Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Léxico e sintaxe Código 613436022
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral Neste curso estúdanse os problemas teóricos, descritivos e aplicados que plantexan as propiedades sintácticas dos elementos léxicos para a lexicoloxía, a lexicografía e o ensino de linguas. E viceversa, no curso reflexiónase tamén sobre cómo as estruturas sintácticas están lexicamente restrinxidas e cómo o estudo detallado da sintaxe leva inevitablemente á análise do léxico.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 O alumnado coñecerá e será capaz de aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística.
A2 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística.
A3 O alumnado coñecerá as correntes actuais da lingüística aplicada.
A4 O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica.
A5 O alumnado adquirirá habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A6 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos da investigación gramatical.
A7 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación lexicográfica.
A8 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados co ensino de linguas.
A10 O alumnado dominará aspectos teóricos e prácticos relacionados coa investigación en análise do discurso.
B1 O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B2 O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B3 O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
B4 O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B5 O alumnado adquirirá capacidade para concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B6 O alumnado desenvolverá habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.).
B7 O alumnado adquirirá capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B8 O alumnado será capaz de comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as principais perspecrtivas teóricas no estudo da interacción de lexico e sintaxe. AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
AI6
AI7
AI8
AI10
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
Analizar e resolver problemas teóricos, descritivos e aplicados que plantexan as propiedades sintácticas dos elementos léxicos e as restricións léxicas presentes nas estruturas sintácticas. AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
AI6
AI7
AI8
AI10
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
Saber elaborar descricións lexicolóxicas e lexicográficas das propiedades sintácticas de entradas léxicas. AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
AI6
AI7
AI8
AI10
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8

Contidos
Temas Subtemas
1. Problemas básicos da interacción léxico-sintaxe
2. Modelos teóricos e a súa aproximación ao lexico e a sintaxe
2.1. Modelos formais e modelos cognitivo-funcionais
2.2. Modelos lexicalistas e modelos construcionistas
3. Valencia 3.1. Predicados, argumentos [actantes] e adxuntos [circunstantes]
3.2. Valencia sintáctica e valencia semántica
3.3. Alternancias construcionais
4. Categorización 4.1. Principios xerais de categorización
4.2. Categorías léxicas e categorías sintácticas
4.3. Campos léxicos e ontoloxías semánticas
4.4. Clases sintáctico-semánticas
5. Significado e combinatoria léxica 5.1. Polisemia léxica e polisemia construccional
5.2. Combinacións restrinxidas: locucións, colocacións, selección
semántica
5.3. Perfís combinatorios

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais 1 0 1
Sesión maxistral 7 16 23
Foro virtual 3 12 15
Solución de problemas 4 16 20
Traballos tutelados 1 14 15
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do curso: metodoloxía, contidos e métodos de avaliación.
Sesión maxistral Presentación por parte do profesor dos conceptos básicos, das principais perspectivas teóricas e formulación dos problemas máis relevantes.
Foro virtual Comentario critico e discusión na clase ou a través das TIC de lecturas específicadas previamente e dos contidos das sesións maxistrais.
Solución de problemas Aplicacións prácticas á descrición sintáctica de elementos léxicos, e á descrición de elementos léxicos que ocupan posición sintácticas.
Traballos tutelados Traballo escrito consistente un estudo de caso no que se apliquen os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Foro virtual
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Dependendo dos diferentes niveis do coñecemento teórico e práctico de cada estudante, faise necesario unha atención pesonalizada que supervise o avance na aprendizaxe da materia.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais espérase a asistencia, atención e participación activa de todo alumnado. 10
Foro virtual Nos foros de discusión o estudante demostrará a súa capacidade de asimilación de conceptos e a súa perspicacia para formular e resolver problemas teóricos. 30
Solución de problemas Cos problemas e exercicios, o estudante demostrará a súa capacidade de observación das linguas e de aplicar conceptos teóricos. 30
Traballos tutelados No traballo tutelado final o estudante mostrará o grao de destreza no uso dos diferentes conceptos teóricos, así como a orixinalidade e a resolución para ofrecer solucións aos diferentes problemas prácticos, asi como a capacidade para integrar os seus coñecementos e expoñelos de maneira clara e ordenada. 30
 
Observacións avaliación
Os alumnos que sigan un réxime semipresencial deberán realizar todas as lecturas necesarias para adquirir os contidos teóricos e realizar o traballo correspondente aos foros de discusión, resolución de problemas e traballos tutelados a través das TIC.
Na segunda convocatoria, os estudantes que non acadaran na primeira os mínimos esixidos deberán corrixir o realizar só aqueles traballos que non foron realizados na primeira convocatorio ou que non foron realizados correctamente.

Fontes de información
Bibliografía básica

BOSQUE, I. (dir.) (2004): REDES. Diccionario combinatorio del español contemporáneo. Madrid: SM.

FILLMORE, Ch, J. Christopher R. Johnson and Miriam R.L. Petruck (2003) “Background to Framenet” , International Journal of Lexicography, Vol 16.3: 235-250.

GARCÍA-MIGUEL, José M. 1995. Las relaciones gramaticales entre predicado y participantes. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela

--------. 2005. “Aproximación empírica a la interacción de verbos y esquemas construccionales, ejemplificada con los verbos de percepción”. Estudios de Lingüística 19: 169–191.

GOLDBERG, Adele E. 1995. Constructions: A Construction Grammar Approach to Argument Structure. Chicago / London: University of Chicago Press

LEVIN, Beth. 1993. English Verb Classes and Alternations: a Preliminary Investigation. Chicago / London: University of Chicago Press

Recursos web:

ADESSE: http://adesse.uvigo.es/

FrameNet: http://framenet.icsi.berkeley.edu/

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías