Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Literatura e cultura galegas no século XXI Código 613484030
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Profesorado
Fernandez Perez-Sanjulian, Carme
Correo electrónico
carme.fernandez.perez-sanjulian@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo (avanzado) dun ou varios temas e liñas de investigación máis relevantes e
significativos das producións literarias e culturais do século XXI cos seus antecedentes.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A5 Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
A9 Ser capaz de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A11 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A12 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B5 Integrar coñecementos de campos de estudo diversos.
B6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B7 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico.
B8 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
B9 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma. AM2
BM8
CM6
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM3
BM4
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. AM4
BM8
CM6
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. AM5
BM1
CM8
Aplicar técnicas de análise cultural en contextos diversos AM10
BM1
Adquirir as habilidades necesarias para analisar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación. AM11
BM4
CM1
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués. AM12
CM1
CM4
Adquirir a capacidade de utilizar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais AM13
BM5
BM7
CM3
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais AM8
BM1
CM6
CM8
Ser quen de realizar achegas creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos produtos artísticos e das realidades culturais AM9
BM4
BM6
BM9

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución xeral: novos paradigmas, novas propostas artísticas

1.1. Temas, modelos e tendencias discursivas.
1.2. Entre a tradición e a revisión dos modelos literarios establecidos.
2. Discursos e contradiscursos das mulleres. 2.1 Debates contemporáneos: feminismo-feminismos, xéneros e identidades.
2.2 A construcción da identidade de xénero na literatura galega.
2.3. Autoras e poéticas. Liñas temáticas.
3. Recepción da literatura galega do XXI. 3.1 A recepción externa.
3.2 A recepción interna.


Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 8.5 16 24.5
Lecturas 0 20 20
Análise de fontes documentais 8 12 20
Actividades iniciais 0.5 0 0.5
Presentación oral 2 7 9
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas.
Lecturas Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados as lecturas obrigatorias (as obras definidas como tales e os textos críticos complementarios), así como as necesarias para a realización dos traballos.
Análise de fontes documentais Comentario e análise de diferentes textos seleccionados seguindo a táboa de contidos da materia.
Actividades iniciais Toma de contacto para coñecer o nivel de coñecementos, intereses, motivacións, etc.
Presentación oral Exposición oral do estudo realizado por cada alumno(a) sobre algunha da(s) obra(s) seleccionada entre as que figuran na relación de Lecturas obrigatorias no Paso 8 desta Guía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Presentación oral
Análise de fontes documentais
Descrición
Os(as) estudantes que non podan asistir no horario previsto para as Titorías, poderán concertar entrevistas por medio do correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas A avaliación das lecturas obrigadas realizarase durante as sesións de "Presentación oral" para aqueles alumnos (as) a quen corresponda o papel de público. 40
Presentación oral Na avaliación desta actividade terase en conta, ademais do contido, a clareza expositiva e a corrección lingúística. 30
Análise de fontes documentais A avaliación deste tipo de traballo será continua e realizada sobre a participación do(a) alumno(a) nas activades na aula. 30
 
Observacións avaliación

 


Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.



O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante. 


O alumnado que non teña superado a materia na convocatoria de xuño será avaliado seguindo os mesmos criterios na segunda convocatoria. Así, a avaliación da presentación oral e das lecturas obrigatorias realizarase no día e hora marcados como data oficial do exame da convocatoria de xullo.




Fontes de información
Bibliografía básica González Fernández, H. (2005). Elas e o paraugas totalizador. Vigo: Xerais
Castro, O. / Reimóndez, M. (2013). Feminismos. Vigo: Xerais
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Pernas, G. (2005). Os ollos de Victorine e a construción da cuarta parede. Santiago: Laiovento
Moure, T. (2012). Queer-emos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións. Vigo: Galaxia
González-Millán, X. (2000). Resistencia cultural e diferencia histórica: a experiencia da subalternidade. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Casas, Arturo (2002). “A Teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais”. Anuario de estudios literarios galegos, 29-38

Obras de Lectura:

Manuel Rivas: Todo é silencio.
María Reimóndez: O clube da calceta.
Teresa Moure: Unha primavera para Aldara.
Ana Romaní: Estremas.

 

 

Bibliografía complementaria Vilavedra, D. (2010). A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica dende 2001. Vigo: Galaxia
Blanco, C. (1995 ). Nais, damas, prostitutas e feirantas . Vigo: Xerais
Suárez Briones, B. / Martín Lucas, B. / Fariña Busto, Mª J. (eds.) (2005 ). Escribir en femenino. Poéticas e políticas. Barcelona: Icaria Libro
Tato Fontaíña, Laura; Tavares Maleval, Mª do Amparo (eds.) (2010). Estudos galego brasileiros 3: lingua, literatura, identidade. Rio de Janeiro / A Coruña: UERJ / Universidade da Coruña
Adán, C. (2003). Feminismo e coñecemento. Da experiencia das mulleres ao cíborg. A Coruña: Espiral maior
Beltrán, E et alii (eds.) (2001 ). Feminismos. Debates teóricos contemporáneos. Madrid: Alianza Libro
Amorós, C. (1994 ). Historia de la teoría feminista . Madrid: Instituto de Investigaciones feministas da UCM Libro
Bourdieu, P. (1992 ). Les règles de l’art. Genèse et structure du champ littéraire. Paris: Éditions du Seuil
Reis, C. (1992). “Criação literaria e periferismo cultural: para una ideologia da marginalidade”. Actas do I Congreso Internacional da Cultura Galega, Dirección Xeral de Cultura, [Santiago de Compos
Hooper, Kirsty (2005). “Novas cartografías nos estudos galegos: nacionalismo literario, literatura nacional, lecturas posnacionais”. Anuario de Estudos Literarios Galegos: 64-73

A profesora fornecerá ao longo do curso material bibliográfico complementar e outros recursos específicos para cada asunto focado.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías