Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Lingüística aplicada ao ensino de linguas: o español como lingua estranxeira Código 613436014
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral O obxectivo do curso é o de profundar nos fundamentos teóricos que subxacen ás diferentes metodoloxías do ensino dunha 2ª lingua, así como desenvolver un posible enfoque didáctico e unha programación do ensino da lingua española como lingua estranxeira. Trátase de paliar, na medida do posible, a carencia de formación teórica, metodolóxica e didáctica que teñen aqueles alumnos que queiran dedicarse á investigación na metodoloxía do ensino de segundas linguas, así como asentar os coñecementos metodolóxicos daqueles que queiran dedicarse a esta práctica profesional.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística.
A3 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística aplicada.
A4 O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica.
A8 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados co ensino de linguas.
B1 O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B2 O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B3 O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
B4 O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B5 O alumnado adquirirá capacidade para concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B6 O alumnado desenvolverá habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.).
B7 O alumnado adquirirá capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B8 O alumnado será capaz de comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística. AI2
O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística aplicada. AI3
O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica AI4
O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados co ensino de linguas. AI8
O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. BI1
O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos. BI2
O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora. BI3
O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares. BI4
O alumnado adquirirá capacidade para concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. BI5
O alumnado desenvolverá habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.). BI6
O alumnado adquirirá capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. BI7
O alumnado será capaz de comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas. BI8

Contidos
Temas Subtemas
1. A tarea docente no mundo contemporáneo 1.1. O papel do docente
1.2. O docente de linguas
1.3. O docente de linguas extranxeiras
2. O ensino-aprendizaxe de español 2.1. Breve consideración histórica
2.2. O español coma L2 no mundo actual
3. O ensino-aprendizaxe de linguas 3.1 Adquisición vs aprendizaxe?
3.2. Diferencias entre ensinanza aprendizaxe da L1 e L2
3.3. Conceptos fundamentais do proceso de ensinanza-aprendizaxe de L2
4. Principais metodoloxías de ensinanza-aprendizaxe de L2
4.1. Os chamados métodos tradicionais (gramática-tradución, etc.)
4.2.Principais correntes metodolóxicas xurdidas na segunda metade do século XX
4.3. Cara un eclecticismo metodolóxico
5. Aplicación dos estudos teóricos ó caso do
español
5.1. Influencia dos factores extralingüísticos no prooceso de aprendizaxe
5.2. Exemplificacións dos procesos de aprendizaxe
6. Da teoría á practica docente e investigadora
no caso do español coma L2
6.1 A practica docente do español: elaboración de materiais
6.2. Os estudos de caso coma metodoloxía investigadora

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas 1 3 4
Sesión maxistral 9 10 19
Presentación oral 1 5 6
Estudo de casos 1 3 4
Traballos tutelados 2 38 40
Actividades iniciais 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolveránse os casos prácticos plantexados.
Sesión maxistral O docente exporá as líneas maestras da metodoloxía de ensino aprendizaxe dunha L2.
Presentación oral Os alumnos/as presentarán diante dos demais o traballo levado a cabo como aplicación das lineas maestras estudiadas no curso.
Estudo de casos Analizaránse casos prácticos de ensinanza aprendizaxe de L2.
Traballos tutelados Cada alumno/a elaborará un traballo teórico e práctico no que recreará unha situación
determinada de ensino-aprendizaxe dunda L2.
Actividades iniciais O docente presentará o curso e as líneas de traballo que se levarán a cabo tanto na aula coma fóra dela.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Presentación oral
Estudo de casos
Traballos tutelados
Actividades iniciais
Descrición
Tanto na aula coma na dirección de traballos o docente levará a cabo unha atención
personalizada de xeito que cada persoa poida sacar o máximo proveito do curso.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Solución de problemas Tanto polas preguntas plantexadas polo alumnado como as respostas formuladas polo docente no transcurso das clases. 10
Presentación oral Pola presentación e defensa dos seus traballos nos que se valorará a fluidez e corrección da exposición así como os contidos. 20
Estudo de casos Pola participación en lecturas ou análises de situacións plantexadas nas clases. 10
Traballos tutelados Elaboración dun traballo teórico práctico dirixido polo docente. 60
 
Observacións avaliación
O alumnado que non asista e participe alomenos no 80% das sesións ou que opte pola modalidade non presencial deberá entregar un traballo (50%) teórico e outro práctico (50%) tutelados polo docente.
Tamén os alumnos que non superen o curso na 1ª oportunidade, deberán entregar un traballo ben teórico, ben práctico (marcado polo docente segundo as carencias detectadas na avaliación) na primeira semana de xullo.

Fontes de información
Bibliografía básica

Austin, J.L., Cómo hacer cosas con las palabras: palabras y acciones, 1988, Barcelona: Paidós

Ellis, R., Second Language Adquisition, 1997, Oxford: Oxford University Press

Estaire, S. , El enfoque por tareas: de la fundamentación teórica a la organización de materiales didácticos, 2009, Centro

Virtual Cervantes: Biblioteca del profesor

Richards, J. & Rodgers, Th. , Enfoques y métodos en la enseñanza de idiomas, 2003, Cambridge: Cambridge Universuty

Press

Villalba F. & Hernández M, Enseñanza de una segunda lengua a inmigrantes, 2008, Centro Virtual Cervantes: Biblioteca del

profesor

Zimmermann, C. , Historical trends in second language vocabulary instruction, 1997, Cambridge: Cambridge University

Press

A bibliografía máis específica, sobre todo á referida á realización de traballos, será facilitada nas clases.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías