Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura española e hispanoamericana: Xéneros Código 613484011
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Coordinación
Valcarcel Lopez, Maria Eva
Correo electrónico
eva.valcarcel@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Valcarcel Lopez, Maria Eva
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
eva.valcarcel@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo avanzado de textos de Literatura Española ou Hispanoamericana baixo a perspectiva do xénero literario a que pertencen ou en que se poden inserir para a análise crítica.
Este curso centrarase no estudo da teoría e da práctica da lírica no período entre vangardas á contemporaneidade, con atención ao pensamento e ao exercicio poético, ao contexto no que se orixina e aos documentos artísticos que se tivesen producido en torno a ela.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes.
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A11 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A12 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B3 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
O alumnado debe ser capaz de comprender criticamente o pensamento poético da modernidada e a vangarda; deben saber diferenciar as principais trazas deste pensamento nas obras literarias estudadas de maneira práctica. AM1
AM2
AM3
AM4
AM6
AM13
BM1
BM3
BM5
CM1
CM3
CM6
O alumnado debe ser capaz de comprender a diversidade cultural e o pensamento social en diferentes ámbitos culturais e nacionais dentro do periodo obxecto de estudo. AM6
AM10
AM11
AM12
BM1
O alumnado debe comprender a necesidade do estudo artístico interdisciplinar e o seu interese para a aprehensión do coñecemento. BM1
BM5

Contidos
Temas Subtemas
1 Introdución. O concepto de xénero literario no período estudado. A lírica: límites e extensión do concepto. Antecedentes teóricos
2 A poesía e o seu desenvolvemento na Modernidade e nas vangardas históricas. -Do Futurismo ao Dadaísmo
-Do Ultraísmo á poesía pura
-O Surrealismo
3 A correspondencia das artes. Revisión, mediante un percorrido audiovisual, das correlacións estéticas entre os diferentes soportes artísticos na época.
4 A singularidade do discurso poético.
A práctica poética: escritura e lectura.
5 Poesía e filosofía. Poesía e comunicación.
Poesía e pensamento.
6 Os poetas e os poemas.
Exercicios prácticos.
Estudo práctico do discurso poético contemporáneo.
Comentarios de textos poéticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Obradoiro 11 14 25
Sesión maxistral 6 24 30
Traballos tutelados 2 15 17
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Obradoiro O obradoiro proporciona un coñecemento práctico da disciplina, a valoración crítica de textos e contextos. Alenta a discusión e a instrución cooperativas. Constitúe un vehículo idóneo para a análise e a recreación dos modelos teóricos. O obradoiro conxuga diversas prácticas didácticas e as implica na procura do coñecemento directo do obxecto de estudo.
Sesión maxistral A sesión maxistral expón os conceptos necesarios para a comprensión da materia, incluíndo a análise dos contextos históricos e teóricos de cada un dos temas contidos no programa.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo de investigación individual, tutelado, en que demostre as competencias alcanzadas. O seu tema e as súas características serán acordadas na aula.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Descrición
O traballo tutelado debe ser guiado polo profesor, con atención á diversidade do alumnado, ás súas expectativas con respecto do tema. Deberá ser guiado no seu deseño formal e conceptual e vixíado para asegurarse de que se leva a término de maneira satisfactoria. A atención personalizada será necesaria nesta metodoloxía, dada a individualización do deseño do traballo que se fará.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Na avaliación do traballo tutelado teranse en conta os seguintes aspectos:
-profundidade e rigor na investigación
-correcta organización e estruturación discursiva
-correción expresiva
-seguimento dos criterios formais establecidos
50
Obradoiro Os diferentes exercicios do obradoiro poderán ser avaliados de maneira global ou individual, poderán ser prácticas escritas entregadas na aula ou propostas para resolver un problema teórico en varias sesións.

O obradoiro tamén contempla, eventualmente, a asistencia a eventos culturais nos que se pode solicitar un exercicio práctico inmediato, para avaliar a súa resolución.
50
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é necesario ter realizado satisfactoriamente todas as actividades: traballo tutelado  e participación activa nas propostas do obradoiro.

No caso de alumnado con dispensa académica de docencia arbitrarase un sistema que permita ofrecer similares evidencias do traballo realizado que o resto.

En caso de non acadar o aprobado (ou de non presentarse), o alumnado conta cunha segunda oportunidade. Nela, deberán realizar unha proba que lles solicitarán os profesores e que se deseñará de modo específico.

Fontes de información
Bibliografía básica

Neste apartado consignaremos unha relación de bibliografía fundamental para entendermos o contexto estético e teórico da poesía contemporánea.

Alén, indicaranse os títulos baixo os que se encontran os textos que estudaremos. En ningún caso se estudará unha obra completa, por exceder os obxectivos e o fragmento temporal adicado á asignatura. Por iso, a seleción de edicións concretas non será prioritario; ademáis, a práctica totalidade dos textos encóntranse na Rede, en páxinas seguras como cervantesvirtual.com ou memoria chilena.cl

Para os temas 1 a 3, a referencia fundamental será o sitio: http://www.udc.es/tempo/cuestions20/index.htm Habida conta de que corresponde a un curso pasado, a bibliografía e referencias serán actualizadas no percurso das aulas.

Para o resto dos temas, contaremos, como texto fundamental, cunha Antoloxía de textos poéticos. Será parte do material de curso, una antoloxía poética realizada específicamente para a asignatura.

Antoloxías:

Las ínsulas extrañas, Madrid, Galaxia Gutemberg, 2002.

Cuerpo Plural. Antología de la poesía hispanoamericana contemporánea, Madrid, Pretextos, 2010.

Pulir Huesos, Madrid, Galaxia Gutemberg,2011.

Bibliografía teórica:

Benjamin,W., La obra de arte en la época de su reproductibilidad técnica,Discursos interrumpidos I, Madrid, Taurus, 1989.

Burger, P., Teoría de la Vanguardia, Barcelona, Península,1978.

Brihuega,J. Historia de las ideas estéticas contemporáneas,3 volms. Visor, Madrid, 1996.

Kozac,Claudia, ed. Deslindes. Ensayos sobre la literatura y sus límites en el siglo XX, Rosario, Beatriz Vitervo,2006.

Krauss, R., La originalidad de la vanguardia y otros mitos modernos, Madrid, Alianza, 1996.

Osorio, N. manifiestos, proclamas y polémicas de la vanguardia literaria hispanoamericana, Caracas, Bibliotea Ayacucho,1988.

Paz. O., Los hijos del limo. Del Romanticismo a la vanguardia. Barcelona, Seix Barral, 1974.

Paz, O., la casa d ela Presencia. Poesía e historia. Obras Completas I, México D.F., FCE,2006.

Ríos , V. Espectros de luz. Tecnologías visuales en la poesía latinoamericana, Santiago, Cuarto Propio, 2011.

Swartz, J., Las vanguardias latinoamericanas. Textos programáticos y críticos, Madrid, Cátedra, 1991.

Yurkievich, S., A través de la trama. Sobre vanguardias literarias y otras concomitancias, Barcelona, Muchnik,1984.

Yurkievich, S., La movediza modernidad, Taurus, Madrid, 1996.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías