Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Temas e liñas de investigación en literatura e cultura galega do século XIX Código 613484028
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Profesorado
Garcia Negro, Maria Pilar
Correo electrónico
maria.pilar.garcia.negro@udc.es
Web http://www.udc.es/filo
Descrición xeral Estudo das principais liñas temáticas de investigación en literatura galega do século XIX.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
A9 Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais.
A12 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B3 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B8 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
B9 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. AM2
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM3
Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. AM4
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural. AM6
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais. AM8
Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais. AM9
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués. AM12
Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM13
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos. BM1
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade. BM3
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador. BM4
Integrar coñecementos de campos de estudo diversos. BM5
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares. BM6
Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación. BM8
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. BM9
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. CM3
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM6
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
A construción histórica da meta-Rosalía
.1. A consideración crítica de Rosalía de Castro en vida e post-mortem
2. Confluencias e diverxencias dos clásicos.
Rosalía de Castro
Eduardo Pondal
Curros Enríquez
Relacións entre contemporáneos
A utilización do verso como formato plurixenérico: textos significativos O afán socializador de Lamas Carvajal

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral 2 12 14
Lecturas 6 18 24
Sesión maxistral 6 12 18
Análise de fontes documentais 6 12 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Presentación oral individual por parte de cada alumno e de cada alumna dun asunto relacionado cos contidos da materia e decidido entre a profesora e o/a estudante.
Lecturas Lectura obrigada dos textos literarios e dos textos críticos que a profesora indique na aula.
Sesión maxistral Nestas sesións a profesora explicará os eixos fundamentais de tipo estético, literario e histórico das liñas de investigación propostas.
Análise de fontes documentais Lectura e comentario de textos críticos, historiográficos, xornalísticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
A profesora orientará aos e ás estudantes na preparación das presentacións orais e na metodoloxía de análise das fontes de información.
A orientación farase de forma individualizada.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 30
Presentación oral O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 1 hora, as súas conclusións sobre un asunto que escollerá de entre os tratados na materia. A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. 30
Lecturas As lecturas obrigatorias deben realizarse para poder participar de forma efectiva no seminario e levar a cabo a presentación oral. A porcentaxe de avaliación de cada unha destas metodoloxías inclúe a correspondente á realización das lecturas. 40
 
Observacións avaliación

 


Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.



O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante. 

Fontes de información
Bibliografía básica García Negro, María Pilar (2013). Cantares gallegos, hoxe. Para unha lectura actualizada de Rosalía de Castro. Santiago de Compostela, Alvarellos
Murguía (1975 [1886]). Los Precursores. La Voz de Galicia
García Negro, María Pilar (2010). O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco
Rodríguez, Francisco (2011). Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. A Coruña, AS-PG

 

Bibliografía complementaria Rodríguez, Francisco (1996). A evolución ideolóxica de Curros Enríquez. Vigo, A Nosa Terra
VV. AA. (1996). Historia da Literatura Galega. Vigo, AS-PG/A Nosa Terra
Pondal, Eduardo (2002). Obra completa. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco

Carballo Calero, R., Historia da Literatura Galega Contemporánea, Galaxia, Vigo, 1981.

Hermida, C., A reivindicación da lingua galega no rexurdimento (1840-1891), Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 1992.

Hermida, C., Os precursores da normalización, Xerais, Vigo, 1992.

Pardo Bazán, E., “La poesía regional gallega”, De mi tierra, Xerais, Vigo, 1984 [1889], pp. 11-49.

Rodríguez, F., Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación, Edicións do Cumio, Vilaboa-Pontevedra, 1990

Santos Gayoso, E., Historia de la prensa gallega. 1800-1986, O Castro, Sada-A Coruña, 1990.

VV. AA, Historia da literatura galega, AS-PG/ANT, Vigo, 1996-1998, 5 vols.

VV. AA., Historia da Literatura Galega, vols. 1 e 2, A Nosa Terra, Vigo, 1996.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para calquera dubida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico t.lopez@udc.es.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías