Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) A lingua de signos na comunidade xorda: o que o lingüista ten que saber Código 613436011
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Iniciación á investigación lingüística no eido das linguas de signos e do seu contexto sociolingüístico e cultural: a comunidade xorda

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 O alumnado coñecerá e será capaz de aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística.
A9 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación en lingua de signos.
B1 O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B3 O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
B8 O alumnado será capaz de comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
O alumnado coñecerá e será capaz de aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística. AI1
O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación en lingua de signos. AI9
O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. BI1
O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora. BI3
O alumnado será capaz de comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas. BI8

Contidos
Temas Subtemas
1. O contexto social das linguas de sinais. Características das comunidades xordas. Problemas da educación dos xordos. Bilingüismo lingua de sinais/lingua oral.
2. A modalidade viso-xestual da linguaxe. Comunicación oral-auditiva vs. comunicación xestual-visual. Repercusións para a investigación lingüística.
3. Características das linguas de sinais. O medio visual. O espacio signado. Os articuladores. Análise subléxica. Procesos gramaticales específicos das linguas de sinais.
4. A lingüística aplicada ao servizo das linguas de sinais.
Planificación e política lingüísticas. A aprendizaxe dunha lingua de sinais como L2. A interpretación entre lingua de sinais e lingua oral.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 12 0 12
Traballos tutelados 0 50 50
Actividades iniciais 0 9 9
Estudo de casos 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación por parte da profesora dos contidos da materia. Propiciarase unha intervención activa
do alumnado.
Traballos tutelados Elaboración dunha reseña crítica sobre un documento, que pode ser un libro ou unha parte dun libro ou un recurso electrónico. Cada alumna ou alumno escollerá o material obxecto da reseña e desenvolverá a tarefa seguindo as indicacións da profesora.
Actividades iniciais O traballo na aula completarase coa lectura dunha escolma de textos relacionados coa temática
analizada en cada tema, que estarán a disposición do alumnado na plataforma Faitic.
Estudo de casos Comentario sobre unha situación típica da comunidade xorda ou unha peculiaridade da linguaxe signada. Poderá facerse de xeito individual ou, preferentemente, en grupo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A realización do traballo tutelado farase seguindo as indicacións da profesora.
As dúbidas sobre os contidos da materia poderán consultarse por e-mail ou nas tutorías

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase a capacidade de análise e de síntese, a propiedade da linguaxe tendo en conta o tipo de escrito de que se trata, e tamén a corrección formal e o uso axeitado das referencias bibliográficas. 90
Estudo de casos Avaliarase a capacidade crítica de cada estudante, así como tamén a súa axeitada utilización dos recursos argumentativos. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación será continua. Será necesario acudir, cando menos, ao 80% das sesións e entregar os traballos tutelados, que poderán consistir nunha breve recensión dunha publicación relacionada con cada un dos temas propostos, ou ben  
un traballo final, máis elaborado, que consistirá nunha recensión crítica dun libro ou publicación de complexidade equivalente. Quen opte pola modalidade semipresencial deberá comunicalo á profesora por e-mail ao comezo da impartición da materia. Neste caso esixirase unha asistencia de, como mínimo, o 40% e a elaboración de resumos ou reformulacións de materiais empregados na docencia. Se se requiren adaptacións por razón de discapacidade, deberá advertirse coa debida antelación. Requerirase documentación acreditativa. No caso de non superar o curso na primeira oportunidade, para a segunda aplicaranse os mesmos criterios de presencialidade, así como as entregas de traballos tutelados e, no seu caso, dos resumos e reformulacións de materiais.


Fontes de información
Bibliografía básica

Armstrong, David, William C. Stokoe y Sherman Wilcox (1995): Gesture and the nature of language. Cambridge Univ. Press.

Armstrong, David (2000): Original Signs. Washington D. C.: Gallaudet University Press.

Cabeza, Carmen (2000): “Comunicación visual e linguas de signos”, en Manual de ciencias da linguaxe, edición de F. Ramallo, G. Rei-Doval y X. P. Rodríguez, Vigo: Galaxia, cap. 4, pp. 139-172.

Cabeza, Carmen y Ana Mª Fernández Soneira (2002): “La concepción multicanal del lenguaje y las teorías lingüísticas”, en Báez, I. y R. Pérez (eds.) Romeral. Estudios filológicos en homenaje a José Antonio Fernández Romero. Vigo: Servición de Publicacións da Universidadade de Vigo, pp. 73-89.

Cuxac, Chistian (2000): La langue des signes française. Les voies de l’iconicité. París, Ophris.

Deuchar, Margaret (1987): “Sign Language Research”, en Lyons, J. (ed.), New Horizons in Linguistics 2, edición de John Lyons, Londres: Penguin, pp. 311-335.

Domínguez, Ana Belén y Pilar Alonso (2004): La educación de los alumnos sordos hoy. Perspectivas y respuestas educativas. Málaga: Aljibe.

Herrero, Ángel (2009): Gramática didáctica de la lengua de signos española (LSE). SM / Fundación CNSE.

Kendon (1988): “How gestures can become like words”, en F. Poyatos (ed.), Cross-cultural perspectives in nonverbal communication, Toronto, Hogrefe, 131-141.

Krausneker, Verena (2000): “Sign Languages and the Minority Language Policy of the European Union” in Metger, Melanie (ed.), Bilingualism & Identity in Deaf Communities, Washington DC, Gallaudet University Press, pp. 142-158.

Lara, P. y E. Santos (1999): Técnicas de interpretación de la lengua de signos. Madrid, CNSE.

McNeill (1992): Hand and Mind. What gestures reveal about thought. The University of Chicago Press.

Padden, Carol (2002) “The Future of American Sign Language” in Armstrong, David et al., The Study of Signed Languages. Essays in Honor of William C. Stokoe, Washington DC: Gallaudet University Press, pp. 247-261.

Rodríguez González, Ma Ángeles (1992): Lenguaje de signos. Madrid, CNSE / Fundación ONCE.

Stokoe, Willia, C. (2001): Language in Hand. Why Sign Came Before Speech. Washington D. C.: Gallaudet Universtity Press. 

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías