Datos Identificativos 2013/14
Asignatura (*) Modelos e métodos na lingüística actual Código 613836001
Titulación
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Lopez Palma, Helena
Correo electrónico
helena.palma@udc.es
Profesorado
Lopez Palma, Helena
Sanchez Rei, Xose Manuel
Correo electrónico
helena.palma@udc.es
x.m.sanchez.rei@udc.es
Web
Descrición xeral O obxecto do curso é o de proporcionar ao estudantado unha visión das distintas vertentes e metodoloxías actualmente dominantes na investigación lingüística e treinalo no uso dalgunhas das ferramentas metodolóxicas básicas dentro dunha orientación específica. Concretamente, os obxectivos do curso son:
-Coñecer as principais correntes teóricas sobre o estudo da linguaxe.
-Analizar e interpretar textos de teoría lingüística aplicando diferentes modelos teóricos.
-Diferenciar os principais modelos lingüísticos e a súa fundamentación epistemolóxica.
-Desenvolver habilidades para a análise crítica das principais liñas no estudo da lingua desenvolvidas nos séculos XX e XXI.
-Coñecer as técnicas que integran a metodoloxía actual de investigación lingüística como parte do método científico.
-Adquirir as bases metodolóxicas, terminolóxicas e teóricas de procedementos de análises lingüísticas.

Competencias do título
Código Competencias da titulación
A2 Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas.
A4 Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos.
A9 Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.)
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
B6 Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos.
B7 Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar.
B9 Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais
B10 Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster.
C1 Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C8 Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación. BI1
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. BI2
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. BI3
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo. BI5
Capacitación dos estudantes para que adquiran coñecementos lingüísticos especializados e habilidades para analizar criticamente as propostas máis relevantes no ámbito dos estudos lingüísticos. BI6
Adquisición dos fundamentos metodolóxicos e críticos que permitan aos estudantes acceder ao exercicio da actividade profesional cunha formación versátil e interdisciplinar. BI7
Capacidade dos estudantes para abrir vías de investigación novidosas no ámbito dos estudos lingüísticos, dotándoas de aplicación práctica para a súa transferencia a distintos ámbitos profesionais BI9
Capacidade dos estudantes para comprender as interrelacións pertinentes entre os diversos ámbitos de estudo que integran o máster. BI10
Capacidade para comprender a diversidade teórica e metodolóxica das escolas lingüísticas. AI2
Capacidade para xestionar os recursos lingüísticos e a información lingüística para propósitos académicos e de investigación (identificación e acceso a bibliografía, utilización apropiada de recursos e equipamentos, utilización de tecnoloxía para rexistrar datos, manexo de bases de datos, etc.) AI9
Capacidade dos estudantes para aplicar a metodoloxía da lingüística baseada na análise de corpus lingüísticos. AI4
Expresión correcta, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma CM1
Valoración da importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. CM8

Contidos
Temas Subtemas
1. A lingüística como disciplina lingüística 1.1. A complexidade do obxecto de estudo
1.2. A división en subdisciplinas lingüísticas
2. Ópticas no estudo da lingua e metodoloxías asociadas 2.1. A visión formal da lingua e as súas implicacións metodolóxicas.
2.2. A visión comunicativa da lingua e os funcionalismos.
3. Estudo dunha metodoloxía e as súas implicacións. Teoría e praxe da aplicación dun modelo teórico

Planificación
Metodoloxías / probas Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas 0 30 30
Sesión maxistral 15 0 15
Traballos tutelados 0 40 40
Seminario 5 0 5
Actividades iniciais 10 40 50
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas As lecturas, tanto as obrigatorias como as complementares, serven para o alumnado coñecer o estado da arte sobre un tema previamente marcado polo profesor ou profesora ou para aprofundar nalgún aspecto.
Sesión maxistral Sesións expositivas dos contidos da materia obxecto de estudo. Servirán para introduciren e presentaren os diferentes temas do programa, proporen cuestión para debateren e estabeleceren as directrices para as diferentes actividades e tarefas do curso.
Traballos tutelados Trátase dunha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado baixo a tutela do profesorado.
Seminario Teñen como finalidade a supervisión do traballo do alumno ou da alumna no marco de grupos máis reducidos.
Actividades iniciais As actividades serven para o profesorado saber, a través dun medio práctico, cal é o nivel de partida do estudantado. As actividades e prácticas que non foren iniciais teñen como principal meta que o alumnado aprofunde nun determinado tema ou aspecto dunha maneira eminentemetne práctica, ben como que o estudantado aprofunde na análise de fenomenoloxías lingüísticas tamén dun modo fundalmentalmente activo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
Os traballos tutelados responden a una metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado baixo a tutela do profesorado. Por súa vez, o seminario implica, nun grupo máis reducido, a supervisión do traballo do alumno ou da alumna.

Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Actividades iniciais Outras actividades avaliábeis (exercicios, comentarios etc.). 25
Traballos tutelados Tarefas relacionadas con cada un dos blocos do programa. 60
Sesión maxistral Neste tipo de sesión terase en conta a asistencia e a participación. 15
 
Observacións avaliación

Na "segunda oportunidade" os alumnos e as alumnas poderán presentar unha nova versión dos traballos que non obtivesen o nivel suficiente. No caso de cualificación insuficiente nas sección relacionadas coa asistencia e participación, a nota do traballo constituirá 100% da cualificación final. Para aquelas persoas con dispensa académica, a puntuación obtida polos traballos suporá 100% da cualifiación final, tanto na primeira convocatoria como na segunda opurtunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica (A) Mairal Usón, R. / F.J. Ruiz de Mendoza (2010). "La lingüística como ciencia cognitiva. Presupuestos metodológicos para una teoría del lenguaje". en Mairal Usón, R. et al.. Teoría lingüística: Métodos, herramientas y paradigmas. Madrid: UNED/Edit
(B) Sánchez de Zavala, V. (1982). Funcionalismo estructural y generativismo.. Madrid: Alianza.
(C) Machin, D. & Andrea M. (2012). How to do Critical Discourse Analysis. . Londres. Sage.
(C) Butler, C. et al. (1988). Nuevas perspectivas en gramática funcional.. Barcelona: Ariel.
(C) Moreno Fernández, F. (2012). Sociolingüística cognitiva. Proposiciones, escolios y debates.. Madrid: Iberoamericana.
(B) Alcaraz, E. (1990). Tres paradigmas de la investigación lingüística. Alcoy: Marfil.
(A) López García, Á. (1998). “La lingüística del siglo XXI: ¿hacia dónde se dirige la ciencia del lenguaje?”. en Gallardo Paúls, B. (ed.), Temas de lingüística y gramática, Valencia, Universidad de Valencia, pp
(B) Cabré, M.T. / M. Lorente (2004). “Panorama de los paradigmas en lingüística”. Enciclopedia iberoamericana de Filosofía. Vol. Ciencias exactas, naturales y sociales, coordinado po
(A) Martin Vide, C. (1996). “Parámetros para la reflexión sobre el lenguaje humano: a modo de introducción”. n C. Martín Vide (ed.): Elementos de Lingüística. Barcelona: Octaedro, 11-26.
(A) García Gondar, F. / F. G. Rojo (2000). "A linguística no século XX". Revista Galega do Ensino, 28/2, 221-245.
(A) Dik, S. (1978). "Prelimnaries", An introduction to functional grammar. Amsterdam: North Holland.
(C) Eggins, S. (2004). An introduction to systemic functional linguistics.. New York: Continuum.
(C) Ruiz Antón, J. C. (1998). Curso de tipología lingüística. Enfoque funcional. . Castelló de la Plana: Publicacions de la Universitat Jaume I.
(C) Báez San José, V. (1988). Fundamentos Críticos de la Gramática de Dependencias.. Madrid: Síntesis.
(B) Heine, B. / H. Narrog (eds.) (2010). he Oxford handbook of linguistic analysis.. Oxford: Oxford University Press.
(C) Escandell, V. (1996). Introducción a la pragmática.. Barcelona. Ariel.
(B) Gil, J. M. (2001). Introducción a las teorías lingüísticas del siglo XX. . Santiago de Chile: RIL editores.
(C) Calsamiglia Blancafort, H. & A. Tusón (2012). Las cosas del decir. Manual de análisis del discurso. Barcelona: Ariel.
(C) Silva, A. Soares da. (org.) (2001). Linguagem e Cognição. A Perspectiva da Linguística Cognitiva. Braga: Ass. Portuguesa de Linguística & Universidade Católica Portuguesa.
(C) Ibarretxe-Antuñano, I. / J. Valenzuela (dirs.) (2012). Lingüística Cognitiva.. Barcelona: Anthropos.
(B) Butler, Christopher S. (2003). Structure and function: a guide to three major structural-functional theories.. Amsterdam: John Benjamins.
(B) Mairal Usón, R. et al. (2010). Teoría lingüística: Métodos, herramientas y paradigmas.. Madrid: UNED/Editorial Ramón Areces.
(C) Herrero Cedilla, J. (2006). Teorías de pragmática, de lingüística textual y de análisis del discurso.. Cuenca. Universidad de Castilla-La Mancha.
Bibliografía complementaria

Lexenda: (A) Introducións, (B) Presentacións xerais, (C) Bibliografía específica.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías