aprendizaxe e educación
2.3. Lingüística clínica e patoloxías da linguaxe
2.4. Lingüística forense
2.5. Globalización, multilingüismo e comunicación intercultural
3. Metodoloxías 3.1. A investigación en lingüística aplicada
3.2. Aspectos básicos do deseño dunha investigación en lingüística aplicada

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 8 48 56
Solución de problemas 2 9 11
Actividades iniciais 1 0 1
Sesión maxistral 5 0 5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Sesións destinadas a promover debate en grupo sobre un conxunto de lecturas propostas. O papel do profesor será presentar o tema, moderalo e sistematizar conclusións.
Solución de problemas Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Actividades iniciais Presentación do programa, da metodoloxía e do procedemento de avaliación da materia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Solución de problemas
Descrición
Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia. Comentarios individuais ou en grupo dos temas xurdidos na discusión dirixida e na resolución de problemas. Titorías de libre disposición.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida Valorarase a calidade das reflexións elaboradas con respecto ás lecturas propostas, a exposición oral e escrita dos argumentos e a capacidade de discusión crítica. 75
Solución de problemas Valorarase a resolución dos problemas propostos, a partir dos coñecementos que se traballaron na aula. 15
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e participación activa nas clases teóricas. 10
 
Observacións avaliación

O profesor sinalará cos discentes a forma de superar a materia na segunda oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica

Davies, A. (2007). An Introduction to Applied Linguistics. From practice to theory. Edinburgh: Edinburgh University Press, 2ª ed.

Hall, C.J, P.H. Smith & R. Wicaksono (2011). Mapping Applied Linguistics. London: Routledge.

Lacorte, M. (ed.) (2007). Lingüística aplicada del español. Madrid: Arco/Libros.

Moita Lopes, L.P (org.) (2006). Por uma lingüística aplicada indisciplinar, São Paulo: Parábola.

Payrató, Ll. (2003). De profesión, lingüista. Panorama de la lingüística aplicada. Barcelona: Ariel, 2ª ed.

Schmitt, N. (ed.) (2010). An Introduction to Applied Linguistics. London: Oxford University Press, 2ª ed.

Simpson, J. (ed.) (2011). The Routledge Handbook of Applied Linguistics. London: Routledge.

Wei, L. & V. Cook (2009). Contemporary Applied Linguistics, London: Routledge.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías