Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Ideoloxía política e diccionario Código 613436021
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A materia ten como principal obxectivo achegar aos discentes a análise ideolóxica do discurso lexicográfico.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 O alumnado coñecerá e será capaz de aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística.
A2 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística.
A4 O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica.
A7 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación lexicográfica.
A10 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación en análise do discurso.
B2 O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B3 O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
B5 O alumnado adquirirá capacidade para concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B7 O alumnado adquirirá capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B8 O alumnado será capaz de comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer e saber aplicar os métodos e as técnicas da análise crítica do discurso sobre os textos lexicográficos. AI1
AI2
AI4
BI2
BI3
Infundir nos futuros investigadores o espíritu crítico e a capacidade de relacionar diferentes materias que se requieren para realizar a análise ideolóxica dos dicionarios. AI7
AI10
BI3
BI5
BI7
CM4
Dotar ao alumnado non só de perspectiva crítica, tamén dos coñecementos de historia da Lexicografía española e das ferramentas necesarias para que teñan a posibilidade de efectuar análises ideolóxicas en diferentes repertorios de forma autónoma, sistemática e rigorosa. AI4
AI7
BI8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Ideoloxía e dicionario. Introdución. 1.1. Aproximación ao concepto "ideoloxía".
1.2. O dicionario como obxecto de estudo: características principais,
estrutura, etc.
1.3. Relación entre ideoloxía e dicionario.
Tema 2. Factores que condicionan a presenza de ideoloxía nos dicionarios.
2.1. A tradición.
2.2. O paradigma científico.
2.3. A autoría.
2.4. O contexto.
Tema 3. Xénese da Lexicografía monolingüe española.

3.1. Os primeiros repertorios lexicográficos do español na base da
construción e consolidación de tópicos.
3.2. Política e relixión nos primeiros dicionarios do español.
Tema 4. O século XIX: conflicto de paradigmas. 4.1. A lexicografía non académica.
4.2. A lexicografía académica.
Tema 5. Os séculos XX e XXI: a hexemonía dos dicionarios da RAE.
5.1. O papel da RAE na consolidación de estereotipos ideolóxicos.
5.2. A lexicografía española e o concepto de panhispanismo.
5.3. A ideoloxía proxectada polos dicionarios monolingües non
académicos.
Tema 6. A análise crítica do discurso lexicográfico.
6.1. Recursos de modalización discursiva nos dicionarios.
6.2. O dicionario como arma ideolóxica.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 12 24 36
Solución de problemas 0 14 14
Aprendizaxe colaborativa 3 12 15
Traballos tutelados 0 9 9
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos xerais da materia co obxectivo de comunicar coñecementos e metodoloxías de análise. As explicacións estarán ben estruturadas e contarán con exemplos claros que aseguren a comprensión dos conceptos. Ocasionalmente, a exposición poderá estar acompañada por presentacións. Tamén se comentará a bibliografía recomendada.
Ao longo das sesións maxistrais os discentes poderán intervir e establecer pequenos debates.
Solución de problemas Actividade práctica. Formularanse na aula (durante as sesións presenciais) ou a través da plataforma TEMA unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia. O obxectivo é reflexionar de forma crítica e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para reforzar os coñecementos e as metodoloxías de análise que se van adquirindo.
Aprendizaxe colaborativa Actividad práctica. Durante as horas presenciais proporanse tres tarefas que terán que ser realizadas na aula en colaboración cos compañeiros e co docente. En todas elas terase que aplicar a metodoloxía de análise do discurso aos casos propostos ou a capacidade para resumir as ideas fundamentais dalgún artigo que será previamente lido.
Traballos tutelados Actividade teórico-práctica. Promoverase a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización de traballos e proxectos, así como para a resolución das tarefas propostas na aula, o
docente reservará un tempo de atención personalizada co fin de atender e resolver as dúbidas do alumnado. Por ese motivo, recoméndase a consulta individual ou en pequenos grupos durante as horas de titoría, ben nas previamente marcadas no horario oficial do docente, ben nas concertadas posteriormente entre docente e discentes.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Como xa se indicou, durante as horas presenciais proporanse tres tarefas que terán que ser realizadas na aula en colaboración cos compañeiros e co docente. En todas elas terase que aplicar a metodoloxía de análise do discurso aos casos propostos ou a capacidade para resumir as ideas fundamentais dalgún artigo que será previamente lido. Para conseguir a nota máxima deberán realizarse as tres actividades correctamente. 30
Traballos tutelados Baixo a tutela do docente, os alumnos e alumnas terán que escoller un tema relacionado coa materia no que profundizarán a través dos coñecementos adquiridos e da metodoloxía proposta co fin de chegar a conclusións novidosas para o ámbito de estudo. 70
 
Observacións avaliación
A asistencia regular ás sesións presenciais tamén se valorará positivamente. Posto que o curso pode recibirse a través de videoconferencia, con carácter semipresencial e presencial, recoméndase que os matriculados indiquen ao comezo do curso
o tipo de asistencia que terán en relación coas súas obrigas persoais ou profesionais.
A forma de evaluación na segunda oportunidade será a través do traballo ou proxecto, que constituirá o 100% da cualificación.

Fontes de información
Bibliografía básica

ALVAR EZQUERRA, MANUEL, De antiguos y nuevos diccionarios del español, Madrid: Arco/ Libros, 2002

ARIZA, MANUEL, “Sexo, religión y política en el diccionario de la Real Academia", Interlingüística 11, pp. 11-26, 2001

AZORÍN FERNÁNDEZ, DOLORES, Los diccionarios del español en su perspectiva histórica, Publicaciones de la Universidad de Alicante: Colección Monografías, 2000

CARO BAROJA, J. , Las formas complejas de la vida religiosa: religión, sociedad y carácter en la España de los siglos XVI y XVII, Madrid: Akal, 1978

CASARES, JULIO, Introducción a la Lexicografía moderna, Madrid: CSIC, 1992

CORTÉS PEÑA, A. L. (et al.), Religión y poder en la Edad Moderna, Universidad de Granada, 2005

ESPARZA TORRES, MIGUEL ÁNGEL, “La lexicografía monolingüe española del siglo XIX: un conflicto de paradigmas” en Romanistik in Geschichte und Gegenwart 5,1, Hamburg: Helmut Buske Verlag, pp- 49-65, 1999

FORGAS BERDET, ESTHER, Diccionarios e ideología” en Interlingüística 17, pp. 2-16, 2007

KERBRAT-ORECCHIONI, CATHERINE, La enunciación. De la subjetividad en el lenguaje, Buenos Aires: Hachette, 1986

KÖVECSES, ZOLTÁN, Metaphor in Culture. Universality and Variation, Cambridge University Press, 2005

MEDINA GUERRA, ANTONIA M. (coord.), Lexicografía española, Barcelona: Ariel Lingüística, 2003

PASCUAL, JOSÉ A. Y OLAGUÍBEL, MARÍA DEL CARMEN, “Ideología y diccionario”, en I Seminario de Lexicografía Hispánica. Diccionarios españoles: contenido y aplicaciones, Jaén, 1991

RODRÍGUEZ BARCIA, SUSANA, “Lengua, política y repertorios lexicográficos. El Diccionario esencial de la Lengua Española de la RAE (2006)”, Per Abbat, 4, 89-98, 2007

RODRÍGUEZ BARCIA, SUSANA, La realidad relativa. Evolución ideológica en el trabajo lexicográfico de la Real Academia Española (1726-2006), Vigo: Servizo de publicacións, 2008

SAN VICENTE, FÉLIX, “Política y Lexicografía”, en Echenique, Mª Teresa y Sánchez Méndez, Juan (coord.). 2003. Lexicografía y Lexicología en Europa y América. Homenaje a Günter Haensch, Biblioteca Valenciana, Madrid: Gredos, 615-633, 2003

VAN DIJK, TEUN A. , Ideología. Una aproximación multidisciplinaria, Barcelona: Gedisa, 1999

VAN DIJK, TEUN A. , Ideología y discurso, Barcelona: Ariel Lingüística, 2003

VERGARA HEIDKE, A. , «Luchas por el poder en los discursos del periódico La Nación sobre el caso CCSS-Fischel» , Revista Internacional de Lingüística Iberoamericana, volumen VII (2009), nº2 (14), pp.185-211, 2009

WODAK, RUTH, "Mediation between discourse and society: assessing cognitive approaches in CDA", Discourse Studies 8 (1), 179-190, 2006

Ao longo do curso farase indicación explícita das lecturas de carácter obrigatorio.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías