Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Traballo fin de mestrado Código 613436028
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística e as súas Aplicacións
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Alvarez Caccamo, Celso Maria
Fernández Ferreiro, Manuel
Vazquez Veiga, Nancy
Correo electrónico
celso.alvarez.caccamo@udc.es
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
nancy.vazquez.veiga@udc.es
Web http://https://sites.google.com/site/posleacom/poslea/mestrado-universitario-de-lingueistica-e-ap
Descrición xeral Este traballo é de carácter obrigatorio e permite a avaliación dos coñecementos e as habilidades adquiridos polo alumno/a durante a realización do máster, así como a madureza científica alcanzada e a súa capacidade investigadora.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión dun profesor titor. O labor de titorización tamén poderá desenvolverse coordinadamente por dous profesores.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A4 O alumnado será capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos á práctica.
A5 O alumnado adquirirá habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
B1 O alumnado desenvolverá habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B2 O alumnado será capaz de integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B3 O alumnado aprenderá a aprender, de forma autónoma, como base da súa futura actividade investigadora.
B4 O alumnado será capaz de aplicar os seus coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B5 O alumnado adquirirá capacidade para concibir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B6 O alumnado desenvolverá habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.).
B7 O alumnado adquirirá capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
B8 O alumnado será capaz de comunicar oralmente e por escrito con claridade os coñecementos teóricos e aplicados do campo de estudo tanto a audiencias expertas como non expertas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Que saiban utilizar as técnicas específicas de xestión e organización da información. Que sexan capaces de realizar buscas documentais sobre calquera asunto. Que saiban xestionar e organizar documentación. Que dominen o entorno virtual. Que dominen as técnicas e as estratexias da comunicación. Que sexan capaces de elaborar documentación específica: textos científicos, textos académicos, etc. Que saiban desenvolver calquera tipo de texto oral ou escrito en diferentes ámbitos académico-científico. AI4
BI1
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
CM1
CM3
CM6
CM8
Que posúan e comprendan coñecementos especializados no ámbito dos estudos lingüísticos. Que teñan capacidade para ser orixinais no desenvolvemento e aplicación de ideas. Que saiban aplicar os coñecementos adquiridos. Que teñan capacidade de resolver problemas en entornos novos ou pouco coñecidos nun contexto multidisciplinar. Que sexan capaces de integrar coñecementos diversos. Que sexan capaces de comunicar as súas conclusións e os coñecementos que as sustentan a públicos especializados e non especializados de forma clara. AI4
AI5
BI1
BI2
BI3
BI5
BI6
BI7
BI8
CM1
CM2
CM8
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM1
CM3
CM4
CM6
CM7
CM8

Contidos
Temas Subtemas
ESTRUCTURA 1. Capa que incluirá, obrigatoriamente, o emblema e o nome da Universidade, o nome da Facultade, o nome do mestrado, o título do traballo, o nome do autor e do titor, e o ano de presentación.
2. Índice do traballo con paxinación.
3. Resumo do traballo
4. Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da
metodoloxía utilizada.
5. Corpo do traballo
6. Conclusións
7. Referencias bibliográficas
CARACTERÍSTICAS 1. O traballo fin de mestrado terá unha extensión mínima de 30 páxinas.
2. O texto terá un espazo de interliñado de 1.5 e o tamaño da letra será de 12 puntos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 0 145 145
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumno definirá un tema concreto dentro dalgunha das liñas de investigación do mestrado.
O traballo fin de mestrado será realizado de forma individual polo/a estudante baixo a supervisión do director ou directores do traballo.
Son funcións do director: facilitar as orientacións precisas para a elaboración do traballo fin de mestrado por parte do alumno; supervisar a realización do proxecto, a calidade dos seus contidos e a súa adecuación ás presentes normas; facer unha proposta de Comisión Evaluadora, tendo en conta a adecuación dos membros á temática desarrollada, e dar o visto bon para a inscrición e a presentación do traballo fin de mestrado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O/a estudante terá, cando menos, un profesor titor que guiará a realización do seu traballo.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo só poderá ser presentado, defendido e avaliado se o alumno tiver superado os créditos restantes para a obtención do título.
A avaliación realizaraa unha Comisión Avaliadora específica que deberá ser designada pola Comisión Académica do mestrado, tendo en conta a proposta presentada polo director do traballo.
As Comisións avaliadoras estarán compostas por tres persoas: o director do traballo e outros dous profesores doutores con vinculación permanente á Universidade; a de maior categoría e antigüidade presidirá a Comisión e a de menor actuará como secretaria.
100
 
Observacións avaliación

 


Fontes de información
Bibliografía básica

Serán proporcionadas polo director do traballo.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías