Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Recursos para a investigación da literatura Código 613484007
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
Web
Descrición xeral Ferramentas e fontes de información impresas e dixitais para a investigación nos estudos literarios e culturais, con especial atención ás tecnoloxías da información e da comunicación.

Recursos para a investigación literaria
Fontes convencionais
Fontes electrónicas
Outros recursos

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A5 Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A7 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A11 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B7 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B8 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
B9 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Adquirir a capacidade de coñecer, manexar e ter unha actitude crítica cara as ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. Coñecer as relacións actuais entre cultura, literatura e sociedade. Valorar os recursos existentes para a integración da investigación cultural e literaria nunha aproximación interdisciplinar. Coñecer a relación da literatura e a cultura coas TICS e os medios audiovisuais e electrónicos actuáis. Aplicar os recursos existentes para a investigación literaria ás técnicas de análise cultural. Adquirir competencia investigadora de xeito interdisciplinar e en entornos diversos. Comprender a importancia da investigación e desenvolver a capacidade de deseñar e producir proxectos de investigación con rigor académico. Acadar suficiencia de xestión da información no ámbito académico de investigación. Estar capacitado/a para anticipar, organizar e planificar con eficiencia a resolución de problemas. Manexar con solvencia as ferramentas propias das TICs necesarias para o exercicio da súa función investigadora e ser capaz de entender--e aplicar--a súa relevancia no contexto social propio. Fomentar a relevancia máxima da investigación, a innovación e o desenvolvemento como engranaxe fundamental no mecanismo socioeconómico e cultural da sociedade. AM1
AM3
AM5
AM6
AM7
AM10
AM11
AM13
BM1
BM6
BM7
BM8
BM9
CM3
CM6
Coñecer as relacións actuais entre cultura, literatura e sociedade. AM1
Valorar os recursos existentes para a integración da investigación cultural e literaria nunha aproximación interdisciplinar. AM3
AM6
Coñecer a relación da literatura e a cultura coas TICS e os medios audiovisuais e electrónicos actuais AM7
AM10
Aplicar os recursos existentes para a investigación literaria ás técnicas de análise cultural. AM5
Adquirir competencia investigadora de xeito interdisciplinar e en entornos diversos. BM1
Comprender a importancia da investigación e desenvolver a capacidade de deseñar e producir proxectos de investigación con rigor académico. BM6
BM7
Acadar suficiencia de xestión da información no ámbito académico de investigación BM8
Estar capacitado/a para anticipar, organizar e planificar con eficiencia a resolución de problemas BM9
Manexar con solvencia as ferramentas propias das TICs necesarias para o exercicio da súa función investigadora e ser capaz de entender--e aplicar--a súa relevancia no contexto social propio CM3
CM6
Fomentar a relevancia máxima da investigación, a innovación e o desenvolvemento como engranaxe fundamental no mecanismo socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Literatura, Arte, Cultura e investigación científica: marcos conceptuais e relacionais. 1.1. O concepto de Cultura(s) e os Estudos culturais.

1.2. Arte e Literatura.

1.3. A investigación en literatura.
2. Organización, técnicas e ferramentas para a investigación. 2.1. Delimitación do obxecto de estudo.

2.2. A procura da información: museos, bibliotecas, hemerotecas, arquivos, en papel ou en liña.

2.3. Planificación, escritura e presentación do traballo de investigación.
3. Ferramentas e recursos tecnolóxicos. Análise esencialmente práctica dos diferentes recursos existentes en Internet e nas TIC.
4. Interdisciplinariedade e investigación literaria. Análise práctica de fenómenos de hibridación na arte e na cultura, nomeadamente nas contemporáneas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 6 23 29
Obradoiro 12 14 26
Proba mixta 2 15 17
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesor contextualiza e explica as metodoloxías e contidos necesarios para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior. A sesión maxistral ten carácter teórico.
Obradoiro Sesións de traballo en que o conxunto do alumnado realiza diferentes actividades, derivadas dos contidos das sesións maxistrais, e desenvolve destrezas relacionadas cos obxectivos e contidos da materia: análise de documentos, exposicións, textos comentados, prácticas mediante TIC, probas varias… O obradoiro ten un carácter eminentemente metodolóxico e práctico.
Proba mixta Proba oral ou escrita consistente nun suposto práctico relacionado coas destrezas aprendidas no curso ou na exposición dun ensaio orixinal, un comentario de textos ou a análise de documentos relacionados cos obxectivos da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba mixta
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a estudante recibirá a guía e axuda que precisar

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral A asistencia e a participación activa nas sesións maxistrais será avaliable de maneira continuada. 5
Proba mixta A proba mixta recoñecerá o aproveitamento das sesións maxistrais a a súa correcta aplicación nos obradoiros. Complementa as cualificacións obtidas neles. 40
Obradoiro Os diferentes exercicios do obradoiro poderán ser avaliados de maneira global ou individual. Poderán ser prácticas escritas, entregadas ao final da aula, ou propostas para resolver un problema teórico solicitadas polo profesor para esa sesión ou sesións posteriores.
O obradoiro tamén contempla, eventualmente, asistencia a actividades culturais ou académicas en que se pode solicitar un exercicio práctico inmediato e da que a resolución será avaliable.
55
 
Observacións avaliación

Por
esixencias do deseño da aplicación con que se elabora esta guía docente, as
porcentaxes anteriores son só orientativas.

Para superar a materia deberase ter participado satisfactoriamente nas actividades propostas no curso.

O
alumnado que non supere a asignatura na primeira convocatoria terá unha
segunda oportunidade na que será avaliado cos mesmos instrumentos que
na primeira.

Terase en conta a situación do alumnado con
dispensa docente, que deberá  presentarse ao profesor e xustificar o seu
caso o primerio día de curso. Diseñarase para el unha metodoloxía
específica que lle permita acadar os coñecementos e as habilidades
exixidas. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Fontes de información

Recursos para a investigación literaria

Achtert, W. S., y J. Gibaldi, MLA Handbook for Writers of Research Papers, New York: The Modern Language Association of America, 1988.

Alcina Franch, J.,  Aprender a investigar: métodos  de trabajo para la redacción  de tesis doctorales, Madrid: Compañía  Literaria, 1994.

Belmonte, Manuel, Enseñar a investigar. Bilbao: Mensajero, 2011.

Blecua, Alberto, Manual de crítica textual, Madrid: Castalia, 1983.

Díez Borque, J. M., coord., Métodos de estudio de la obra literaria, Madrid: Taurus, 1985,

Eco, Umberto, Cómo se hace una tesis: técnicas y procedimientos de estudio, investigación y escritura, Barcelona: Gedisa, 2001 (1977).

Enkvist, Inger, "Ética y estética en la investigación literaria", Espéculo (2003): <http://pendientedemigracion.ucm.es/info/especulo/numero24/inv_lite.html>

Garza Mercado, Ario, Manual de técnicas de investigación para estudiantes de ciencias sociales, México: Colegio de México, 1988.

Gaskell, Philip, Nueva introducción a la bibliografía material, Gijón: Trea, 1999.

Guía de recursos bibliográficos de la Literatura Española (Biblioteca Nacional): http://www.bne.es/export/sites/BNWEB1/es/Servicios/InformacionBibliografica/docs/Guia_Literatura_Esp.pdf

Hernández Sampieri, R., Fundamentos de metodología de la investigación, Madrid: McGraw-Hill, 2007,

Jauralde Pou, Pablo, Manual de investigación literaria (Guía bibliográfica para el estudio de la literatura española), Madrid: Gredos, 1981.

López Yepes, José, Manual de ciencias de la documentación, Madrid: Pirámide, 2002.

Medina Rivilla, A,. e outros, Metodología para la realización de proyectos de investigación y tesis doctorales, Madrid: Universitas, 2003.

Montaner Frutos, A., Prontuario de bibliografía (Pautas para la realización de descripciones, citas y repertorios), Gijón: Ediciones Trea, 1999.

Muñoz Razo, Carlos, Cómo elaborar y asesorar una investigación de tesis, México: Prentice Hall, 2011.

Núñez Alonso, Eduardo, “Los archivos como sistemas de información”, Boletín de ANABAD, IL.1 (1999), pp. 109-124. E: <http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=51135>

Núñez Alonso, Eduardo, Organización y gestión de archivos, Gijón: Trea, 1999.

Orduna, G., Ecdótica. Problemática de la edición de textos, Kassel: Reichenberger, 2000.

Paun de García, Susan, Manual de investigación literaria. Cómo preparar informes, trabajos de investigación, tésis y tesinas, Madrid: Castalia, 2004.

Rodríguez Fer, Claudio, Guía de investigación literaria, Gijón: Júcar, 1998.

Bibliografía complementaria

Bibliografía específica sobre Estudos culturais

Barthes, Roland, El susurro del lenguaje: más allá de la palabra y la escritura, Barcelona, Paidós, 1987.

Bennett, Tony, Outside Literature, New York / Londres: Routledge, 1990

Bourdieu, Pierre, The Field of Cultural Production: Essays on Art and Literature, Randal Jonson ed., Nueva York: Columbia University, 1993.

Bourdieu, Pierre, Las reglas del arte. Génesis y estructura del campo literario, Barcelona: Anagrama, 1995.

Eagleton, Terry, La idea de la cultura, Barcelona: Paidós, 2001.

Eagleton, Terry, La ideología como estética, Madrid: Trotta, 2006.

Easthope, Anthony, Literary into Cultural Studies, Londres / New York: Routledge, 1991.

Easthope, Anthony, “But what is Cultural Studies?”, en Studying British Cultures : an introduction, edited by Susan Bassnett, London / New York : Routledge, 1997.

Jameson, Fredric, The Political Unconscious: Narrative as a Socially Symbolic Act, Ithaca-N.Y., Cornell University Press /Londres: Methuen, 1981.

Jameson, Fredric, “Sobre los ‘estudios culturales’”, en Estudios culturales: Reflexiones sobre el multiculturalismo, Buenos Aires: Paidós, 1998, pp. 69-136.

Jameson, Fredric, Una modernidad singular: ensayo sobre la ontología del presente, Barcelona: Gedisa, 2004.

Szurmuk, Mónica, y Robert McKee Irwin, cords., Diccionario de Estudios Culturales Latinoamericanos, México: Instituto Mora y Siglo XXI, 2009.

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías