Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Temas e liñas de investigación en literatura e cultura medievais Código 613484027
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Profesorado
Martinez Pereiro, Carlos Paulo
Correo electrónico
carlos.pereiro@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das principais liñas temáticas de investigación en literatura medieval galego-portuguesa.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AM2
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM3
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. AM6
Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos. AM10
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM13
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. BM4
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. BM5
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. Textualidade e Retórica trobadorescas. 1.1. Edición, fixación textual e interpretación.
1.2. A hermenéutica retórica: xénese e interpretación textual.
1.3. A neorretórica e a recepción-interpretación.
1.4. Conciencia e capacidade retóricas.
2. Macroestruturas textuais e retóricas. 2.1. A "voluntas significandi" na equivocidade trobadoresca.
2.2. A "interpretatio nominis" nas cantigas amorosas e satíricas.
2.3. Análise e interpretación de "exempla" significativos.
3. Microestururas textuais e retóricas. 3.1. As figuras de dicción e a textualidade trobadoresca.
3.2. Usos paronomásticos e poliptóticos nas cantigas amorosas e satíricas.
3.3. Análise e interpretación de "exempla" significativos.

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 6 9 15
Obradoiro 10 15 25
Lecturas 1 20 21
Traballos tutelados 1 7 8
Proba mixta 1 4 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións de traballo en que o profesorado explica a contextualización e os elementos necesarios do temario para que o alumnado poda desenvolver o seu traballo posterior.
Obradoiro Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades poderán contemplarse, alén doutras, a análise de fontes documentais, os comentarios de textos, a resolución de problemas, as prácticas a través de TIC, probas de varia tipoloxía e estudos de casos.
Lecturas No Paso 8 desta Guia, está a relación de obras que o/a alumno/a debe ler ao longo do curso.
Traballos tutelados Traballo escrito en que o/a alumno/a realizará ou ben a edición crítica do(s) texto(s) acordado(s) previamente ou ben o estudo e análise dun tema transversal sobre determinados textos literarios.
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Para alén da atención individualizada nas sesións presenciais de diferente tipo, durante as horas de atendemento do profesorado, o/a alumno/a recibirá toda a guía e axuda que precise para a realización dos seus traballos.
O alumnado con dispensa académica deberá entrar en contacto co profesor ao inicio do curso para fixar as actividades e traballos substitutivos da asistencia académica que necesariamente deberá realizar.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. 25
Traballos tutelados Avaliación dos texto(s) orai(s) e/ou escrito(s) en que o alumnado analizará, seguindo un roteiro fornecido pola profesora, algunha(s) da(s) obra(s) de lectura obrigada. 15
Lecturas Avaliación da lectura das obras realizada polo/a alumno/a ao longo do curso. 20
Proba mixta Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha
cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, na proba
mixta deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os
restantes elementos avaliables/instrumentos de avaliación.

O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado.

O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

O alumnado que non se presente ou suspenda na primeira convocatoria deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios, seguindo as mesmas pautas indicadas.

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non
asistir á proba mixta e/ou cando tiver entregado un número das
actividades contempladas inferior ao 50%.


Fontes de información
Bibliografía básica Martínez Pereiro, C .P. (1999). A indócil liberdade de nomear. A Coruña: Espiral Maior
Martínez Pereiro, C .P. (1996). Natura das animalhas. Vigo: A Nosa Terra
Ferreiro, M.; Martínez Pereiro, C.P.; Tato Fontaíña, L. (Eds.) (2007). Normas de edición para a poesía trobadoresca galego-portuguesa medieval. A Coruña: Baía Edicións

Obra de lectura obrigada:

A indócil liberdade de nomear (Por volta da interpretatio nominis na literatura trovadoresca) de Carlos Paulo Martínez Pereiro

Bibliografía complementaria Pallares Méndez, Mª Carmen (2003). A vida das mulleres na Galicia medieval 1100-1500. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela
Massini-Cagliari, Gladis (2007). Cancioneiros Medievais Galego-Portugueses. Fontes, ediçoes e estrutura. Sao Paulo: martins Fontes Editora
Pérez Priego, Miguel Ángel (1997). La edición de textos. Madrid: Síntesis
VV.AA (1990). Las mujeres medievales y su ámbito jurídico. Actas de las II Jornadas de investigación interdisciplinaria. Madrid: Universidad Autónoma


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías