Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura e medios de comunicación Código 613484010
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Gomez, Luciano
Correo electrónico
luciano.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Análise crítica especializada das relacións entre o discurso literario e os medios de comunicación.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes.
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A5 Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A7 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
A9 Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A12 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B3 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B7 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B8 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
B9 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer a tipoloxía de espazos reservados polos medios de comunicación ao campo literario e as relacións do poder mediático coa literatura, con especial atención ás sociedades con concorrencia de sistemas literarios. AM2
AM3
AM5
AM6
AM8
AM10
AM12
BM1
BM3
BM4
BM5
BM6
CM6
CM7
Coñecer e manexar as ferramentas de recursos de investigación deste campo, así como os principais focos de información e de reflexión teórica relativas aos estudos das relacións entre a literatura e os medios de comunicación, e saber integrar as achegas dos principais grupos investigadores do ámbito académico AM1
AM2
AM3
AM6
AM8
AM10
AM12
BM1
BM3
BM4
BM5
CM2
CM3
CM5
CM6
CM7
CM8
Concibir e desenvolver un pequeno traballo individual de pesquisa, rigoroso e orixinal, en que se analise de maneira especializada ora as tensións centro-periferias do sistema literario que se producen nos "media", ora os novos modelos repertoriais que se someten a sanción desde os medios de comunicación alternativos. AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM9
AM10
AM12
AM13
BM1
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
CM1
CM3
CM6
CM8
Traballar en pequenos grupos para seleccionar e comentar exemplos significativos de literatura hipertextual ou da relación das culturas minorizadas da nosa contorna coa internet. AM2
AM3
AM4
AM7
AM9
AM10
AM12
AM13
BM1
BM6
BM8
BM9
CM3
CM4
CM6
Traballar de forma autónoma con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. AM2
AM10
AM13
BM1
BM4
BM5
BM9
CM3
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
1. Poder mediático e literatura
1.1. Espazos literarios nos medios de comunicación.
1.2. Cal é a función do crítico?: W. H. Auden.
1.3. Variantes da crítica: a crítica académica e a crítica militante ou de actualidade.
1.4. Os medios de comunicación en sociedades de concorrencia de sistemas literarios.
2. Literatura e crítica
2.1. Estrutura do texto crítico.
2.2. Métodos de análise.
2.3. Rexistros da crítica segundo os xéneros xornalísticos e literarios.
2.4. Algunhas calas na crítica do s. XX en Galicia: suplementos literarios e revistas.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 6 0 6
Traballos tutelados 0 26 26
Lecturas 0 25 25
Eventos científicos e/ou divulgativos 4 0 4
Sesión maxistral 10 0 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Ao longo de varias das sesións do curso desenvolveranse discusións moderadas polo profesor sobre algún dos aspectos do temario.
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado que o profesor precisará individualmente.


Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo e das discusións.
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Sesión maxistral O alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que o profesor presentará conceptos e estratexias que posteriormente se desenvolverán nas sesións prácticas e cuxo coñecemento será esixido para a superación da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
Prevese que entre o alumnado haberá diferenzas salientábeis tanto en canto á súa familiarización con conceptos e termos desenvolvidos nas aulas, como en canto ás habilidades para o manexo de ferramentas informáticas. É por iso que se prevé desenvolver unha atención personalizada para as prácticas na aula e mais para o traballo que desenvolverán de forma individual.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais representará o 20% da cualificación final. 20
Traballos tutelados O traballo invidivual representará o 60% da cualificación final. Terase en conta a presentación dentro dos prazos (5%), a utilización de bibliografía e outro material complementar fornecido nas aulas (5%), así como a calidade do mesmo (50%).

60
Lecturas As lecturas avaliaranse através do traballo individual tutelado e da incorporación madurecida dos seus contidos tanto ás discusións dirixidas.
20
 
Observacións avaliación

Non será posíbel superar a materia sen realizar o traballo tutelado.

Os/as alumnos/as que teñan matrícula a tempo parcial e/ou dispensa académica deberán poñerse en contacto co profesor para que os informe do traballo que deberán realizar.

En caso de non acadar o aprobado ou non
presentarse, os/as alumn@s contan cunha segunda oportunidade en xullo. Nela
deberán completar as actividades e/ou traballos avaliables encomendados e non
entregados, ou realizar outros novos segundo as indicacións do profesor.


Fontes de información
Bibliografía básica Garcia Diniz, Luiz Antonio (2005). "Cibercultura e literatura: hipertexto e as novas arquiteturas textuais", en Alea. Estudos neolatinos vol. 7 no. 2. Rio de Janeiro
Fernández Castillo, Carolina (2009). "La condición postmedia: nuevas posibilidades narrativas en la era digital", en Martínez Díaz e Navío Castellano (eds.) Literaturas de la (pos)modernidad, 163-178. Madrid: Editorial Fragua
Werner, Michael (1994). "La place relative du champ littéraire dans les cultures nationales", en Espagne, Michel e Werner, Michael, eds., Philologiques III. Qu'est ce qu'une littérature nationale? Approches pour un. Paris: Éditions de la Maison de Sciences de l'Homme
Sapiro, Gisèle (2007). "Pour une approche sociologique des relations entre littérature et idéologie". Contextes, "L'idéologie en sociologie de la littérature (fev. 2007) (accesíbel en http://contextes.revues..
Gullón, Germán (2008). "¿Es legítima la crítica literaria?", en Una venus mutilada. La crítica literaria en la España actual, 129-149. Madrid: Editorial Biblioteca Nueva
Casas, Arturo (Coord.) (2004). Elementos de crítica literaria. Vigo, Ed. Xerais

Bibliografía complementaria Vilariño Picos, M. T. (2004). "Literatura e novas tecnoloxías", en Casas, A. (coord.) Elementos de crítica literaria, 615-650. Vigo: Xerais
Ródenas de Moya, D (2009). "Literatura y periodismo", en Rico, Gracia e Bonet (eds.) Literatura y Bellas Artes, 261-287 . Madri: Biblioteca Nueva
Figueroa, Antón (2002). "Literaturas minoritarias: autonomía e relacións interliterarias", en Anuario de estudos literarios galegos, 2002, 55-67.
Sontag, Susan ((1994) / (1996)). Against interpretation / Contra la interpretación. London: Vintage / Madrid: Santillana
Ródenas, Domingo (eds.) (2003). La crítica literaria en la prensa. Madrid: Marenostrum
Casanova, Pascale (2001). La República mundial de las Letras. Barcelona: Anagrama
Vega, M. J. (ed.) (2003). Literatura hipertextual y teoría literaria. Madrid: Marenostrum
Vilariño Picos e Abuín González (comp.) (2006). Teoría del hipertexto. La literatura en la era electrónica. Madrid: Arco Libros


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías