Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Bilingüismo e didáctica comparada das linguas romances Código 613436015
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Introdución ó campo de investigación do bilingüismo, mediante unha revisión téorica xeral (con lecturas ad hoc), e cunha posterior aplicación a través da didáctica plurilingüe das linguas romances e os conceptos de intercomprensión e bilingüismo receptivo.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A3 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística aplicada.
A5 O alumnado adquirirá habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A8 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados co ensino de linguas.
A10 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación en análise do discurso.
A11 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación sociolingüística.
A12 O alumnado coñecerá e valorará a diversidade lingüística e cultural.
A14 O alumnado coñecerá o campo de investigación do bilingüismo.
B1 O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B2 O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B3 O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
B4 O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B5 O alumnado adquirirá capacidade para concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B6 O alumnado desenvolverá habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.).

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Familiarizar ó alumno cos principais problemas teóricos do eido do bilingüismo. AI8
AI10
AI11
AI12
AI14
BI2
BI5
Capacitar ó alumno para comprender lecturas de dificultade básica e media neste campo. AI14
BI1
BI3
Diferenciar con claridade entre os 'tipos de problemas' e os 'tipos de solucións' que principalmente desde a psicolingüística e a sociolingüística se teñen artellado para explicar os moi diversos fenómenos englobados baixo 'bilingüismo'. AI3
AI14
BI1
BI2
Ser quen de repensar as ferramentas descritivas propias do paradigma monolingüe dominante na lingüística xeral. AI12
AI14
BI1
BI4
Familiarizarse cos feitos de fala bilingüe no noso contorno comunicativo inmediato, así coma sistematizar a nosa propia reflexión intuitiva sobre estes fenómenos. AI5
AI10
AI11
AI12
BI5
BI6
Coñecer os programas existentes na didáctica plurilingüe e comparada das linguas romances. AI8
BI4

Contidos
Temas Subtemas
O concepto de bilingüismo. Acotación do concepto a través dos principais tipos de bilingüismo. Noción de lingua(s) primeira(s). Métodos indiciais para detectala(s)
Bilingüismo e desenvolvemento. Bilingüismo e capacidades intelectivas (intelixencia, memoria, creatividade). Bilingüismo e personalidade. Bilingüismo e identidade.
Adquisición bilingüe. Síntese da adquisición bilingüe, especialmente infantil. ¿Un sistema ou dous sistemas? Code-mixing e code-switching. Conciencia metalingüística infantil.
Principais paradigmas investigadores sobre o bilingüismo.
Pasaremos en revista o paradigma do contacto de linguas, o paradigma da análise da fala bilingüe (pragmático e gramatical), o paradigma das categorías macrosociais e máis o paradigma psicosocial
Didáctica comparada das linguas romances. Noción de intercomprensión lingüística. O bilingüismo receptivo. A didáctica comparada das linguas nórdicas: obxectivos e estratexias didácticas. A didáctica comparada das linguas romances: proxectos Galatea, Galanet, Eurocom, etc. Implicacións políticas dunha planificación didáctica plurilingüe.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 12 0 12
Presentación oral 4 6 10
Lecturas 0 30 30
Traballos tutelados 0 22 22
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación dos contidos esenciais e conceptos clave, con invitación á discusión, sobre a base duns guións orientativos e/ou dunhas lecturas básicas ad hoc.
Presentación oral Exposión en clases por parte dos alumnos do resultado das súas lecturas e máis do plantexamento e progresión do seu traballo de curso
Lecturas O traballo de curso será supervisado en detalle polo profesor, ben na clase ben nas titorías.
Traballos tutelados Cada alumno realizará un traballo de curso, consistente nunha pequena investigación, e dunha extensión dunhas 15 páxinas como máximo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Presentación oral
Lecturas
Traballos tutelados
Descrición
En calquera das metodoloxías citadas, o alumno recibirá unha atención personalizada axeitada ós seus coñecementos e perfil previo. As lecturas e o traballo de curso han ser orientados polo profesor.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia a clases, así coma a participación activa na mesma, nos comentarios sobre as lecturas e no subseguinte debate sobre os problemas tratados. 20
Presentación oral Certas lecturas han ser comentadas directamente polo alumno na clase. Tamén será de interese de todos coñecer o tema de traballo de curso que escolle e o estado das súas pescudas. 15
Lecturas Realizaranse lecturas de curso, valorando o grao de comprensión das mesmas, e a conseguinte capacidade do alumno de contribuír á clase e ó debate. Ademais, as lecturas constitúen a base de partida inexcusable para a realización do traballo de curso. 25
Traballos tutelados Cada alumno realizará un traballo de curso, consistente nunha pequena investigación, e dunha extensión dunhas 15 páxinas como máximo. 40
 
Observacións avaliación
O alumno que o desexe poderá realizar baixo a miña dirección o traballo máster de investigación, sobre un tema relacionado cos contidos tratados no curso. Os resultados dirimiranse nas convocatorias de xuño ou de xullo.

Fontes de información
Bibliografía básica

René Appel y Pieter Muysken (1996). Bilingüismo y contacto de lenguas. Barcelona: Ariel. [Ed. original inglesa: (1987). Language Contact and Bilingualism. Londres: Edward Arnold].

Colin Baker y Sylvia Prys Jones (1998). Enclyclopedia of Bilingualism and Bilingual Education. Clevedon: Multilingual Matters.

Suzanne Romaine (1995). Bilingualism. Oxford y Cambridge: Blackwell. [2ª ed. revisada; 1ª ed. 1989]. [Existe tradución completa ó galego].

Miquel Siguan (2001). Bilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Alianza.

Li Wei (ed.) (2000). The Bilingualism Reader. Londres: Routledge

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías