Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Métodos e técnicas para a elaboración e presentación de traballos de investigación Código 613484005
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Profesorado
Eirin García, Leticia
Correo electrónico
leticia.eirin@udc.es
Web
Descrición xeral Metodoloxía e técnicas para a elaboración e presentación de traballos científicos, patróns formais para a presentación de traballos por escrito e a súa defensa oral, uso de distintos métodos de referencias bibliográficas e recursos dispoñibles para os/as investigadores/as.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes.
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A5 Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A7 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
A9 Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A11 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A12 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B2 Demostrar un compromiso ético contra as desigualdades.
B3 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B7 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B8 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
B9 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Aprender a investigar sobre, redactar e presentar diferentes tipos de traballos académicos AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM9
AM10
AM11
AM12
AM13
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes. AM1
BM1
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Aspectos introdutorios. Nocións preliminares e panorámica xeral.
2. Tipos de traballos de investigación. Traballo fin de mestrado, relatorio, tese, tesiña, artigo, edición crítica, monografía etc.
3. Organización do traballo de investigación. Escolla do tema.
Obxectivos.
Hipótese(s) previas.
Metodoloxías e correntes críticas.
Selección de fontes (bibliográficas, documentais etc).
Corpus.
Conclusións.
4. Aspectos formais Estruturación do traballo (introdución, corpo do traballo, conclusións, apéndices etc).
A redacción.
Resumos e palabras chave.
Citas e notas (funcións e sistemas).
Criterios gráficos.
Bibliografía (sistemas de referencia bibliográfica, bibliografía primaria e secundaria, obras consultadas e obras citadas etc).
Índice.
5. Presentación dos traballos Como presentar un traballo oral.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados 3 16 19
Seminario 6 12 18
Obradoiro 10 20 30
Presentación oral 2 5 7
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consistirá na realización dun ensaio breve, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora.
Seminario Nas sesións dedicadas ao seminario desenvolverase o traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas que serán marcadas e facilitadas pola profesora.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, entre outras, a análise de fontes documentais, a resolución de problemas ou o emprego de TIC.

Presentación oral Exposición oral, na aula, do traballo tutelado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
A profesora orientará aos e ás estudantes, ofrecéndolles a axuda necesaria para a realización das presentacións orais e dos traballos, especialmente en cuestións como a escolla do tema, a metodoloxía ou a selección das fontes de información.
A orientación realizarase de forma individualizada e persoalmente, aínda que tamén poderán ser facilitadas inidicacións escritas.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Avaliación do ensaio breve que cada alumno/a realizará, cuxo tema e metodoloxía deberá ser previamente acordado coa profesora. 40
Seminario Traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas que serán marcadas e facilitadas pola profesora. O alumnado deberá participar activamente nestas sesións. 20
Presentación oral Avaliación da presentación oral do traballo tutelado. 20
Obradoiro Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, no traballo tutelado deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitaren e obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coa profesora para fixar os traballos que deberán entregar.

A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non realizar o traballo tutelado e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%.

As persoas que non superaren a materia deberán entregar, nas datas marcadas pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos que foren solicitados pola profesora.


Fontes de información
Bibliografía básica Bourdieu, P. et al. (1994). Academic Discourse: Linguistic Misunderstanding and Professional Power. Standford: Standford UP
Alcina Franch, J. (1994). Aprender a investigar: métodos y trabajo para la redacción de tesis doctorales (Humanidades y Ciencias Sociales). Madrid: Compañía Literaria
Soriano, R. (2008). Cómo se escribe una tesis. Guía práctica para estudiantes e investigadores. Córdoba: Berenice
Eco, U. (2001). Cómo se hace una tesis: técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura. Barcelona: Gedisa
Cassany, D. (1999). Construir la escritura. Barcelona: Paidós
Kleiser, G. (2009). How to Speak in Public. Charleston: BiblioBazaar
Phillips, E. M. / Derek, S. P. (2005). La tesis doctoral. Cómo escribirla y defenderla. Un manual para estudiantes y sus directores. Barcelona: Bresca
López Yepes, J. et al. (2005). Las tesis doctorales. Producción, evaluación y defensa. Madrid: Fragua
Pantoja Vallejo, A. (coord.) (2009). Manual básico para la realización de tesinas, tesis y trabajos de investigación. Madrid: EOS Universitaria
Dias, M. O. (2008). Manual de sugestões para estudantes: estudar e fazer trabalhos académicos com método . Viseu: Psico & Soma
Montolío, E. (coord.) (2009). Manual práctico de escritura académica. Barcelona: Ariel
Fernandes, A. J. (2002). Métodos e Regras para Elaboração de Trabalhos Académicos e Científicos. Porto: Porto Editora
Gibaldi, J. (ed.) (2009). MLA Handbook for Writers of Research Papers. New York: The Modern Language Association of America
Estrela, E. (coord.) (2009). Saber Escrever uma Tese e Outros Textos. Lisboa: Dom Quixote
Briz, A. (coord.) (2008). Saber hablar. Madrid: Aguilar
Sierra Bravo, R. (1994). Tesis doctorales y trabajos de investigación científica. Madrid: Paraninfo
Dowis, R. (1999). The Lost Art of Speech: How to Write One, How to Deliver It. New York: AMACOM

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Recursos para a investigación da literatura/613484007

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías