Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Principios de lexicografía Código 613436020
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Profesorado
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/guiadocente
Descrición xeral Coñecemento e aplicación dos fundamentos teórico-prácticos da lexicografía.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 O alumnado coñecerá e será capaz de aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística.
A2 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística.
A3 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística aplicada.
A4 O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica.
A7 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación lexicográfica.
A12 O alumnado coñecerá e valorará a diversidade lingüística e cultural.
B1 O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B2 O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B3 O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
B4 O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B5 O alumnado adquirirá capacidade para concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B6 O alumnado desenvolverá habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.).
B7 O alumnado adquirirá capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B8 O alumnado será capaz de comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a relación da lexicografía con outras disciplinas. AI2
AI3
BI2
Coñecer os fundamentos teóricos da lexicografía e as súas diferentes ramas, incluída a terminografía. AI3
AI7
BI2
Coñecer e utilizar as TIC e todo tipo de recursos no campo da lexicografía. AI1
AI7
BI6
CM3
CM6
Realizar traballos de crítica lexicográfica. AI1
AI4
AI7
BI1
BI2
BI5
BI8
CM1
Aplicar os principios da teoría lexicográfica mediante a realización de repertorios lexicográficos diversos. AI1
AI7
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI7
CM3
CM6
CM8
Valorar a importancia do traballo lexicográfico para o progreso da lingüística, o ensino, a tradución, a creación literaria, a codificación lingüistica, o asentamento dunha identidade cultural e o intercambio lingüístico e cultural. AI1
AI7
AI12
CM4
CM6
CM7
CM8
Coñecer e valorar a lexicografía bilingüe e multilingüe e as relacións interlingüísticas e interculturais. AI1
AI7
BI2
CM4
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. A lexicografía e a súa relación con outras disciplinas. 1.1. A importancia do dicionario: valor e funcións.
1.2. Lexicografía, lexicoloxía e semántica.
1.3. Lexicografía, terminoloxía e terminografía.
1.4. Lexicografía e gramática.
1.5. Lexicografía e outras disciplinas non lingüísticas (etnoloxía, diferentes ramas do coñecemento...)
2. Vertentes da lexicografía. 2.1. A lexicografía teórica ou metalexicografía e a lexicografía práctica.
3. Clasificacións dos repertorios lexicográficos. 3.1. Dicionario, vocabulario, glosario e outros termos.
3.2. Dicionarios monolingües, bilingües e multilingües.
3.3. Dicionarios de lingua, dicionarios enclicopédicos e enciclopedias.
3.4. Dicionarios normativos e descritivos.
3.5. Dicionarios de usos específicos: dúbidas, ortográficos...
3.6. Dicionarios clasificados segundo o tipo de léxico recollido: de verbos, de frases feitas etc.
3.7. Dicionarios xerais, intermedios e básicos.
3.8. Dicionarios sincrónicos e diacrónicos.
3.9. Outras posibles clasificacións.
4. O concepto de macroestrutura. 4.1. Elementos que a integran.
4.2. Análise da macroestrutura de distintos dicionarios.
5. O concepto de microestrutura (con especial atención ao dicionario monolingüe). 5.1. Elementos que a integran: partes do artigo lexicográfico.
5.2. O discurso lexicográfico: metalinguaxe e lexicografía; a marcación.
5.3. A separación e ordenación de acepcións.
5.4. A definición lexicográfica: definición vs. explicación. Tipos de definición. O contorno. Problemas da definición.
6. Análise da microestrutura de diferentes dicionarios e elaboración propia de artigos lexicográficos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC 2 2 4
Estudo de casos 4 6 10
Lecturas 0 10 10
Recensión bilbiográfica 0 2 2
Traballos tutelados 0 22 22
Sesión maxistral 10 5 15
Solución de problemas 4 6 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Manexo dos recursos e ferramentas disponibles en materia de lexicografía.
Estudo de casos Prácticas de análise da macroestrutura e microestrutura de diferentes dicionarios.
Lecturas Lecturas obligadas dunha selección bibliográfica.
Recensión bilbiográfica Realización, para a súa entrega, dun exercicio de crítica lexicográfica.
Traballos tutelados Elaboración dun microrrepertorio lexicográfico que será entregado á profesora.
Sesión maxistral Sesións teórico-prácticas sobre o contido da materia.
Solución de problemas Prácticas de elaboración de artigos de dicionario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Estudo de casos
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada específica consistirá en titorías individuais sobre o traballo que deberán entregar unha vez finalizado o curso, así como sobre calquera outra cuestión que teña que ver co desenvolvemento das clases.
No resto das metodoloxías (solución de problemas, estudo de casos, prácticas a través de TIC), a atención personalizada levarase a cabo dentro da clase.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliarase o grao de consecución dos obxectivos e competencias fixados. 40
Solución de problemas Terase en conta a participación nas sesións correspondentes, a capacidade de crítica e achega de ideas. 15
Estudo de casos Terase en conta a participación nas sesións correspondentes, a capacidade de análise e a achega de ideas. 15
Sesión maxistral Terase en consideración a asistencia ás clases e a participación activa nas mesmas. Salvo causa xustificada, se o número de faltas é superior ao 10%, o alumno non recibirá esta puntuación; se o número de faltas está entre o 5 e o 10%, a puntuación neste apartado será do 50%, e se é inferior ao 5%, será do 100%. 10
Recensión bilbiográfica Será obxecto de avaliación a adecuación do exercicio ás pautas fixadas nas clases, a capacidade de síntese, de análise e de reflexión crítica. 20
 
Observacións avaliación

Se durante o curso se producise algunha circunstancia especial ou se programase algunha actividade que puidese resultar de interese para o curso (conferencia, congreso...), poderá producirse unha pequena modificación nas porcentaxes de avaliación.


O alumno será avaliado se realiza 2 actividades avaliables. Para aprobar será necesario que obteña un mínimo de 4 no traballo tutelado e un mínimo de 6 no resto das actividades conxuntamente (deberá facer polo menos 2 delas).


 


Fontes de información
Bibliografía básica Arias Freixedo, X. Bieito et al. (1997). "Aspectos prácticos de lexicografía galega: o Diccionario Medio da lingua galega, da R.A.G.", en Benigno Fernández Salgado (ed.), Actas do IV Congreso Internacional de Estudios galegos (Univ. Oxford, Oxford Centre for Galician Studies
Porto Dapena, José Álvaro (2006). "La definición lexicográfica de tipo relacional". Boletín de la Real Academia Española, LXXXVI, 333-362.
Rey-Debove, Josette (1967). "La définition lexicographique. Bases d'une typologie formelle". Travaux de Linguistique et de Littérature V, 1, 141-161.
Rey-Debove, Josette (1994). "La lexicografía moderna". Voz y letra 5, 1, 31-45. (antes "La lexicographie moderne", Travaux de linguistique 23, no
Rey-Debove, Josette (1972). "La métalangue comme système de référence au signe". Le français moderne 3, juillet, 232-241.
Rey-Debove, Josette (1969). "Le dictionnaire comme discours sur la chose et discours sur le signe". Semiotica I, 2, 185-195.
Sánchez Palomino, María Dolores (2003). "O papel do diccionario na conformación e difusión da variedade estándar de lingua", en María Álvarez de la Granja e Xosé Ernesto González Seoane (eds.), A estandariación do léxico. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega
Sterkenburg, P.V. (2003). A practical guide to lexicography. Amsterdam / Philadelphia, Jonh Benjamins.
Ahumada Lara, Ignacio (1989). Aspectos de lexicografía teórica: aplicaciones al Diccionario de la R.A.E.. Granada, Universidad.
Martínez de Sousa, José (1995). Diccionario de lexicografía práctica. Barcelona, Bibliograf.
Landau, S.I. (2001). Dictionaries. The art and craft of lexicography. Cambridge, Cambridge University, 2ª ed.
Seco, Manuel (1987). Estudios de lexicografía española. Madrid, Paraninfo.
Haensch, Günther (1982). La lexicografía. De la lingüística teórica a la lexicografía práctica. Madrid, Gredos.
Alvar Ezquerra, Manuel (1993). Lexicografía descriptiva. Barcelona, Bibliograf.
Porto Dapena, José Álvaro (2008). Lexicografía e metalexicografía. Estudios, propuestas y comentarios. Anexo 12 de Revista de Lexicografía.
Jackson, H. (2002). Lexicography. An introduction. London / New York, Routledge.
Porto Dapena, José Álvaro (2002). Manual de técnica lexicográfica. Madrid, Arco Libros.
Béjoint, H. (2000). Modern Lexicography: An Introduction. Oxford, Oxford University Press
Lara, L. F. (1997). Teoría del diccionario monolingüe. México, El Colegio de México.

Bibliografía complementaria Hernández Hernández, Humberto (coord.) (1994). Aspectos de lexicografía contemporánea. Barcelona, Bibliograf.
Casares, J. (1969). Introducción a la lexicografía moderna. Madrid, CSIC.
Dubois, J. / C. Dubois (1971). Introduction à la lexicographie: le dictionnaire. Paris, PUF.
Massariello Merzagora, G. (1983). La lessicografia. Bologna, Zanichelli.
Collignon, L. / M. Glattigny (1978). Les dictionnaires. Initiation à la lexicographie. Paris, CEDIC.
Sánchez Palomino, Mª Dolores (ed.) (2010). Lexicografía galega e portuguesa. Anexo 13 de Revista de Lexicografía.
Fuentes Morán, Mª Teresa / Reinhold Werner (eds.) (1998). Lexicografías iberorrománicas: problemas, propuestas y proyectos. Frankfurt, Vervuert.
Haensch, Günther (1997). Los diccionarios del español en el umbral del siglo XXI . Salamanca, Universidad.
Campos Souto, M. et al. (eds.) (2007). Reflexiones sobre el diccionario. Anexo 6 de Revista de Lexicografía.
Kipfer, B.A. (1984). Workbook on lexicography. A course for dictionary users with a glossary of english lexicographical terms . Exeter, University.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías