Competencias do título |
Código
|
Competencias da titulación
|
A3 |
O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística aplicada. |
A5 |
O alumnado adquirirá habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación. |
A8 |
O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados co ensino de linguas. |
A10 |
O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación en análise do discurso. |
A11 |
O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación sociolingüística. |
A12 |
O alumnado coñecerá e valorará a diversidade lingüística e cultural. |
A14 |
O alumnado coñecerá o campo de investigación do bilingüismo. |
B1 |
O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. |
B2 |
O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos. |
B3 |
O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora. |
B4 |
O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares. |
B5 |
O alumnado adquirirá capacidade para concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico. |
B6 |
O alumnado desenvolverá habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.). |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) |
Competencias da titulación |
Familiarizar ó alumno cos principais problemas teóricos do eido do bilingüismo. |
AI8 AI10 AI11 AI12 AI14
|
BI2 BI5
|
|
Capacitar ó alumno para comprender lecturas de dificultade básica e media neste campo. |
AI14
|
BI1 BI3
|
|
Diferenciar con claridade entre os 'tipos de problemas' e os 'tipos de solucións' que principalmente desde a psicolingüística e a sociolingüística se teñen artellado para explicar os moi diversos fenómenos englobados baixo 'bilingüismo'. |
AI3 AI14
|
BI1 BI2
|
|
Ser quen de repensar as ferramentas descritivas propias do paradigma monolingüe dominante na lingüística xeral. |
AI12 AI14
|
BI1 BI4
|
|
Familiarizarse cos feitos de fala bilingüe no noso contorno comunicativo inmediato, así coma sistematizar a nosa propia reflexión intuitiva sobre estes fenómenos. |
AI5 AI10 AI11 AI12
|
BI5 BI6
|
|
Coñecer os programas existentes na didáctica plurilingüe e comparada das linguas romances. |
AI8
|
BI4
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
O concepto de bilingüismo. |
Acotación do concepto a través dos principais tipos de bilingüismo. Noción de lingua(s) primeira(s). Métodos indiciais para detectala(s) |
Bilingüismo e desenvolvemento. |
Bilingüismo e capacidades intelectivas (intelixencia, memoria, creatividade). Bilingüismo e personalidade. Bilingüismo e identidade. |
Adquisición bilingüe. |
Síntese da adquisición bilingüe, especialmente infantil. ¿Un sistema ou dous sistemas? Code-mixing e code-switching. Conciencia metalingüística infantil. |
Principais paradigmas investigadores sobre o bilingüismo.
|
Pasaremos en revista o paradigma do contacto de linguas, o paradigma da análise da fala bilingüe (pragmático e gramatical), o paradigma das categorías macrosociais e máis o paradigma psicosocial |
Didáctica comparada das linguas romances. |
Noción de intercomprensión lingüística. O bilingüismo receptivo. A didáctica comparada das linguas nórdicas: obxectivos e estratexias didácticas. A didáctica comparada das linguas romances: proxectos Galatea, Galanet, Eurocom, etc. Implicacións políticas dunha planificación didáctica plurilingüe. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
12 |
0 |
12 |
Presentación oral |
4 |
6 |
10 |
Lecturas |
0 |
30 |
30 |
Traballos tutelados |
0 |
22 |
22 |
|
Atención personalizada |
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Explicación dos contidos esenciais e conceptos clave, con invitación á discusión, sobre a base duns guións orientativos e/ou dunhas lecturas básicas ad hoc. |
Presentación oral |
Exposión en clases por parte dos alumnos do resultado das súas lecturas e máis do plantexamento e progresión do seu traballo de curso |
Lecturas |
O traballo de curso será supervisado en detalle polo profesor, ben na clase ben nas titorías. |
Traballos tutelados |
Cada alumno realizará un traballo de curso, consistente nunha pequena investigación, e dunha extensión dunhas 15 páxinas como máximo. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Presentación oral |
Lecturas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
En calquera das metodoloxías citadas, o alumno recibirá unha atención personalizada axeitada ós seus coñecementos e perfil previo. As lecturas e o traballo de curso han ser orientados polo profesor. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
Valorarase a asistencia a clases, así coma a participación activa na mesma, nos comentarios sobre as lecturas e no subseguinte debate sobre os problemas tratados. |
20 |
Presentación oral |
Certas lecturas han ser comentadas directamente polo alumno na clase. Tamén será de interese de todos coñecer o tema de traballo de curso que escolle e o estado das súas pescudas. |
15 |
Lecturas |
Realizaranse lecturas de curso, valorando o grao de comprensión das mesmas, e a conseguinte capacidade do alumno de contribuír á clase e ó debate. Ademais, as lecturas constitúen a base de partida inexcusable para a realización do traballo de curso. |
25 |
Traballos tutelados |
Cada alumno realizará un traballo de curso, consistente nunha pequena investigación, e dunha extensión dunhas 15 páxinas como máximo. |
40 |
|
Observacións avaliación |
O alumno que o desexe poderá realizar baixo a miña dirección o traballo máster de investigación, sobre un tema relacionado cos contidos tratados no curso. Os resultados dirimiranse nas convocatorias de xuño ou de xullo.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
René Appel y Pieter Muysken (1996). Bilingüismo y contacto de lenguas. Barcelona: Ariel. [Ed. original inglesa: (1987). Language Contact and Bilingualism. Londres: Edward Arnold].
Colin Baker y Sylvia Prys Jones (1998). Enclyclopedia of Bilingualism and Bilingual Education. Clevedon: Multilingual Matters.
Suzanne Romaine (1995). Bilingualism. Oxford y Cambridge: Blackwell. [2ª ed. revisada; 1ª ed. 1989]. [Existe tradución completa ó galego].
Miquel Siguan (2001). Bilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Alianza.
Li Wei (ed.) (2000). The Bilingualism Reader. Londres: Routledge
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|