Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Os discursos críticos nas literaturas e nas culturas en lingua galega e portuguesa Código 613484031
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
López-Iglesias Sanmartin, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Profesorado
López-Iglesias Sanmartin, Roberto
Correo electrónico
roberto.samartin@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo dos principais discursos crítico-metodolóxicos presentes no intersistema cultural veiculado en lingua galego-portuguesa

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A1 Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes.
A2 Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma.
A3 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais.
A4 Analizar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos.
A5 Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos.
A6 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e / ou nación, atendendo á diversidade cultural.
A7 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no marco da diversidade cultural.
A8 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais.
A10 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos.
A11 Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación.
A12 Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos anglófono, hispánico e galego-portugués.
A13 Adquirir a capacidade de manexar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais.
B1 Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos.
B2 Demostrar un compromiso ético contra as desigualdades.
B3 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade.
B4 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
B6 Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos ou non familiares en contextos interdisciplinares.
B8 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación.
B9 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Coñecer as principais correntes teóricas que integraron e integran a reflexión sobre a literatura e a cultura, así como os seus antecedentes AM1
BM4
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e as súas mudanzas de paradigma. AM2
BM8
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. AM3
BM1
Analisar e interpretar textos, aplicando diferentes modelos teóricos e xenéricos. AM4
BM8
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. AM5
BM1
CM4
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural máis extenso que transcenda os límites dunha soa lingua e/ ou nación, atendendo á diversidade cultural AM6
BM1
BM2
CM4
Alargar o conceito de literatura, através da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cinema, as artes, no cadro da diversidade cultural. AM7
BM9
CM3
Aplicar técnicas de análise cultural en contextos diversos AM10
BM1
Adquirir as habilidades necesarias para analisar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación. AM11
BM6
CM6
Coñecer e valorizar a diversidade cultural, con especial atención ao ámbito galego-portugués. AM12
BM1
BM3
CM8
Adquirir a capacidade de utilizar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais AM13
BM9
CM3
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais AM8
BM3
CM6
CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. A crítica e (é) a cultura 1.1. Función e posición da crítica nos sistemas culturais
1.2. Teoría(s) da crítica literaria e cultural
2. Campo da crítica e espazo da canonización 2.1. Crítica e historiografia literaria/ cultural
2.2. Crítica e procesos de canonización
3. Discursos críticos na Galiza, Portugal, Brasil e PALOP 3.1 Crítica e conflito
3.2. Crítica e identidade
3.3. Alternativas críticas

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 8 12 20
Discusión dirixida 6 9 15
Traballos tutelados 2 20 22
Lecturas 2 8 10
Presentación oral 1 6 7
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario.
Discusión dirixida Presentación polo profesor ou polo alumnado dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais.
Traballos tutelados Realización dun breve estudo relacionado cos asuntos abordados no seminario. Este traballo poderá ser realizado de maneira individual ou colectiva (de acordo coa planificación realizada polo profesor no inicio do seminario).
Lecturas Realización dunha seria de lecturas breves previamente seleccionadas polo docente relacionadas directamente cos contidos abordados no seminario.
Presentación oral Exposición oral ao conxunto da turma dos resultados do traballo tutelado e/ou de unha lectura breve atribuída de entre a listaxe fornecida polo profesor no início das sesións. Durante esas presentacións orais, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o seminario.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Lecturas
Presentación oral
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel polo seminario, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do "Traballo Tutelado", das “Lecturas” e da “Exposición Oral”. De maneira xeral, cada alumno/a asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición da leitura e/ou a entrega do traballo.
Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento da materia, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas”, do “traballo tutelado” e/ou da “presentación oral” 10
Discusión dirixida Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. 20
Traballos tutelados Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados no seminario. Levarase tamén en conta a calidade lingüística do texto entregado, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para esta actividade. 30
Lecturas Para alén da eventual presentación oral dunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións orais e nas discusións dirixidas. 20
Presentación oral Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio do contido apresentado e a utilidade da presentación para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión na exposición, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. 20
 
Observacións avaliación


A
avaliación

do seminario será feita de forma continua. Nela serán levados en
conta non apenas os itens referidos no lugar correspondente mais
tamén, de maneira transversal, as competencias lingüísticas,
argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo
do proceso de ensino-aprendizaxe.


Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no início das sesións.

As persoas matriculadas a tempo parcial e que
solicitasen e obtivesen dispensa académica realizarán ou
entregarán as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
co profesor. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.

Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar na altura da segunda edición ordinaria, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.

Será considerado Non
Presentado aquel alumno ou alumna que non se presentar ás probas
escritas ou que non presentar ningunha das actividades.


Fontes de información
Bibliografía básica Thiesse, A. (1999). La Création des identités nationales: Europe XVIIIe XXe siécle. Paris: Éditions du Seuil
Bourdieu, Pierre (1991). “Le champ littéraire. Avant propos”. ctes de la Recherche en sciences sociales, nº 89, pp. 3-46
Lourido Hermida, Isaac (2011). As alternativas sistémicas da Historia literaria en situación de conflito cultural. Desenvolvimentos teóricos e modelos de renovación nos casos galego e quebequense. Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Universidade de Santi
Tarrío Varela, Anxo e Abuín González, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da Península Ibérica. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Figueroa, A.; González-Millán, X. (1997). Communication littéraire et culture en Galice. Paris: L'Harmattan
Lamont, M. & Fournier, M. (1992). Cultivating Differences. Symbolic Boundaries and the Making of Inequalitiy. Chicago and London: The University of Chicago Press
Bourdieu, Pierre (1985). La distinction: critique sociale du jugement. Paris: Éditions de Minuit
Castells, Miguel (2003). La era de la información. El poder de la Identidad. Madrid: Alianza Editorial
Bourdieu, Pierre (1992). Les règles de l’art. Genèse et structure du champ littéraire. Paris: Éditions du Seuil
Pageaux, D. H. (2007). Littératures et Cultures en dialogue. Paris: L'Harmattan
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Samartim, Roberto L.I. (2010). O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978): margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Even-Zohar, Itamar (2010). Papers in Culture Research. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
Fowler, B. (1997). Pierre Bourdieu and Cultural Theory. Critical Investigation. London: Sage
Even-Zohar, Itamar (2007). Polisistemas de cultura. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
González-Millán, X. (2000). Resistencia cultural e diferencia histórica: a experiencia da subalternidade. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Casas, Arturo (2002). “A Teoría crítica da cultura e a planificación dos estudos socioculturais (para ler González-Millán)”. Anuario de estudios literarios galegos, 29-38
Rees, C. van (1983). “Advances in the Empirical Sociology of Literature and the Arts: The Institutional Approach”. Poetics 12, 285-310
Sela-Sheffy, R. (2002). “Canon Formation Revisited: Canon and Cultural Production”. Neohelicon XXIX(2), 141-159
Nooy, W. de (2005). “Culture in networks”. The Collection and Analysis of Network Data. Summer School of the Quantitative Methods, the Social S
Sapiro, G. (2007). “Pour une approche sociologique des relations entre littérature et idéologie”. COnTEXTES 2 (acesíbel en http://contextes.revues.org/index165.html)
Torres Feijó, Elias J. (2004). “Roma locuta causa finita? Sobre docência e crítica da literatura e da cultura”. Aurora Marco et al. (eds.), Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctic
Casas, Arturo (2007). “Xoán González-Millán: itinerarios teóricos”. Helena González Fernández & María Xesús Lama (eds.), Actas do VII Congreso Internacional de

Bibliografía complementaria Cochón Otero, Iris & Rábade Villar, María do Cebreiro (2004). "A crítica no campo literario. Teorías críticas e identidades emerxentes". Elementos de crítica literaria, Vigo: Xerais, pp.161-204
Cunha, Carlos Manuel Ferreira da (2002). A construção do discurso da história literária na literatura portuguesa do século XX. Braga: Centro de Estudos Humanísticos/ Universidade do Minho
Gaard, Greta; Murphy, Patrick (1998). Ecofeminist Literary Criticism: Theory, Interpretation, Pedagogy. Urbana and Chicago: University of Illinois Press
Casas, Arturo (coord.) (2004). Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais
Mata, Inocência (1992). Emergência e existência de uma literatura (O caso santomense). Linda-a-Velha
Jameson, Fredric; Žižek, Slavoj (1998). Estudios culturales. Reflexiones sobre el multiculturalismo. Buenos Aires: Paidós
Claval, Paul (2003). Géographie culturelle: une nouvelle aproche des sociétés et des milieux. Paris: Armand Colin
Angenot, Marc (1979). Glossaire pratique de la critique contemporaine. Quebec: Éditions Hurtubise HMM
Reis, Carlos (coord.) (1991-1996). História crítica da literatura portuguesa. 9 vol, Lisboa: Verbo
Saraiva, António José (2000). História da cultura em Portugal. Lisboa: Gradiva
LaCapra, Dominick (2006). Historia en tránsito: experiencia, identidad, teoría crítica. Buenos Aires: Fondo de Cultura Económica
Edgardo Lander (comp.) (2000). La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias sociales. Perspectivas Latinoamericanas. Buenos Aires: Consejo Latinoamericano de Ciencias Sociales
Cabral, Amilcar (1999). Nacionalismo e cultura. Compostela: Laiovento
Harlow, B. (1987). Resistance literature. Methuen: New York
Moi, Toril (1985). Sexual/Textual Politics. Feminist Literary Theory. London and New York: Routledge
López Silva, Inmaculada (2004). Teatro e canonización. A crítica teatral na prensa periódica galega (1990-2000). Lugo: Tris Tram
Godzich, Wlad (1998). Teoría literaria y crítica de la cultura. Madrid: Cátedra-Universitat de València
Fortin, N. (1994). Une littérature inventée. Littérature québécoise et critique universitaire (1965-75). Presses de l'Université Laval: Sainte Foy
Rees, K. van (1983). “How a Literary Work Becomes a Masterpiece: On the Threefold Selection Practised by Literary Criticism”. Poetics, 12: 397-417
Gutiérrez García, Santiago (2007). “La lírica gallegoportuguesa en los procesos de hegemonización y canonización de la literatura gallega”. Anuario de Estudios Medievales, 37/1: 245-265
Moisan, Clément; Saint-Jacques, Denis (dirs.) (1987). “L’Autonomisation de la littérature”. Études littéraires, 20, 1.
Hooper, Kirsty (2005). “Novas cartografías nos estudos galegos: nacionalismo literario, literatura nacional, lecturas posnacionais”. Anuario de Estudos Literarios Galegos: 64-73
Torres Feijó, E. J. (2004). “Potencialidades na indústria de ideias na Galiza actual para o relacionamento galego-luso-afro-brasileiro”. [Actas do] VIII Congresso Luso Afro Brasileiro de Ciências Sociais, Coimbra: Centro de Estudos Socia
Nooy, Wouter de (1991). “Social Networks and Classification in Literature”. Poetics, 20: 507-537
Schmidt, Siegfried J. (1983). “The Empirical Science of Literature ESL: A New Paradigm”. Poetics, 12: 19-34


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías